13/1/09
Excursión a Pontevedra
Publicado por
Rocio Torreira
Onte fomos visitar o centro de Lourizán (os de 1º tanto do CM como do CS), a estación fitopatolóxica do arieeiro (os de 2º CM e CS) e o viveiro de NORFOR-FIGUEIRIDO.
Vouvos contar moi por enriba a visita a estación fitopatolóxica do Areeiro xa que os meus compañeiros Rocío Gardes e Xosé Manuel farano máis profundamente.
Esta estación foi creada a finais de 1980 pola Deputación de Pontevedra, céntrase en tres grandes sección:• Fitopatoloxías: centra a súa actividade no diagnóstico fitopatolóxico e na investigación, e abrangue todas as áreas relacionadas coa sanidade das plantas.Tamén fan mostraxes de detección de novas pragas e enfermidades,ensaios con distintos produtos fitosanitarios, etc.
Dentro desta sección tamén se dedican ó control integrado, é dicir, á loita biolóxica. Estudan o mellor xeito de protexer os cultivos agrícolas, forestais… fronte ós patóxenos e pragas que os afectan.
.
•Edafoloxía:realizan análises químicos de fertilidade dos solos e o correspondente asesoramento para adaptar ditas características ás necesidades do cultivo.
• Fruticultura e ornamentais: No relacionado coa fruticultura traballan na introducción de novas especies, recuperando variedades autóctonas… Centran os seus estudos principalmente na mellora dos métodos de propagación, melloras de culloras de cultivos, aumento do tamaño e calidade dos froitos, etc . No referido á ornamentación centranse na investigación do xénero Camellia e nos fentos.
Etiquetas:
Excursión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario