2/12/08
Madeira para biomasa
O mundo forestal está a cambiar. Ata fai unhos anos producíase planta para plantar nos montes, e ao cabo duns anos cortar esa madeira para levar as industrias de desenrolo, taboleiro, pasta de papel, usos domesticos etc. Agora surde unha nova utilidade da produción de madeira que é a obtención de biomasa.
Estanse a facer plantación de eucaliptos a unha densidade de 1 m x 1 m ou incluso de 0,4 m x 0,4 m e cortanse aos 5 anos. O seu destino e para biomasa, utilizandose esta biomasa para a xeneración de electricidade. Polo tanto a produción de planta nos viveiros esta tamen a cambiar, agora para esta nova utilidade en teoria non importa tanto conseguir arboles con un bo fuste limpo e recto senon que aunque teña ramas dende abaixo o sexa moi ramoso tamen vale, incluso mellor porque os arboles unha vez que se talan trituranse e levanse a unha planta donde van ser utilizado.
Nos montes públicos de Monfero e concretamente nos Montes do Cordal da Loba, Penafexa, e Marco da Curra estase a facer neste momento claras semisistematicas, onde o arbol ata os 15 cm en punta delgada levase para o seu aproveitamento por parte de Finsa (Para facer taboleiros) e dende ahí ata a punta do arbore estase a triturar, pola empresa Tragsa para a obtención de biomasa.Posteriormente levase cara As Pontes donde esta unha desas plantas de tratamento da biomasa.
Neste video podemos ver como os arbores son triturados.
Falando co operario da maquina dixome que esta maquina pode triturar fustes de ata 50 cm de diametro. (Ten un motor de 300 CV de potencia).
Tamen dixo que en Asturias esta a ter moito chollo, debido a esta nova utilidade dos arbores e da biomasa.
Noutro post mostrareivos como se fan estas claras, imaxenes da biomasa, e outros videos.
4 comentarios:
Unha pregunta,se lle quitamos o solo os aportes de nutrientes que lle dan as ramas , aciculas- -follas,madeira... das propias arbores , ¿ non estamos a emprobecer o terreno?
Ademaís para crear biomasa temos que queimar e eso contamina, non?
Sacaches a relucir un tema interesante e de moita polémica. Pero, a que te refires cando dis que os viveiros están a cambiar a forma de producir? Preguntaches nalgún viveiro se é así? E que eu creo que o que cambia é máis ben a selvicultura, non cres?
De todas formas investiga e comentanos o que descubras.
Moi interesante o post, e por certo, felicidades polo voso estupendísimo blog.
E moi interesante tambén a pregunta que fai Xosé Calvo no comentario, ¿cómo vai recuperar o solo os nutrintes que estamos a extraer ó non deixar xa nada de materia orgánica no monte?
Creo que estamos no inicio dun debate moi interesante, a ver si os nosos montes teñen aínda boa saúde cando cheguemos a unha conclusión.
BÓ TRABALLO!
O post está ben pero ten pouco que ver co tema que nos ocupa que é o de producir planta e non o das súas saídas ou aproveitamentos. A construcción do post gústame.
Publicar un comentario