15/1/09
Estacion Fitopatolóxica do Areeiro
Publicado por
Manuel Rua
Neste centro traballan 50 persoas das cales 30 son funcionarios e o resto contratados de distintas formas, e unha unidade asociada o Consello Superior de Investigacións Científicas (C.S.I.C) e pertence a Deputación de Pontevedra.
Eu vou falar da toma de mostras para o análise de terra que se fai no departamento de Edafoloxía.
Para que o análise ofreza información válida e preciso realizar unha toma de mostras coidadosamente:
Divídese a área en parcelas coas mesmas características.
Tómanse de 8 a15 submostras parciais de terra, estas faranse da seguinte forma:
En pradeiras,cultivos anuais e horta farase unha zanxa de 30 cm de profundidade.
En froiteiras e viñedos ata 50-60 cm distinguindo os 25 cm superiores, por tanto dúas mostras estas faranse algo alonxadas das árbores.
En solos de invernadoiro distribución o azar e non próximos os puntos de rega e a 15-25 cm de profundidade.
En árbores grandes con síntomas de decaemento collerase a terra arredor da planta afectada nos 20 cm superiores.
A mostra debe de estar o máis seca posible, debe facerse despois da colleita do froito e antes do abonado.
E recomendable facer un análise cada 3-5 anos e en cultivos intensivos unha vez o ano.
O coste e de 18,85 € por cada mostra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario