17/2/09
As 5 plantas máis venenosas
1) Adelfa ( Nerium oleander)
E coñecida como o laurel do Xardin é a única espécie pertencente o xénero Nerium da família (Apocynaceae). É unha planta arbustiva con follas perenes dun verde moi intenso. As suas Follas, flores, tallos, pólas e sementes son venenosas.
A intoxicación por adelfa é semellada á intoxicación digitálica, despois das 4-12 horasda de inxerila producense alteracións gastrointestinais acompañadas de náuseas e vómitos, diarreas sanguíneas , vertigo, excitación nerviosa seguída de depresión, arritmía , aparece taquicardía e bloqueo con parada cardíaca.
En vasco chamase 'Eriotz-orri', que significa folla de morte, facendo referéncia á sua toxicidade.O sea ,un planta moi perigosa que se pode atopar con certa frecuencia nalgún xardin
2) Cicuta
Cicuta é un xénero de plantas da família Apiaceae que comprende catro espécies de plantas moi venenosas, nativas do hemisfério norte. Son plantas herbáceas perenes que medran ata 1-2 metros de altura.
Toda a planta contén alcaloides,e coniína (tamén chamada conina, conicina ou cicutina) unha neurotoxina que inibe o funcionamento do sistema nervoso central producindo o chamado "cicutismo".
Con só uns grans dos seus frutos verdes serian suficientes para provocar a morte dun humano.Sen embargo os ruminantes e os páxaros semellan ser resistintes , o cabalo e o burro son pouco sensíbles, pero é un veneno moi violento para os bóvidos, os coellos e os carnívoros.
Nos sesres humanos, a súa inxestión o cabo de unha hora provoca transtornos dixestivos, vertigos e cefaleas, descenso da temperatura corporal, redución da forza muscular, e finalmente unha parálise
3) Regaliz americano (Abrus precatorius)
Pertence á família Fabaceae. é nativa das montañas de Índia e Indochina, ainda que tamén se atopa en Africa, América e as Antillas . Medra na area e perto das praias é en terros yermos
E toda toxica pero sobre toda as suas sementes que conteñen unha alcaloide chamado abrina. A inxestión dunha semente pode matar a un neno. Na antiguidade foi utilizada para abortar e para eliminar os parasitos intestinais.
4) Belladona (Atropa belladonna)
É un arbusto resistinte, perene, membro da família Solanaceae . É nativa de Europa, norte de África, e oeste de Asia.
Estas planta foi obxecto de crenzas, lendas e fábulas de todo tipo. Foi utilizada no antigo Egipto como narcótico, polos sírios para alonxar os pensamentos tristes, tamén foi utilizado polas meigas da Idade Meia.
O seu nome deriva do uso doméstico que facian as mulleres italianas, que frotaban o seu fruto debaixo dos ollos para lucir máis hermosas.
Os seus alcaloides (hiosciamina, atropina, escopolamina), ,convertena nunha planta venenosa, capaz de provocar estados de coma ou morte se se administra mal . En doses moi altas provoca delirio e alucinacións. A pesar de iso, a planta utilizase medicinalmente en oftalmoloxia, como antiespasmódico, antiasmático, anticolinérgico, etc.
5) Ricino (Ricinus communis)
É un arbusto co tallo groso e leñoso, esta vacio por dentro soe ter unha cor púrpura e soe estar cuberta de polvillo blanco parecido á cera.
O fruto case sempre está coberto por abundantes pinchos , parecido a un erizo; As suas sementes son moi tóxicas, pola presenza da "ricina", a sua inxestión, ainda que se faga en pequenas cantidades, pode producir a morte.
INFOJARDIN
3 comentarios:
gustame este post, xa que sempre está ben saber que plantas non poden ser inxeridas, ainda que nos non vaiamos metendo todo o que atopamos na natureza na nosa boca a maioría dos cativos si que o fan.Gracias por darnos a coñecer estas plantas Xosé, este post axudará a previr intoxicacións e incluso mortes jeje
E moi interesante, todos deberíamos coñecer as propiedades das plantas que nos rodean, tanto as que teñan propiedades beneficiosas (aforrando en farmacos), como as perigosas...
O que si podias facer,é poñelo na etiqueta que xa hai de "plantas tóxicas"
Hai moitas plantas velenosas que debemos coñecer para facer un bo uso delas. Xustamente as Adelfas están moi extendidas en xardíns e poden resultar perigosas en lugares onde hai nenos pequenos. Coidado cando se deseña, é preciso coñecer pros e contras.
Publicar un comentario