31/1/09
Día da Paz
Publicado por
Rocio Torreira
Posto que onte ( 30 de xaneiro) foi o 61º aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi, en honor ó cal se celebra o Día da Non Violencia e a Paz; e como o símbolo da paz é unha pomba branca cunha rama de olivo vouvos comentar como se multiplica esta especie.
Antigamente a propagación do Olea europea (olivo) realizábase mediante grandes estacas (de 0.5 a 1.2 m) implantadas directamente sobre o terreo.
A capacidade de enraizamento e brotación de ditas estacas está relacionada coa idade, seleccionando as estacas vellas de maior vigor.
Este sistema presenta unha serie de inconvientes: o gran tamaño das estacas coa conseguinte dificultade para transportalas, a súa escaseza e os problemas de mezcla de material.
A partir dos anos 50, aparece o estaquillado semileñoso, que soluciona os problemas anteriores: empreganse estaquiñas dun ano fáciles de manexar e en mellor estado sanitario, que poden ser recolectadas ó longo de todo o ano.
As estaquiñas de 12-15 cm. de lonxitude e con dous pares de follas, sumerxense en ácido indolbutílico a 3000ppm., con obxeto de favorecer a capacidade de enraizamento.
Posteriormente colocanse en cámaras de nebulización sobre medio inerte (perlita), con calor de fondo (25ºC) e alineadas.
Entorno ós 45 días (según variedade e condicións de temperatura), aparecen os primordios radicais, momento a partir do cal se poden trasladar a macetas en umbráculo que permita adoptar a planta a unha atmósfera máis agresiva.
Este sistema permite a entrada en producción un ano antes e facilita a formación da árbore.
O olivo podese inxertar sobre:- Olivo (Olea europea europea).
- Acebuche (Olea europea sylvestris).
Etiquetas:
Día da Paz,
Olea europea,
Olivo,
Técnicas de cultivo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Moi boa idea, moi a conto co día e co estamos a tratar. Ben
Publicar un comentario