10/2/09

Plantas por San Valentín

Tendo en conta que se está achegando unha data tan sinalada como San Valentín,deixando de lado o mítico ramo de rosas vermellas propoñovos tres alternativas para regalar neste día:

-ORQUIDEAS: Este tipo de plantas caracterizanse por posuie extrañas formas as orquídeas son plantas monocotiledoneas pertencentes á familia Orchidaceae, , as orquídeas terrestres cuxo sistema radicular é enterrado, medran en abertos bosques, prados, beiras de ríos ou lagos, ou terras ricas en húmus. A maioría das orquídeas concéntranse en bosques tropicais onde a densa vexetación impide o paso da luz, polo que moitas delas volveronse epífitas , localizanse en áreas de terra húmida como as das selvas de América do Sur Australia, Nova Zelanda, etc.

A beleza das súas flores contrasta coa súa simplicidade. As orquídeas son flores hermafroditas, zigomorfas ;posuen unha columna central que soporta as anteras e o pistilo . Os dous pétalos superiores son idénticos, pero o inferior volveuse distinto coas súas propias cores, formas e tamaños que poden ser moi diferentes, dependendo da especie. As flores poden ser simples ou en inflorescencias e son polinizadas por insectos.

-NARCISOS: Os Narcisos son as plantas bulbosas máis cultivadas na primavera xunto cos tulipáns . Os Narcisos teñen multitude de aplicacións en xardinaría. Plantanse en outono e florecen a principios de primavera ,prefieren lugares soleados,o solo necesita un bo drenaxe e con certa riqueza en materia organica ;un exceso de auga produciría a pudrición dos bulbos. Aínda que soporta o frío debese evita os extremos.
Estas plantas podense cultivar no interior facendo o que se chama o "cultivo forzado".


É das bulbosas mais fáciles de forzar.
-En primeiro lugar debes adquirir variedades apropiadas para o forzado e de calibres maiores, non pequenos.
-Planta nunha maceta con turba e sen enterrar demasiado os bulbos. Coloca a maceta no interior da vivenda, a partir do mes de novembro en España e a unha temperatura duns 10ºC, procurando que a maceta reciba o máximo posíble de luz durante o día.
- Unha vez que as xemas florais se desenvolveron , é dicir, que mostran uns botóns de grande desenvolvemento e moi compactos, deberás colocarlos no lugar mais cálido da vivenda con abundante luz.

-TULIPÁNS: Os Tulipáns (Tulipa) son un xénero de plantas perennes e bulbosas pertencente á familia das Liliáceas. O xénero dos tulipáns, nome común co que se designan a tódalas especies, abrengue aproximadamente 150 especies e innumerables cantidades de híbridos e cultivares conseguidos a través do melloramento xenético que os floricultores foron realizando dende o século XVI.
Son plantas herbáceas, bulbosas. Os bulbos son truncados basalmente e elongados cara ao ápice, cubertos por unha túnica usualmente pilosa por dentro. O talo é sinxelo (ocasionalmente ramificado) e subterráneo na súa porción basal. As follas son basais e caulinares, espaciadas ou máis ou menos arrosetadas, lineais, aovadas ou lanceoladas.


As flores son actinomorfas e hermafroditas, erguidas ou, máis raramente, péndulas; e áchanse dispostas en número de 1 a 3 na extremidade dos talos floríferos. O perigonio é anchamente acampanado, composto de tépalos libres, subiguais, xeralmente anchos e imbricados, coloreados, frecuentemente cun diminuto mechón de pelos brancos no ápice. O androceo está formado por 6 estames, inclusos, cos fiamentos aplanados e as anteras oblongas. O ovario é súpero, trilocular, pluriovulado. O estilo é columnar ou moi curto, o estigma é trilobado. O froito é unha cápsula loculicida, pluriseminada. As sementes son usualmente planas.

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks