4/2/09

A vida das plantas

0 comentarios

Este documental, explícanos dunha maneira moi visual a polinización das plantas. De que maneira se distribúe o polen: mediante o vento, animais (réptiles, mamíferos, aves e sobre todo insectos). Tamén pódese ver como as plantas teñen mecanismos para evitar a autopolinización. Aconséllovos ver este documental xa que ilustra de maneira moi visual a teoría dada sobre a polinización e a floración.


Videos tu.tv

2/2/09

Viforsa como productor forestal

1 comentarios

Como xa vos contei anteriormente, fun a viveiros Viforsa para ver o seu funcionamento e poder transmitirvos como levan á práctica tódolos coñecementos teóricos que acadamos na clase. Neste post voumos falar de Viforsa dende o punto de vista forestal e noutro queP1000473 farei proximamente falareivos de Viforsa dende o punto de vista ornamental.

Viforsa dende o punto de vista forestal dedícase sobre todo á produción de Pinus pinaster, Pinus radiata, Castanea sativa, Prunus sp (clons de madeira), Quercus sp, Eucalyptus sp e outras.

Todas estas especies, agás o castaño que é producido por acodo baixo, son reproducidas por sementes que as compran nunha casa de sementes ou ó sequeiro de Carballo. As sementes son sempre de orixe controlado.

Este viveiro vende tanto a profesionais como a particulares, e aínda que vende máis ós profesionais resalta que a porcentaxe de venta a particulares tamén é importante. As especies que máis venden son o pino e o eucalipto.

O sustrato co que se fai a sementeira é de toxo. Aínda que non soe haber problemas fitosanitarios, se de forma esporádica hai que tratar algún faise sempre con productos ecolóxicos ó igual que os productos de limpeza que empregan, que tamén son ecolóxicos.

Arte Natur

0 comentarios

No post anterior falamosvos da nosa visita o viveiro Norfor. Xa vos comentamos que a planta ornamental agora era levada por outra empresa, Artenatur. A continuación queremosvos mostrar unhas marabillosas fotos que sacamos alí e de paso repasar as plantas de interior, que é un dos temas que agora estamos estudando na clase.



Creado por Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez.

Reproducción de Plantas

1 comentarios


Buscando información para facer un post atopei esta presentación sobre a reprodución das plantas , pareceume amena e moi didáctica . A ver que vos parece.
PRESENTACIÓN

Tillandsia, a planta que vive do aire

2 comentarios


As Tillandsias son plantas da la familia das Bromeliáceas son unhas plantas que viven do aire , e decir non estan en contacto co solo como as demáis plantas . Son plantas parasitas aéreas, contan con mais de 650 especies distintas.
Desenvolveron a capacidade de tomar todo o seu alimento e auga grazas a unhas células que ten nas follas , tricomas .Non ten raices senón unha especie de ganchos para adherirse a calqueira soporte .Deste xeito as tillandsias conseguen medrar en sitios onde ningunha outra planta podería sobrevivir: pedras , madeira, colgadas dun balcón, eu téñoas visto sobre un cable telefónico.
Son plantas que necesitan moita luz solar e abundante aire fresco. Hai que regalas de forma diaria , con unha simple rozada a primeira hora da mañá e suficiente , se fai moita calor regarase dúas veces, a auga deberá ser o máis pura posible sen excesos de sales, cloro nin cal.
A forma das súas follas e as características das suas flores varian moitísimo dunha especie a outra.
Grande parte das especies teñen flores de grande tamaño, que poden ser de calquera cor e teñen unha bo aroma. En algunhas, a floración pode durar só un par de semanas, pero hai outras tillandsias con flores que permanecen durante varios meses ou mesmo durante todo o ano.
A reprodución faise por sementes , moi delicada e difícil, pero o máis sencillo e por retoños.

INFOJARDIN

31/1/09

Día da Paz

1 comentarios

Posto que onte ( 30 de xaneiro) foi o 61º aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi, en honor ó cal se celebra o Día da Non Violencia e a Paz; e como o símbolo da paz é unha pomba branca cunha rama de olivo vouvos comentar como se multiplica esta especie.
Antigamente a propagación do Olea europea (olivo) realizábase mediante grandes estacas (de 0.5 a 1.2 m) implantadas directamente sobre o terreo.
A capacidade de enraizamento e brotación de ditas estacas está relacionada coa idade, seleccionando as estacas vellas de maior vigor.
Este sistema presenta unha serie de inconvientes: o gran tamaño das estacas coa conseguinte dificultade para transportalas, a súa escaseza e os problemas de mezcla de material.
A partir dos anos 50, aparece o estaquillado semileñoso, que soluciona os problemas anteriores: empreganse estaquiñas dun ano fáciles de manexar e en mellor estado sanitario, que poden ser recolectadas ó longo de todo o ano.
As estaquiñas de 12-15 cm. de lonxitude e con dous pares de follas, sumerxense en ácido indolbutílico a 3000ppm., con obxeto de favorecer a capacidade de enraizamento.
Posteriormente colocanse en cámaras de nebulización sobre medio inerte (perlita), con calor de fondo (25ºC) e alineadas.
Entorno ós 45 días (según variedade e condicións de temperatura), aparecen os primordios radicais, momento a partir do cal se poden trasladar a macetas en umbráculo que permita adoptar a planta a unha atmósfera máis agresiva.
Este sistema permite a entrada en producción un ano antes e facilita a formación da árbore.
O olivo podese inxertar sobre:
- Olivo (Olea europea europea).
- Acebuche (Olea europea sylvestris).

De paseo por Keukenhof

2 comentarios

Este vídeo permite unha pequena mostra das plantas que pódense ver nun dos parques máis bonitos do mundo: Keukenhof. Aínda que si se quere ver con máis detalle pódese enlazar coa paxina.

30/1/09

Relantizar o crecemento das raices

2 comentarios

Vou a contar unha noticia que saíu o dia 19 de decembro no xornal o correo galego xa que os plátanos, unha variedade que se caracteriza por ter un rápido crecemento e pola súa frondosidade.
Estas dúas características provocan que as polas tapen a iluminación, e por outro, que as raíces acaben levantando as beirarrúas e incluso destrozando algunha conducións de auga.
Este é un problema que afecta a un 60% dos exemplares plantados en As Fontiñas (polígono de vivendas en Santiago), polo que os técnicos municipais están estudando un sistema para ralentizar el crecemento das raíces. Si esta técnica, xa experimentada con éxito en outras cidades europeas, non da resultado, sería cando se plantexase a posibilidade de reemprazar estes plátanos por outraespecie de crecemento máis lento.
Tratase de restar vigor o árbore. "Cortando parte das raíces, éstas debilitaránse e os plátanos crecerán con menos forza". Si a solución funciona, as árbores manterianse"estables durante la próxima década".
O desenrolo exitoso desta técnica en outras cidades europeas alentóu o Goberno de Santiago a probar o sistema na aldea de Marrozos, xa que e moito mellor e moito máis barato que substituír as 700 árbores" que hai nesta zona.

27/1/09

Orquideas galegas

2 comentarios

Todos vimos ou tivemos algunha vez una orquídea; son coñecidas principalmente pola sua elegancia, fraxilidade, dificultade de cultivo, e moito, polo elevadísimo prezo que chegan a acadar nas floristerías. (Xeralmente entre 60 e 100 €)


A nomenclatura “orquídea”, procede do termo “orchis”, que significaba testículos, facendo referencia ós tuberculos radicais esféricos que presentan algunas variedades, dando lugar a nomes común como “compañons” ou “testículos de can”.
Dende tempos moi antigos foron consideradas as suas propiedades menciñais, principalmente como afrodisíacos (teoría descartada científicamente), ainda asi seguese recolectando en países do oriente próximo (Turquía…) para elaborar una bebida afrodisíaca, tónica e expectorante; utilizando tuberculos do xenero “orchis”, “aceras”, e “ophrys”, exercendo gran presión sobre as suas poboacións (xa que requiren hasta 4000 plantas para obter 1 l. de producto.
A familia das orquídeas é una das mais numerosas dentro das anxiospermas, e consideranse o grupo mais diverso e evolucionado entre as monocotiledoneas.
En xeral se fala da existencia de mais de 20000 especies repartidas entre uns 800 xeneros, con gran variedade de formas e tamaños: desde orquídeas agaveadoras de ata 10 m. de altura como algunhas do xénero "Vanilla".
Ata outras de tan so 5 mm. bulbophillum adoardii
Localizanse naturalmente por case todo o mundo, agas en climas moi extremos. A maior diversidade atopase nos trópicos, en zoas de elevada humidade ambiental.
En Europa xurden xeralmente na primaveira ou algunas , no verán, de baixo a terra, de uns talos tenros e erguidos e coroados por unas flores incriblemente adaptadas á polinización dos insectos.
Por estas características e outras como; os fenómenos de coevolución entre insectos e orquídeas tanto europeas como tropicais… xa en 1888, Darwin apasionouse por elas, e as definiu como todo un misterio.
E ó certo é que a sua incrible beleza, cantidade de variedades e exotismo, o seu sofisticado sistema de reproducción e rareza; fan das orquídeas un obxecto de alto valor para o ser humano, desde os puntos de vista científica, estético e económico.
En Europa chegaronse a contabilizar 450 sp de 28 xeneros (Del forge 2002); Na Península, unhas 90 sp. Duns 25 xéneros (Aedo e Herrero 2005)… E aquí, en Galicia, malia que vos sorprenda, temos 39 sp, descubertas ata o momento, cuns 18 xéneros...

Ainda que eu penso que hai mais, pois quedan moitas zoas por estudar, zoas non alteradas ou abandoadas fai moito polo home. Os incendios, repoboacións de eucaliptos e piñeiros, e a transformación do medio para o uso agro-gandeiro, industrial ou urbanistico, mermaron moito a presenza destas plantas.
Aquí, podemos atopalas en bosques caducifolios e en prados e pradeiras pouco transitadas, tamén se poden ver en sistemas dunares.
Como vos dixen, a min impresionoume a gran desinformación que temos os galegos, dos tremendos tesouros que podemos atopar sinxelamente mirando ó chan... E penso que isto debese principalmente a desidia dos entes informativos por todo o que teña que ver co medio natural.
Neste subdesenrolo cultural ten moito que ver a Administración, que non incentiva economicamente o estudo da diversidade vexetal, e considera como únicas prioridades atender as demandas de cazadores e pescadores, ou os problemas derivados da productividade madereira, co engadido dos incendios...
Posto que as orquideas se tratan dunhas plantas moi fraxiles e sensibles as alteracións do seu habitat, 25 das 39 sp. galegas estan protexidas pólo Convenio CITES (Convection International Trade in Endangered Species), (BOE 30 de xullo 1986). O que é sorprendente, é que no Catalogo Nacional de Especies Amenazadas só se inclue 1 representación da família Orchidaceae, a sp. “Cypripedium calceolus” en perigo de extinción.
Por isto, póla escasede das suas poboacións, póla sua beleza e inmenso valor ecoloxico, compre recordar que non se deben danar, arrincar ou recoller as orquídeas. Observemolas, pintemolas, fotografiemolas... E así todos poderemos disfrutar delas.

Recomendovos que lle votedes un ollo, se tendes a oportunidade a "Guia das orquideas de Galicia" de Carlos Cortizo Amaru e Elvira Sahuquillo Balbuena.
Neste enlace atoparedes fotos moi bonitas:
http://www.flickr.com/photos/luizfilipevarella/

Viveiros a Granxa

0 comentarios

A semana pasada fun de visita ata a vila de CEE e entrei nun pequeno viveiro que está na entrada da vila . O viveiro en cuestión e " VIVEIROS A GRANXA".
Atendeume amablemente o seu propietario, Saulo, e doume un pequeno paseo polas instalacións.
Comentábame que empezaron a súa andaina polo ano 1989 dedicándose sobre todo produción de planta de temporada para venta o público e tamén para distribución por toda a provincia da Coruña. Adicábanse sobre todo a produción de Camelias, Bouganvillas, Azaleas e Brugmansia.
A partir do 2007 e a raíz desta crise, segundo me comentou, so se dedicaban a produción e comercialización par venta o público xa que baixara o volume de negocio.
A multiplicación de planta faise por esgallos de talo .
O viveiro conta cun zonas para plantas de exterior e outras zona o aire libre para plantas ornamentais e froiteiras.
Déixovos unhas fotos da visita .

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks