5/2/09

A flor cadáver

0 comentarios


A' flor cadáver' Amorphophallus titanum, unha das plantas exóticas mais grandes do mundo a súa principal característica e o seu olor a carne podre.
A flor cadáver (Amorphophallus titanum) abre os seus pétalos unha vez cada dez anos. Por esta razón, cando esta planta exótica florece convertese en nun espectáculo digno de ver pero non de ulir).
O afloramento ten lugar no Xardín Botánico de Meise (Bélxica) e no Xardín Botánico Hortus de Leiden (Holanda) centro que conta na actualidade con 15 exemplares desta especie. neste último caso, tiveron que pasar cinco anos para que os holandeses visen de novo esta 'cerimonia' da natureza, e non faltaron á cita.
Esta planta chama a atención polos súas grandes dimensións, pode medir desde un1. 25 centímetros até tres metros de alto por un metro e medio de ancho, e chegar a pesar de 15 a 50 kilos.
O Xardín Botánico holandés comezou a investigar 'a flor cadáver' fai 16 anos e desde aquela xa se produciron oito floracións entre os seus 15 exemplares.
E unha especie descoñecida en moitos aspectos, e segundo Art Vogel, responsable da investigación desta especie no xardín holandés, non se sabe cal é motivo de que floreza.
A súa reprodución consiste en que durante a floración, a planta desprende un olor fétido que se parecido o olor dun cadáver ,oe atrae os insectos que buscan animais mortos, principalmente moscas, estes imprégnanse do polen da flor e despois distribúeno facilitando a reprodución da especie.

A última floración produciuse no 2003, obtendo 500 bayas . O centro quedou con 40 e distribuiu o resto a outros xardíns botánicos co fin de seguir investigando.

Ademais de Holanda e Bélxica, outros países investigan e cultivan exemplares de este curiosa especie: Nova York , Sttuggart e Bonn (Alemaña), Bogor (Indonesia), Sidney (Australia).

Viveiro Ortigueira.

0 comentarios


No mes de decembro visitei un viveiro que está en St Cruz de Rivadulla no concello de Vedra provincia de A Coruña. Hoxe vouvos a contar o que vin alí:
Neste viveiro producen e venden buxo, magnolia, acivro, gardenia e sobre todo camelia da que producen 30 variedades distintas. O viveiro ten 8 empregados e un encargado, e está distribuído da seguinte maneira:
Unha parcela de plantas nai.
Un invernadoiro.
Unha parcela de sombreado.
Unha parcela de almacenaxe de planta.
Unha nave para almacenaxe de materiais e ferramentas.
Unha oficina.
A zona de plantas nai e de aproximadamente 1 Ha. Aquí nos meses de xullo agosto podan as plantas nai das que saen os esqueixes (que saen de brotes terminais de 1 ano) déixanlle 2 ou 3 follas, hormónanos e introdúcenos en bandexas con area dentro do invernadoiro.
A planta está no invernadoiro 8 meses.
Despois trasladan a planta a outra parcela con malla de sombreado de 1 Ha de superficie aí a planta permanecera 2 anos e practicaránselle 2 podas (1 cada ano) córtanlle as xemas apicais para que a planta non medre en altura xa que o mercado demanda planta baixa.
As plantas cámbianas a un envase de 300 cc na primavera seguinte antes de pasar a parcela de sombreado.
Os 2 anos pasan as plantas a parcela de almacenamento que tamén vale de exposición listas para saír o mercado.
A planta exportase a maioría para Holanda, Bélxica e Francia aínda que tamén venden a particulares e a maioristas. Aproximadamente producen entre 80000 e 90000 plantas o ano.
Os prezos da camelia van dende 2,50 € as de 2 anos 5 € as de 3 anos e 10 € as de 4 ou máis anos.

4/2/09

A vida das plantas

0 comentarios

Este documental, explícanos dunha maneira moi visual a polinización das plantas. De que maneira se distribúe o polen: mediante o vento, animais (réptiles, mamíferos, aves e sobre todo insectos). Tamén pódese ver como as plantas teñen mecanismos para evitar a autopolinización. Aconséllovos ver este documental xa que ilustra de maneira moi visual a teoría dada sobre a polinización e a floración.


Videos tu.tv

2/2/09

Viforsa como productor forestal

1 comentarios

Como xa vos contei anteriormente, fun a viveiros Viforsa para ver o seu funcionamento e poder transmitirvos como levan á práctica tódolos coñecementos teóricos que acadamos na clase. Neste post voumos falar de Viforsa dende o punto de vista forestal e noutro queP1000473 farei proximamente falareivos de Viforsa dende o punto de vista ornamental.

Viforsa dende o punto de vista forestal dedícase sobre todo á produción de Pinus pinaster, Pinus radiata, Castanea sativa, Prunus sp (clons de madeira), Quercus sp, Eucalyptus sp e outras.

Todas estas especies, agás o castaño que é producido por acodo baixo, son reproducidas por sementes que as compran nunha casa de sementes ou ó sequeiro de Carballo. As sementes son sempre de orixe controlado.

Este viveiro vende tanto a profesionais como a particulares, e aínda que vende máis ós profesionais resalta que a porcentaxe de venta a particulares tamén é importante. As especies que máis venden son o pino e o eucalipto.

O sustrato co que se fai a sementeira é de toxo. Aínda que non soe haber problemas fitosanitarios, se de forma esporádica hai que tratar algún faise sempre con productos ecolóxicos ó igual que os productos de limpeza que empregan, que tamén son ecolóxicos.

Arte Natur

0 comentarios

No post anterior falamosvos da nosa visita o viveiro Norfor. Xa vos comentamos que a planta ornamental agora era levada por outra empresa, Artenatur. A continuación queremosvos mostrar unhas marabillosas fotos que sacamos alí e de paso repasar as plantas de interior, que é un dos temas que agora estamos estudando na clase.



Creado por Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez.

Reproducción de Plantas

1 comentarios


Buscando información para facer un post atopei esta presentación sobre a reprodución das plantas , pareceume amena e moi didáctica . A ver que vos parece.
PRESENTACIÓN

Tillandsia, a planta que vive do aire

2 comentarios


As Tillandsias son plantas da la familia das Bromeliáceas son unhas plantas que viven do aire , e decir non estan en contacto co solo como as demáis plantas . Son plantas parasitas aéreas, contan con mais de 650 especies distintas.
Desenvolveron a capacidade de tomar todo o seu alimento e auga grazas a unhas células que ten nas follas , tricomas .Non ten raices senón unha especie de ganchos para adherirse a calqueira soporte .Deste xeito as tillandsias conseguen medrar en sitios onde ningunha outra planta podería sobrevivir: pedras , madeira, colgadas dun balcón, eu téñoas visto sobre un cable telefónico.
Son plantas que necesitan moita luz solar e abundante aire fresco. Hai que regalas de forma diaria , con unha simple rozada a primeira hora da mañá e suficiente , se fai moita calor regarase dúas veces, a auga deberá ser o máis pura posible sen excesos de sales, cloro nin cal.
A forma das súas follas e as características das suas flores varian moitísimo dunha especie a outra.
Grande parte das especies teñen flores de grande tamaño, que poden ser de calquera cor e teñen unha bo aroma. En algunhas, a floración pode durar só un par de semanas, pero hai outras tillandsias con flores que permanecen durante varios meses ou mesmo durante todo o ano.
A reprodución faise por sementes , moi delicada e difícil, pero o máis sencillo e por retoños.

INFOJARDIN

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks