27/2/09
O vento, a neve e as xeadas
Publicado por
Natalia Piñeiro
Os temporais de vento e neve que sufriu ultimamente Galicia produciu graves danos nalgunhas plantas.
O vento pode provocar derribo de árbores, rotura de ramas, portes raquíticos e deformacións e follaxe pobre nas copas. Acentúa o efecto das baixas temperaturas e da seca. O aire, se procede do mar, pode producir queimaduras nas follas xa que a sal acumulada é fitotóxica.
O vento pode provocar derribo de árbores, rotura de ramas, portes raquíticos e deformacións e follaxe pobre nas copas. Acentúa o efecto das baixas temperaturas e da seca. O aire, se procede do mar, pode producir queimaduras nas follas xa que a sal acumulada é fitotóxica.
As consecuencias negativas da neve poden ser roturas por acumulación, morte das plantas por non aguantar as baixas temperaturas, pode ralentizarse e incluso paralizarse por completo a floración e tamén poden favorecer a aparición de enfermidades xa que algúns fungos atopan o seu óptimo de desenrolo nestas condicións. Pero a neve pode ocasionar algúns efectos vantaxosos como protexer ás plantas contra as xeadas e, ó derreterse e converterse en auga líquida, aumenta o nivel de auga dispoñible para as plantas e abranda a terra axudando desta forma a que algunhas sementes se desenrolen mellor.
Outro factor climático que nos afecta aínda agora son as xeadas. Estas producen cristais de xeo nas células dos tecidos vexetais o que lles ocasiona feridas similares a queimaduras. As continuas xeadas e desxeos pode ocasionar gretas nos troncos e nas ramas. A morte por desecación é outro dos problemas que se producen xa que se despois dunha noite de xeada aparece un día soleado a planta transpira excesivamente e en ocasións non dispón de auga dabondo no solo para compensar a deshidratación, por atoparse xeada.
Por todo isto, a recomendación que vos fago á hora de mercar plantas, é que debemos ter en conta que sexan plantas con un sistema radicular ben conformado que lle permita un mellor arraigo e unha boa instalación sobre o terreo. Esta característica será moi importante para diminuír os riscos de derrubes. Por outro lado un bo estado fitosanitario das plantas fai que estas sexan máis vigorosas e mellora a súa resistencia.
Parte da información foi sacada dun artigo da revista JardinActual.
Etiquetas:
Danos ás plantas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Post que ven moi a conto con este temporal que sufrimos e que está a deixar moitos danos nas árbores. Estupendo.
Publicar un comentario