21/3/09
INFLUENCIA DA LÚA SOBRE AS PLANTAS
Publicado por
Rocío Sampedro
Dise que a Lúa está relacionada co devir de numerosos procesos que suceden na natureza. Sábese que as plantas actúan de maneira distinta según como se atope o astro.
Aquí vos deixo a influencia da mesma sobre as plantas dependendo do periodo:
PRIMER PERIODO: De Lúa nova a Cuarto crecente:
Neste periodo producense grandes movementos de auga sobre o subsolo que van afectar directamente as actividades agrícolas. Ao haber máis auga sobre o solo as sementes de xerminación rápida como as do millo,arroz ou as das hortalizas van a ter a posibilidade de absorver auga máis rapidamente e xerminar no tempo previsto. Esta é a razón pola cal as sementes de xerminación rápida que se plantan dous ou tres días antes ou durante a Lúa chea xerminan máis rápido e de forma máis homoxenea que aquelas que se sementan noutros periodos .É importante destacar que neste caso tratase de sementes que teñen un corto periodo de xerminación.
SEGUNDO PERIODO :De Cuto crecente a Lúa Chea:
Neste periodo o aumento da luz vai a provocar un alto crecemento das follas mentres que as raíces pola contra case non medrarán. No caso das estacas que se empregan para a propagación vexetativa non é convinte cortalas neste fase xa que posúen demasiada auga no seu interior polo que as hormonas que se encargan do enraizamento están demasiado diluídas e non axudarán a estimular a emisión de raices.
Se realizamos un transplante neste periodo as plantas crecerán rápido e producirán moita follaxe ,tamen xerminarán aquelas sementes que plantamos no anterior periodo e que ata agora non o fixeran.
TECEIRO PERIODO:De Lúa Chea a Cuarto menguante:
Este periodo caracterizase porque a kuz reflejada pola Lua vai a disminuir polo que o crecemento do follaxe vai a ser máis lento;enton a planta vai a posuír máis enerxia no crecemento do seu sistema radicular,o que dará lugar a unhas vigorosas raices.
Recomendase a plantación de sementes de xerminación lenta durante esta etapa.
CUARTO PERIODO:De Cuarto Menguante a Lúa Chea:
Este é un periodo no cal case non existe crecemento xa que o periodo de luz nocturna vai en disminución , nel as plantas podense adaptar fácilmente o medio sen sufrir ningún dano por eso moitos agricultores deciden realizar as súas labores durante esta época e así as plantas prepararanse para o seguinte periodo no cal o crecemento será máis acusado.
Etiquetas:
Curiosidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Parece mentira q a lua poda influir tanto na naturuza, os ciclos vitais das plantas son devido a elas, incluso pode influir no noso estado de animo.
Sempre quixen saber porque era mellor plantar no menguante e gracias ó teu post quedoume completamente claro. A influencia da lua nas cousa é asombrosa.
Ti sempre coas túas curiosidades... é certo que todo inflúe, estamos nun mundo feito de enlaces, onde todos e todo é moi importante, de aí que teñamos que ser conscientes da importancia de coidar este mundo porque non hai outro mellor, polo menos que se saiba...
Grazas polas vosas explicacións que son moi axeitadas.
Publicar un comentario