27/2/09
Power point de viveiros
Deixovos unha presentación bastante amena do profesor Rafael Serrada do departamento de selvivcultura y pascicultura da escola de ingenieros tecnicos forestales . Creo que pode ser un bo complemento os apuntes de clase .
Na presentación fainos unha división dos viveiros , as súas partes , tipo de planificación , partes dun viveiro etc...
Bueno coma unha imaxe vale máis que mil palabras aqui vos deixo a presentación .
Tende un pouco de paciencia pode tardar en cargar.
presentacion
FONTE EDURCAM
O vento, a neve e as xeadas
O vento pode provocar derribo de árbores, rotura de ramas, portes raquíticos e deformacións e follaxe pobre nas copas. Acentúa o efecto das baixas temperaturas e da seca. O aire, se procede do mar, pode producir queimaduras nas follas xa que a sal acumulada é fitotóxica.
As consecuencias negativas da neve poden ser roturas por acumulación, morte das plantas por non aguantar as baixas temperaturas, pode ralentizarse e incluso paralizarse por completo a floración e tamén poden favorecer a aparición de enfermidades xa que algúns fungos atopan o seu óptimo de desenrolo nestas condicións. Pero a neve pode ocasionar algúns efectos vantaxosos como protexer ás plantas contra as xeadas e, ó derreterse e converterse en auga líquida, aumenta o nivel de auga dispoñible para as plantas e abranda a terra axudando desta forma a que algunhas sementes se desenrolen mellor.
Outro factor climático que nos afecta aínda agora son as xeadas. Estas producen cristais de xeo nas células dos tecidos vexetais o que lles ocasiona feridas similares a queimaduras. As continuas xeadas e desxeos pode ocasionar gretas nos troncos e nas ramas. A morte por desecación é outro dos problemas que se producen xa que se despois dunha noite de xeada aparece un día soleado a planta transpira excesivamente e en ocasións non dispón de auga dabondo no solo para compensar a deshidratación, por atoparse xeada.
Por todo isto, a recomendación que vos fago á hora de mercar plantas, é que debemos ter en conta que sexan plantas con un sistema radicular ben conformado que lle permita un mellor arraigo e unha boa instalación sobre o terreo. Esta característica será moi importante para diminuír os riscos de derrubes. Por outro lado un bo estado fitosanitario das plantas fai que estas sexan máis vigorosas e mellora a súa resistencia.
Parte da información foi sacada dun artigo da revista JardinActual.
25/2/09
Enxerto en coníferas
As coníferas, pola sua saiva resinosa, deben enxertarse en pleno inverno, cando emiten menos resina por estar en periodo de descanso. Enxertanse polo método de fendedura lateral baixo bolsa de plástico, conservando o ápice do patrón, que estira a saiva cara arriba, a cal pasa polo enxerto e favorece o seu agarre. Si o patrón e moi xoven faise un único enxerto de fendedura plena simple con unha rama do mesmo grosor co patrón. Si o patrón e máis grande faise un enxerto de fendedura lateral con unha rama de menor grosor co patrón. Neste último caso podese facer varios enxertos o mesmo tempo e a distintas alturas.
No caso que vos presento o patrón e máis groso que a rama a enxertar e polo tanto o enxerto e de fendedura lateral. Éste mes de febreiro e ideal para facer o enxerto poque o solo está mollado, non sopla vento forte e a temperatura e de 10-12ºC.
O patrón escollese un pino sano e vigoroso duns 7 anos de idade.
Escollese unha zona lisa e recta próxima o ápice do patrón.
Coa navalla de enxertar faise un corte cara abaixo na corteza con forma de lengüeta profundizando un pouco.
Debese escoller unha rama pa enxertar sa e a ser posible da parte do pino que mire o sur-sureste, por recibir máis enerxia solar e ter máis azúcares nas follas e no tallo.
Despois de arrancar as follas inferiores coa navalla rebaixase a parte inferior da rama en doble bisel.
Introducese a rama no corte do patrón.
Axustase as duas partes do inxerto.
Atase con cinta plastica.
Para evitar que a rama se desidrate mollase ben con auga limpa.
Logo cubrese a rama cunha bolsa de pastico transparente e atase pola sua parte inferior.
Pasados 30 días quitase a bolsa e cando a xema da rama brote na primaveira desatase o enxerto.
Pasados uns días cortase o ápice do patrón por encima da rama enxertada e paulatinamente o longo dunhas semanas vanse podando todalas ramas do patrón ata que soamente quede o enxeto.
23/2/09
Expocamelia
- Simple: unha ringleira de 6 a 7 pétalos (menos de 8) rodeando a un círculo central de estames. (C.wabisuke uraku)
- Semi-doble: dúas ou máis ringleiras de pétalos (máis de 8) rodeando a un círculo central de estames. (C. japonica magnolia)
- Dobre incompleta: numerosos pétalos imbricados, véndose os estames cando abre a flor. (C. japonica sweetheart)
- Dobre completa: numerosos pétalos imbricados e nos que non se ven os estames aínda que a flor esté aberta. (C. japonica nuccio´s gem)
- Anémona: Centro globular formado por estames e petaloides, rodeado dunha ou máis ringleiras de pétalos externos. (C. japonica bokuhan o tinsie)
- Peonía: flor totalmente globosa con mezcla de pétalos irregulares, petaloides e estames. (C. japonica do pozo)
22/2/09
Uso de praguicidas na Unión Europea
A Unión Europea aprobou unha novanormativa para o uso de plaguicidas.
Esta nova lexislación ten como obxectivo regular a utilización dos plaguicidas e colaborar ca protección do medio ambiente.
Coa anterior normativa vixente dende 1991, os plaguicidas eran autorizados pola Comisión Europea. O mesmo tempo cada Estado membro decidía se se aprobaba ou non no seu propio país. Ca nova lexislación pretendese que a aprobación destes productos sexa uniforme en todos os países de Europa.
Nos próximos 10 anos irase retirando do mercado progresivamente aquelas sustancias con perfil toxicolóxico e medioambiental máis agudo . Esto ben dado pola preocupación da sociedade no uso de pragucidas aplicados para a destrucción de fungos, insectos e malezas repercutindo na saúde das persoas
Esta normativa ten como obxectivo conseguir un uso dos praguicidas que garantice a saúde dos consumidores e dos operadores que os utilicen , así como o respecto o medio ambiente.
Cada Estado membro da Unión Europea elaborará un Plan Nacional de Acción con medidas para a formación dos usuarios, a venta e manexo de praguicidas, aplicacións aéreas, inspección dos equipos de tratamento, protección do medio acuático e protección de determinadas zonas máis sensibles.
O acordo establece a prohibición de certas substancias tóxicas; sobre todo, aquelas «canceríxenas ou dañinas para a reproducción », a non ser que os seus efectos sexan leves na sús utilización.
As substancias que teñan efectos neurolóxicos ou que afecten ao sistema endócrino prohibiranse si se considera que teñen un risco grave para a saúde.
Aqueles productos que teñan compoñentes perigosos deberán ser substituídos por «alternativas mais seguras» nun prazo de tres anos, na anterior normativa eran cinco anos .
Por todo eso no 2014, será obligatorio respectar os principios xerais da Xestión Integrada de Pragas para conseguir unha reducción no risco no uso dos productos fitosanitarios e potenciar a promoción de métodos alternativos de loita contra as pragas.
SINC
17/2/09
As 5 plantas máis venenosas
1) Adelfa ( Nerium oleander)
E coñecida como o laurel do Xardin é a única espécie pertencente o xénero Nerium da família (Apocynaceae). É unha planta arbustiva con follas perenes dun verde moi intenso. As suas Follas, flores, tallos, pólas e sementes son venenosas.
A intoxicación por adelfa é semellada á intoxicación digitálica, despois das 4-12 horasda de inxerila producense alteracións gastrointestinais acompañadas de náuseas e vómitos, diarreas sanguíneas , vertigo, excitación nerviosa seguída de depresión, arritmía , aparece taquicardía e bloqueo con parada cardíaca.
En vasco chamase 'Eriotz-orri', que significa folla de morte, facendo referéncia á sua toxicidade.O sea ,un planta moi perigosa que se pode atopar con certa frecuencia nalgún xardin
2) Cicuta
Cicuta é un xénero de plantas da família Apiaceae que comprende catro espécies de plantas moi venenosas, nativas do hemisfério norte. Son plantas herbáceas perenes que medran ata 1-2 metros de altura.
Toda a planta contén alcaloides,e coniína (tamén chamada conina, conicina ou cicutina) unha neurotoxina que inibe o funcionamento do sistema nervoso central producindo o chamado "cicutismo".
Con só uns grans dos seus frutos verdes serian suficientes para provocar a morte dun humano.Sen embargo os ruminantes e os páxaros semellan ser resistintes , o cabalo e o burro son pouco sensíbles, pero é un veneno moi violento para os bóvidos, os coellos e os carnívoros.
Nos sesres humanos, a súa inxestión o cabo de unha hora provoca transtornos dixestivos, vertigos e cefaleas, descenso da temperatura corporal, redución da forza muscular, e finalmente unha parálise
3) Regaliz americano (Abrus precatorius)
Pertence á família Fabaceae. é nativa das montañas de Índia e Indochina, ainda que tamén se atopa en Africa, América e as Antillas . Medra na area e perto das praias é en terros yermos
E toda toxica pero sobre toda as suas sementes que conteñen unha alcaloide chamado abrina. A inxestión dunha semente pode matar a un neno. Na antiguidade foi utilizada para abortar e para eliminar os parasitos intestinais.
4) Belladona (Atropa belladonna)
É un arbusto resistinte, perene, membro da família Solanaceae . É nativa de Europa, norte de África, e oeste de Asia.
Estas planta foi obxecto de crenzas, lendas e fábulas de todo tipo. Foi utilizada no antigo Egipto como narcótico, polos sírios para alonxar os pensamentos tristes, tamén foi utilizado polas meigas da Idade Meia.
O seu nome deriva do uso doméstico que facian as mulleres italianas, que frotaban o seu fruto debaixo dos ollos para lucir máis hermosas.
Os seus alcaloides (hiosciamina, atropina, escopolamina), ,convertena nunha planta venenosa, capaz de provocar estados de coma ou morte se se administra mal . En doses moi altas provoca delirio e alucinacións. A pesar de iso, a planta utilizase medicinalmente en oftalmoloxia, como antiespasmódico, antiasmático, anticolinérgico, etc.
5) Ricino (Ricinus communis)
É un arbusto co tallo groso e leñoso, esta vacio por dentro soe ter unha cor púrpura e soe estar cuberta de polvillo blanco parecido á cera.
O fruto case sempre está coberto por abundantes pinchos , parecido a un erizo; As suas sementes son moi tóxicas, pola presenza da "ricina", a sua inxestión, ainda que se faga en pequenas cantidades, pode producir a morte.
INFOJARDIN
Unha horta na cidade
Xa comeza a ser bastante comúns as mesas feitas con palés reciclados, pero cada vez atopanse máis utilidades para os palés, como por exemplo a fabricación dun pequeno contedor que nos servirá como unha especie de horta doméstica e que fará posible que aquelas persoas que non teñan o privilexio de vivir do campo poidan disfrutar igualmente dos seus productos.16/2/09
As cores das plantas
Xunto ó verde característico dun xardin, existen una extensa gama de tons e matices que compre saber armonizar e contrastar para conseguer un xardín agradable á vista, e que logren transmitir distintas sensacions anímicas.
Os vexetais conseguen as suas cores por determinados compostos químicos definidos, chamados pigmentos.
A cor depende xeneralmente do predominio dun ou outro pigmento así como a combinación deles .
A cor verde debese á presenza de dous pigmentos chamados clorofila a e clorofila b, que se atopan prácticamente en todalas plantas con semente, fieitos, musgos e algas.
O de que as follas tornen cara tons avermellados coa chegada do outono debese a que este cor as fai menos sensibles ó frío e incluso o descenso de radiación solar, polo que poden realizala fotosíntesis durante un periodo de tempo mais longo, e así aportala maior cantidad posible de nitróxeno aos texidos.
Os tons calidos (vermellos, amárelos e alaranxados), producen sensación de cercanía e recogimiento ,e deberían colocarse nun primeiro plan.
Os tons fríos (azules, verdes, violetas), transmiten lejanía y amplitud , colocaránse máis lonxe.
Se o lugar e pequeño e o sobrecargamos de cores frios, podemos crear un ambiente moi frio, e si o lugar e moi grande e situamos demasiadas cores calidas, pode dar a sensación de que o xardin esta valeiro.
Unha cor no fondo demasiado forte acurta o espacio. O equilibrio, conseguese cando as cores enfrianse a medida que se alonxan, ata que so quedan brancos suaves e azuis, grises e verdes escuros no extremo mais alonxado do xardin. Si o xardin e pequeño deberemos optar por gamas de cores sinxelas, compostas por 2 ou 3 cores básicos.
Cando queiramos facer un macizo, colocaremos as prantas nas suas macetas para ver o resultado antes de plantalas.
Amarelo: É unha cor primária que simboliza afonte de vida. Xunto co vermello e o laranxa, que é a mistura dos dous, transmiten ledicia e forman ambientes moi acolledores. Armoniza ben cos dourados, verdes e rosas e constrasta con azuis, violetas e vermellos. É un das cores de inverno, presente sobre todo nas bayas dalgunhas plantas.
Azul: Outra cor primária, que é considerado polos científicos como a cor ao que é mais sensíbel o ollo humano e do que mais tons se poden diferenciar. No xardin é unha cor fria, arredado e apagado. Dá sensazón de recollemento e quietude. Non se debe colocar a pleno sol, se non en semisombra ou sombra para que luzca en todo o seu esplendor. Misturado co vermello, dános o violeta, que dá sensazón de tranquilidade e frescor. Armoniza con verdes e contrasta con brancos e amarelos.
Branco: É o resultado da mistura de todas as cores do arco íris. no xardin absorbe a luz mais que nengunha outra cor e é o mais luminoso e resplandecinte. Por iso é imprescindibel para alegrar zonas de sombra, dar vida aos xardins en climas con bruma e resaltar as zonas do xardin con iluminación nocturna. Armoniza ben con amarelos claros, rosas e azuis ténues e contrasta cos vermellos, anaranjados e azuis.
Vermello: Cor primária, alegre e moi chamativo. Transmite sensazón de calor, excitación e viveza. Utiliza-se para chamar a atenzón, resaltar algunha zona do xardin e para os mesmos fins que a cor branca. O ton mais delicado, o rosa, atopa-se moi representado entre as anuais e bianuais. Dá un lixeiro toque melancólico e romántico ao entorno. Armonizan con anaranjados e violetas e constrastan con amarelos e verdes. É unha cor moi fermosa en inverno, cando as bayas vermellas de algunhas plantas contrastan coas suas follas verdes.
Verde: É unha cor secundária resultada da mistura de amarelo e azul. É a cor que predomina na natureza e que armoniza con todas. É unha cor que se emprega como fondo, ben como césped ou setos. Temos que ter en conta que dentro do verde, hai grande variedade de tons, desde os mais apagados aos mais intensos, vivos ou relucentes. O verde armoniza moi ben co amarelo e azul e contrasta co vermello, anaranjado e violeta.
Plantas de flor blanca
Plantas de folla gris/plateada
Plantas de flor crema
Plantas de flor púrpura
Gynura
Plantas de flor azuis/verdes
Plantas de flor laranxa/amarelas
Plantas de flor vermella/rosas
Plantas de folla vermellas/rosas
Plantas de flor negra
Plantas de flores verdes
14/2/09
Día de San Valentín
Hoxe 14 de febreiro é o día de San Valentín.Existen diversas teórias que otorgan ó 14 de febreiro o Día dos Namorados, dende as que defenden que provén da Antiga Roma, donde sea realizaba a adoración ó deus do amor, ata a dos países nórdicos, cuia tradición está relacionada co emparellamento dos paxaros. Pero fora como fose, San Valentín converteuse no patrón de tódolos namorados e os comerciantes fixeron eco desta festividade e convertírona nun día perfecto para aumentar as ventas.
