18/3/09
Os castiñeiros
Publicado por
Manuel Rua
Vouvos a falar dun producto que está de enoraboa xa que acaba de poñerse a etiqueta de calidade que otorga a concesión de distintivo Indicación Xeográfica Protexida (IXP).
A concesión deste distintivo vai a permitir o sector da castiñeira comercializar no mercado español este producto coa garantia de (IXP) a espera de que a Unión Europea a inclúa no rexistro comunitario de denominacións de calidade.
Tras publicarse no Diario Oficial de Galicia o (IXP) o 11 de febreiro a Conselleria de Medio Rural vai elaborar un rexistro de productores, almacenistas, operadores en fresco e industrias transformadoras que formaran parte da Indicación Protexida, o que permitirá que a próxima campaña se poida comercializar con sello de calidade de Castiñeira de Galicia.
Galicia ten unha superficie de 45000 hectáreas dedicadas a castiñeiro, produce o ano 15000 toneladas de castiñeira das que unha parte perdese polo abandono do rural. Eu animovos a plantar castiñeiros e recolectar castiñeira porque unha hectárea pode producir 6000 Kg de castiñeira o ano que se traduce para o productor pola súa venta nuns 10000 €.
A maioria da castiñeira que se produce en Galicia (70%) destinase a exportación. A castiñeira nun ano normal págase a 1 € a de calibre grande e entre 60 e 70 céntimos de euro a de calibre pequeno.
Etiquetas:
Arbores,
Castiñeiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
POIS E PRIMEIRA NOTICIA QUE TEÑO,XA TEMOS OUTRO MOTIVO MÁIS PARA PLANTAR ARBORES AUTÓCTONAS
En Galicia o castiñeiro é máis que unha árbore autóctona, e aínda que cada vez quedan menos, por mogollón de factores sobre os que non imos falar, é certo que dela todo se aproveita e aconséllovos que visitedes (antes de que rematemos con todas) os marabillosos pobos que aínda quedan (sobre todo por Lugo e Ourense) rodeados destas vellas árbores.
Publicar un comentario