25/11/08
Recomendacións para mercar plantas
Publicado por
xose calvo
Moitas veces cando imos mercar plantas para o noso xardín, ou para o interior das casas, non nos fixamos nalgúns aspectos importantes para escoller unha plana de calidade. Debemos de fixarnos nunha serie de detalles:
1.- Os substrato da planta: Debe de estar compacto. Collemos a planta pola base do tronco e non se debe mover, se o fai as raíces non están suficientemente formadas. Tamén e importante que as raíces non sobresaían polo furado de drenaxe do envase.
2.- Que as plantas non estean moi desenroladas: É dicir, que non estea con abundantes flores, pois están nun estado de actividade moi alto, escolleremos aquelas con pouca actividade.
3.- Valorar a localización que lle imos dar ás plantas. Se as plantas son de sombra, non as mercaremos para colocalas en zona de sol, e viceversa.
4.-Transporte das plantas: Se nos fan unha embalaxe, procurar que non queden ocos baleiros para que as plantas non se despracen. Aconsellable non mesturar especies no mesmo envase, pois pódense enredar unhas nas outras.
5.-Comprobar os bulbos: Se mercamos bulbos, apertámolos suavemente para verificar que non están ocos, non deben ter zonas brandas, nin presencia de pragas.
6.- Aspecto externo: Evidentemente que estea vigoroso, ausencia de pragas e enfermidades, unha cor brillante.
Fonte: Revista Mi Jardín.
Etiquetas:
Planta temporada
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
As recomendacións están un pouco liadas, deberías organizalas mellor e amplialas pois dende o punto de vista de calidade das plantas hai máis cousas a ter en conta par que as plantas mercadas duren máis nos nosos fogares e ademais hai diferencia de compra si son para exteriores ou interiores.
Publicar un comentario