As flores son un dos típicos regalos, e aínda que nos últimos anos decaeron as súas ventas en favor de ceas e outros agasallos como postais, poemas de amor, dedicatorias, bombóns, etc., estas nunca pasan de moda e tod@s nos gusta recibilas.
talos trátanse con hormonas enraizantes e plantanse en surcos separados a 1 metro, onde estarán durante un mes. O inxerto normalmente faise por mediados de xuño, cando xa hai sufiente enraizamento e a dá ben a tona da madeira. Practicase unha incisión en forma de T para facer o inxerto. Pasadas 3-4 semanas cortase 1/3 do patrón por encima do inxerto e rompense as puntas, as cales serán eliminadas 3 semanas despois, cando se extraen os patróns do solo. As plantas límpanse e clasificanse segundo a súa calidade, empaquetanse e almacenanse en frío ata que se transportan ó floricultor entre xaneiro e xuño.13/2/09
A Rosa de Jericó
Xa estamos moi preto do antroido ( filloas, cocido , orellas… o sea que nos vai sair a comida polos ollos , casi ) . Pero como vos cristianos despois destas fechas agárdanos a Cuaresma , e decir 40 dias sen comer carne , bueno esto era hai moitos seculos , agora simplemente dependendo de se as nosas nais son moi catolicas prohibesenos comer carne os venres ata á semana santa , o que lle chamamos vixilia .
Esto que vos conto e para facer unha pequena introdución dunha planta que ten que ver con estas datas, A ROSA DE JERICÓ.
Esta planta según contan as lendas acompañou a Jesús na súa travesia polo deserto durante 40 días e 40 noites .
Esta planta acompañabao arrastrada polos ventos. Detiñase sempres os seus pés cando el paraba .
Cando sía o sol, a planta abriase ca humidade do orvallo e ofreciallle a Jesús as gotas de auga que saían das suás ramas . Jesus, gracias a esta planta calmaba a sua sede tomando cos seus dedos as gotas de auga que lle oferecia a planta.
A raiz disto Jesus , bendixo esta planta . Esta lenda estendeuse por todolos continentes consideraron esta planta coma unha Flor Divina.
E unha espécie única, procedente de Síria. Abunda nos desertos de Arabia, Egipto, Palestina e o Mar rojo sin embargo non medran na cidade de Jericó. A razón de que colla ese nome e que comerciantes desta cidade traíana desde outros lugares lonxanos como un poderoso amuleto que utilizaban para bendicer as suas casas e os seus negócios. Durante esta época a cidade de Jericó tiña un gran esplendor.A planta adquiriu cada vez máis fama e acabou por adoptar o nome da cidade
É unha planta con pequenas flores brancas que non superan os 15 centímetros de altura. Cando floreceu, as follas caen e as ramas contraense hacia dentro ata formar unha forma de globo. Nesta fase e cando o vento do deserto arrincaas do chan e as arrastra facendo que se desplazan por estepas e desertos de outros paises e continentes. Poden permanecer pechadas e secas durante moitísimos anos ata que se pon en contacto ca auga , entón abrese facendo que recuperen a súa beleza.
En moitas culturas creese que quen ten unha rosa de Jericó atrae para si mesmo e para os seus, paz, forza, felicidade, sorte nos negócios, enerxias positivas e benestar económico.
Xente do mundo esotérico admite a esta planta como un valioso amuleto.
Se queremos utilizar a planta para conseguir cartos temos que colocala nun recipiente de cristal . Enchemos o recipiente de auga e decimos a seguinte oración: " Rosa Sagrada de Jericó procúrame el dinero necesario para poder vivir dignamente". " Metemos tres ou catro moedas de ouro no recipiente e cambiamos a auga cada dous dias.
Se o que queremos é eliminar a enerxia mala temos que colocala nun recipiente cheo de auga un martes ou un venres. Cambiamos a auga todos os dias e con esta auga bendecimos a casa .
Tamén se pode utilizar como amuleto para protegernos da mala sorte deixando que se seque en calquera parte da casa ou levandoa no bolso ou nun bolsiño da roupa cando saimos da casa.
INFOJARDÍN


Dieffenbachia picta
