19/2/10

VIVEIROS DENOY III

0 comentarios

Tercera parte da memoria da visita a Viveiros Denoy

A seguinte parada do percorrido foi no invernadoiro de esquexado. As estaquillas pasan 24 horas hormonando (líquido) e acto seguido son colocadas en bandexas de 104 alveolos. Estas bandexas xa veñen co sustrato preparado para o enraizamento (as compran montadas e preparadas para o seu uso, humidificadas, se secan xa non serven). Os esquexes enraízan en uns poucos meses pero pasan un ano enteiro nese sustrato. Despois son transplantados a envases de 0´5 l. nos que pasan outro ano máis nas mesmas condicións de temperatura e humidade.

Amosáronos na seguinte nave as plantas que se venderán o próximo ano, e dicir, as que xa están en macetas de 3 ou 1,5 l. pero que aínda fáltalles un ano de desenrolo. Nesta etapa as plantas son estresadas para provocar a formación de botóns florais. Para isto colócanse moi xuntas e abónanse con fertilizantes ricos en fósforo e potasio.

Outros puntos de interese que visitamos foi o alpendre no que gardan as máquinas onde amosáronos dúas encepelladoras e tamén puidemos ver as fincas con plantas nai, as plantacións de azaleas e rhododendrum e un dos lagos artificiais que teñen para o rego.

UNHA VISITA MOI MECANIZADA!!!!

0 comentarios


Ola compañeiros, aquí vos deixo un video da visita que fixemos a unha das plantacións que están baixo a tutela da cooperativa "Estelas da Terra."
Nel vemos como os operarios axudados dunha máquina, a cal vai montada sobre o chasis dunha minipala "retro" de eirugas de goma dura, corta a raíz da planta por medio dunha coitela e con axuda dun vibrado. Deste modo a propia máquina que vai manexada por un dos operarios, arrinca a planta co cepellon.
A continuación se a planta ten un peso considerado, esta é erguida pola grúa que a máquina leva acoplada. Axudandose da grúa os operarios centranse en envolver con tela de saco o cepellón da planta, atan con cordel a tela, e despois rodean todo con malla de ferro doce.
Este sistema de traballo mellora o rendemento da cuadrilla a hora de levantar planta en cepellón e o maís importante, que a os propios traballadores se lles fai a labor moito máis levadeira sen romper as costas ca pala, palín e similares.
Parte do material que se usa nesta operarición, son estes conos de maia doce.
Con eles apretan o cepellón da planta despois de ser este envolto con tela de saco.
Deste xeito o cepellón non se deforma e conservamos a rices da planta.
O traballo está totalmente esquematizado, cada quen encargase dunha tarefa e o grupo traballa totalmente coordinado.
Os operarios cortando os tramos de tela cos que logo envolverán os cepellón que a máquina vaia cortanto.
Aquí temos o resultado final. O cepellón totalmente envolto ca tela e ca maia, listas para o seu transporte e venta.
Como vemos na imaxe estes exemplares de Acer xa teñen un tamaño considerable, sorte que hoxe en día podemos votar man de máquinas como a do video, as cales facilitan enormemente o traballo.
Como podemos ver nesta imaxe, o marco de plantación non é moi amplio, aproximadamente de 1,5 x 2 metros o que nos dá unha idea da boa maniobrabilidade da máquina.











UN SAUDO A TODOS.....!!!

VIVEIROS DENOY II

0 comentarios

Continúo falándovos da nosa visita a Viveiros Denoy



A seguinte parada da visita foi na nave onde están as plantas que serán comercializadas dentro de dous anos. Atopábanse en envases de 1 e 0´5 litros. Nesta nave explicáronnos o difícil equilibrio deste sistema de producción, onde un só pequeno erro pode desbaratar a producción de todo un ano; as marras non deben superar o 2%, se son maiores, as perdas serían desastrosas. Por iso aínda que é moi doado que isto ocorra son moi coidadosos cos detalles, non se poden permitir que unha praga, enfermidade, seca ou xeada afecte ós seus beneficios futuros.

Antes de continuar explicarei por riba o ciclo que seguen estas plantas dende o estaquillado ata a súa venta.

Os esquexes collidos da planta nai pasan o primeiro ano en bandexas de alvéolos (104 plantas por bandexa). O ano seguinte son cambiadas a outras bandexas máis abertas (espaciadas) ou a macetas de 0´5 l. para permitir que tódalas plantas teñan acceso á luz. Durante estes dous primeiros anos son necesarios tratamentos de aboado, sulfatado, podas, control de temperatura e humidade, etc. Pasado este tempo son transplantadas a macetas de 1 litro ou de 0´5 l. Pasan nestes envases aproximadamente un ano e despois as de 1 l. pásanse a macetas de 2 l. e por fin ás de 3 l. onde pasan un ano máis (as veces pasan directamente de 1 l. a 3 l.), despois do cal estarían preparadas para a venta. As de 0,5 litros son transplantadas os envases de 1´5 l.
Isto supón un ciclo de catro anos en invernadoiro.


Unha das maiores ameazas da producción e a Phytophtora, unha enfermidade moi grave contra a que pouco se pode facer unha vez que aparece, excepto eliminar os exemplares danados e por en corentena tódalas plantas que estivesen en contacto. Os síntomas son moi visibles: as follas perden a turxencia e caen flácidas, así que resulta doado detectala. A loita contra a enfermidade baséase na prevención:

-Uso de funxicidas: principio activo Fosetil, cada aproximadamente 21 días
-Reducción da humidade á estrictamente necesaria.
-Un bo laboreo e saneamento.

Todas as plantas que se comercializan neste viveiro teñen o pasaporte fitosanitario que garantiza a súa saúde e calidade.

VIVEIROS DENOY

0 comentarios

O día 2 de febreiro de 2010 fixemos unha visita a Viveiros Denoy, Arzúa. Trátase de un dos maiores productores de Camelia de España con mercado en toda Europa. Tamén producen Azalea e Rhododendrum. Un dos motivos do seu éxito na producción de Camelia, ademais dunha boa planificación, é o clima da zona que permite que a floración destas plantas se alongue dende Novembro ata Marzo.

Comezamos o percorrido polas instalacións na nave de almacenamento das plantas listas para a venta. Os tamaños mais comúns de comercialización son os de 3 litros e 1´5 litros (en maceta). As características esixidas para a venta destas plantas de calidade son:

-Verde vivo das follas
-Un colo da raíz o mais baixo posible
-Botóns florais: A lo menos oito nos envases de 3l. e cinco ou mais nos de litro e medio.

Unha vez comprobada a calidade da planta as macetas pasan por un máquina de lavado e son colocadas en Carrys (o viveiro alquila os carrys a unha empresa especializada, un sistema utilizado en toda Europa) e os carros empaquétanse cunha máquina que os envolve automaticamente con plástico para evitar que sufran danos no transporte.

18/2/10

Funcionamento dunha encepellonadora

0 comentarios

Fai duas semanas,poidemos ver como traballaba unha encepellonadora nunha finca, esta máquina ten unha coitela de distintas dimensións e con forma de media lúa. O que fai é cravarse no solo e facer un corte ó redor das raices da árbores creándo un cepellón; a continuación, uns operarios envolvíano nunha tea de esparto para ,posteriormente, apretalo cunha malla de ferro doce.Nestas operacións intervían catro persoas : unha na máquina, dúas manexando a planta e envolvéndolle a tea e a malla e outra, provista dun gancho, para apretar ben a dita malla. A árbore estaría lista para plantar, xa que tanto o esparto como a malla de ferro doce desintégranse en pouco tempo, aportándolle nutrintes a planta.Para levar a cabo todas estas operacións compre que haxa unha certa coordinación entre os operarios, así como, un espacio perfetamnete ordenado para realizar ben o traballo.

16/2/10

Xornadas de Xardinería de Galicia (Ourense)

0 comentarios

Xa está aberto o prazo de inscrición para a sexta edición das Xornadas de Xardinería de Galicia, organizadas polo Concello de Ourense 29/01/2010

Por sexto ano consecutivo, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense organiza as "Xornadas Municipais de Xardinería de Galicia", que veñen sendo un referente no sector do xardín no noroeste peninsular nos últimos anos. Baixo o lema desta edición "Espacios verdes recreativos", debatirase sobre o gran potencial das áreas verdes para a ensinanza, da creación de entornos adecuados para o desenvolvemento dos sentidos, da percepción e da comprensión da sociedade e a naureza.
Asimesmo, terá continuidade unha sección moi ben acollida noutras edicións, "Atlánticos Emerxentes", unha aposta por aqueles técnicos que traballan dende unha esfera local, facendo prantexamentos de interés universal.
As xornadas serán gratuitas e celebraránse os días 19 e 20 de febreiro no Auditorio Municipal. Os interesados poden formular a súa inscripción na Concellería de Medio Ambiente, na Praza de San Martiño 1, 3º ou vía email: zonasverdes.xornadas@ourense.es, antes do 17 de febreiro. Para máis información, consultar a páxina web www.ourense.es ou no teléfono 988 388 135.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks