15/1/09

Estacion Fitopatolóxica do Areeiro

0 comentarios

Neste centro traballan 50 persoas das cales 30 son funcionarios e o resto contratados de distintas formas, e unha unidade asociada o Consello Superior de Investigacións Científicas (C.S.I.C) e pertence a Deputación de Pontevedra.
Eu vou falar da toma de mostras para o análise de terra que se fai no departamento de Edafoloxía.
Para que o análise ofreza información válida e preciso realizar unha toma de mostras coidadosamente:
Divídese a área en parcelas coas mesmas características.
Tómanse de 8 a15 submostras parciais de terra, estas faranse da seguinte forma:
En pradeiras,cultivos anuais e horta farase unha zanxa de 30 cm de profundidade.

En froiteiras e viñedos ata 50-60 cm distinguindo os 25 cm superiores, por tanto dúas mostras estas faranse algo alonxadas das árbores.
En solos de invernadoiro distribución o azar e non próximos os puntos de rega e a 15-25 cm de profundidade.
En árbores grandes con síntomas de decaemento collerase a terra arredor da planta afectada nos 20 cm superiores.
A mostra debe de estar o máis seca posible, debe facerse despois da colleita do froito e antes do abonado.
E recomendable facer un análise cada 3-5 anos e en cultivos intensivos unha vez o ano.
O coste e de 18,85 € por cada mostra.

13/1/09

Excursión a Pontevedra

0 comentarios

Onte fomos visitar o centro de Lourizán (os de 1º tanto do CM como do CS), a estación fitopatolóxica do arieeiro (os de 2º CM e CS) e o viveiro de NORFOR-FIGUEIRIDO.
Vouvos contar moi por enriba a visita a estación fitopatolóxica do Areeiro xa que os meus compañeiros Rocío Gardes e Xosé Manuel farano máis profundamente.
Esta estación foi creada a finais de 1980 pola Deputación de Pontevedra, céntrase en tres grandes sección:
Fitopatoloxías: centra a súa actividade no diagnóstico fitopatolóxico e na investigación, e abrangue todas as áreas relacionadas coa sanidade das plantas.Tamén fan mostraxes de detección de novas pragas e enfermidades,ensaios con distintos produtos fitosanitarios, etc.
Dentro desta sección tamén se dedican ó control integrado, é dicir, á loita biolóxica. Estudan o mellor xeito de protexer os cultivos agrícolas, forestais… fronte ós patóxenos e pragas que os afectan.

.

Edafoloxía:realizan análises químicos de fertilidade dos solos e o correspondente asesoramento para adaptar ditas características ás necesidades do cultivo.
Fruticultura e ornamentais: No relacionado coa fruticultura traballan na introducción de novas especies, recuperando variedades autóctonas… Centran os seus estudos principalmente na mellora dos métodos de propagación, melloras de culloras de cultivos, aumento do tamaño e calidade dos froitos, etc . No referido á ornamentación centranse na investigación do xénero Camellia e nos fentos.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks