19/11/09
PROGAPLANT
A productora galega de plantas (PROGAPLANT) é un grupo integrado por cinco viveiros: Agritomsa, Río Verde, Kiwi Plant, As Vaqueiras e Cultivos Ornamentales do Miño. Está situada en Guillarei, Tui, na provincia de Pontevedra. Este grupo empresarial, aproveita, nas distintas instalacións ,as magníficas condicións climáticas da comarca do Baixo Miño, temperaturas suaves, precipitacións abundantes e un elevado número de horas de sol ó ano, para a produción das distintas especies que comercializa. Entre estas podemos atopar: árbores e arbustos, planta de temporada,bambús, kiwi e kiwiño.Este último é unha planta parecida o kiwi normal pero os seus froitos son máis pequenos, sen pelo e incluso se poden comer sen pelar.
Unha das plantas que mais produce é a camelia en todos os xéneros e tamén planta ornamental.Posue , nas distintas fincas unhas intalacións magnificas , con unha gran inversión que melloran a productividade e o resultado final na producción de planta. No ano 2007, o grupo PROGAPLANT, comprou unha finca de 500000 metros cuadrados en Palmela (Portugal), co que se pretendía liderar o sector da produción de planta ornamental en Galicia, así como, o grupo con maior gama de produtos da Península Ibérica.
0 comentarios:
Publicar un comentario