1/10/09
Inicio a produción de planta

Ola amigos!
Penso que esta parte do módulo vai a ser un paso bastante díficil para min, xa que non entendo moito de informática. Aínda que penso que pode ser interesante, e espero que me sirva para aprender, pois sempre é interesante aprender cousas novas.
Saúdos.
A Produción de plantas sin solo

Ola compañeiros o meu inicio no blog querovos comentar sobre un novo sistema de producir planta bastante novedoso e a Hidroponia, hoxe en dia case so se aplica para a produción de plantas como verduras , flores, hervas aromáticas e ornamentais de excelente calidade en espazos reducidos sen alterar, nin agredir o medio ambente.
Benvida
Iniciación no blog
O MEU BLOG
Empezamos!
Empezamos un novo curso e continuamos co blog da asignatura de producción de planta dos nosos antigos compañeiros. De momento isto e algo bastante novo e faise algo dificultoso. De todas as maneiras espero que vos gusten as nosas publicacións, e que nos fagades moitos comentarios.
Un saúdo para todo o mundo.
PRIMEIROS PASOS NO BLOG DE PRODUCINDO PLANTA

Moi boas¡¡
Creo que esta parte do módulo de Producción de Planta vai a ser todo un reto para mín, xa que os meus coñecementos informáticos no que se refire a blogs son moi limitados. Aínda así, penso que é unha boa oportunidade para introducirme neste mundo cibernético que cada día ten maior importancia. Despois de observar un pouco por encima o blog da escola, parece claro que se trata dunha ferramenta moi interesante coa que ademáis da infornación xeral do módulo, cada un de nós poderá "colgar" todo aquelo que considere interesante.
Saúdos¡¡¡
4/5/09
Premios edublogs 2009
Gustariame felicitarvos pois fostedes vós os que o fixestedes posible, debedes estar orgullosos e orgullosas do voso traballo e de ser "coelliños de indias" nesto das novas tecnoloxías.
Dende aquí tamén felicitar a todos os participantes, en especial ó gañador desta categoría que foi o Ciclo Superior de Mantemento de Equipo Industrial do IES Laxeiro de Lalín. Está claro que en Galicia algo se move...
Os nosos agradecementos á Asociación Espiral, Educación y Tecnología, polos seus esforzos para dar a coñecer novos xeitos de ensinar, aproveitando as novas ferramentas que están a nosa disposición. Grazas pola difusión e polo entusiasmo para organizar estes premios cada vez con máis prestixio.
Houbo máis blogs galegos premiados:



