19/3/09
Aloe vera
A Aloe vera é unha planta que soporta moi ben a falta de auga e é moi resistente ás pragas. Debese evitar o exceso de auga e as temperaturas inferiores de 10º.
O seu cultivo soe facerse en solos areosos e lixeiramente ácidos, cun bo drenaxe, deixando unha distancia de 2 metros entre plantas para evitar que as súas largas raíces se enreden e que se quiten recursos. A reprodución é por estolóns e preferiblemente en outono e nunca en inverno. Non é imprescindible regala pero se se fai pode chegar a recollerse dúas veces ó ano.
Cando o cultivo é doméstico, como no meu caso, e mellor empregar macetas de barro con 2 dedos de grava,que serve de drenaxe, no fondo e o resto de terra e turba a partes iguais. É unha planta que se reproduce por fillos que lle nacen ó redor, e deben separárselle cando teñan unha altura duns catro dedos. A separación pode facérselle cos dedos, buscándolle o punto de unión entre a nai e o fillo, ou sacándoa totalmente da maceta separándoa con máis precisión e coas súas raíces. Unha vez separados debemos esperar 2 semanas antes de plantalos para que lle sequen as súas feridas, pero sen expoñelos ó sol. Cando se plantan, cóbrese ata o nacemento das follas, e agardase un par de semanas para empezar a regalas dandolle tempo así a que cicatricen as feridas que se lle puideron ocasionar no transplante.
· Queimaduras
· Cortes e feridas
· Dores musculares
· Problemas dixestivos
· Psoríases, erupcións e manchas na pel
· Hemorroides e veas varicosas
· Artrite
· Sinusite e asma
· Etc.
AGUNHAS PROPIEDADES COSMÉTICAS
·A Aloe é o ingrediente de moitos produtos de beleza porque penetra nas tres capas da pel, eliminando bacterias e reducindo os depósitos de graxa que tapan os poros.
·A acción dos nutrientes, minerais, vitaminas, aminoácidos e encimas, estimulan a rexeneración das novas células.
·Úsase en cremas para hidratar e para previr enrugas, en locións para despois do afeitado, despois da depilación evita erupcións, grans e roxeces.
·Elimina manchas do sol na pel
·Etc.
Espero que vos sirva de axuda esta información e eu espero poder chegar a transplantar os fillos porque, non sei se aprecia claramente nas fotos, pero creo que a nosa planta levou unha dose demasiado elevade de auga e creo que nos está morrendo. Isto pasounos por non informarnos primeiro dos coidados que ten que recibir, xa que sempre damos por suposto que todas as plantas teñen as mesmas necesidades e non é así.
Parte desta información foi sacada dun artigo da revista dixital Jardin actual.
3 comentarios:
SEMPRE ESTÁ BEN SABER COUSAS SOBRE ESTA PLANTA QUE POR CERTO EU TAMEN TEÑO NA CASA SERÍA INTERESANTE OUTRO POST SOBRE ESTO.
Pois agradeceseche esta información porque todos sabemos que esta pranta ten moitas propiedades nutritivas pero concretamente, polo menos no meu caso, non sabia para que eran boas ditas propiedades.
Publicar un comentario