9/3/09
Viveiro Flor de Lires II
Publicado por
xose calvo
Para continuar co post do outro día sobre o viveiro flor de lires , quero facer mención sobre as instalacións de que dispoñen . Moi amablente ensiñoumas o encargado Juan Ramón . MAQUINARIA E INSTALACIÓNS
1. Sistema de rego O viveiro dispón dun sistema de rego por aspersión automatizado e tamén contan con nebulizadores. Nas zonas ó aire libre utilizan rego por goteo. Posúen tanques de abonado que funcionan paralelamente co rego. Captan a auga de dous depósitos e tamén da traída. Para evitar problemas de abastecemento no verán teñén dúas balsas de acopio de auga.
2. Sala de almacenaxe do material e esgallado Nesta sala hai dúas máquinas que nunca vira.Unha de fabricación italiana que utilizan para podar as prantas. Estas pasan por unha cinta transportadora e unhas cuchillas realizan as podas a diversas alturas según sexa programada. A outra máquina serve para realizar o transplante nas macetas citadas antes de 7-8 litros.
O proceso é o seguinte: por unha cinta transportadora suminístrase o sustrato acompañado de abono. Esta mezcla chega a máquina que por unhas cintas é depositada na maceta, faille un oco para a pranta que se vai trasprantar procedente das bandexas. Unha vez trasprantada pasaría a zona de descanso. Con estas máquinas alcanzan unha produción de 3000 plantas hora. Cubren as macetas para evitar a aparición de malas herbas con corteza de pino ou de coco, dándolle mellores resultados esta última.
A pena que non poiden coñecer persoalmente a Lode , pero sin embargo télefonicamente sí . Estaba moi liado nesa semana. De todas maneiras agradecerlle pola trato que me deron .Deixovos un video coa exlicación sobre a produción no viveiro
Etiquetas:
Viveiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario