20/1/10

Exposicións de camelias

0 comentarios

Para os amantes das camelias, tedes unha boa ocasión para acercarvos a IV Exposición que terá lugar os vindeiros días 30-31 de Xaneiro, en Domaio (Moaña), Pontevedra. Se vos quedan ganas de máis, podedes acudir a outras exposiciòns que se van celebrar por toda Galicia. O enlace para consultar as datas é o seguinte:http://www.camelias.net/forum/foroesp.htm



18/1/10

Certificación forestal, PEFC

0 comentarios

Hoxe en día un dos grandes retos que as empresas ten para ofrecer os clientes é a calidade. Neste aspecto o sector da madeira xa conta cunha certificado AENOR da cadea de custodia. Cando vexamos a etiqueta PEFC (sistema Pan-Europeo de Certificación Forestal)nun producto, estamos ante unha marca que nos asegura que o producto forestal comerzializado, provén dun bosque xestionado con criterios de sostibilidade. Aínda que tódolos pasos son importantes para a certificación, o da planta tamén o é, é aquí onde entran en xogo os viveiros forestais , pois para que haxa un bosque certificado ten que haber viveiros que ofrezan plantas obtidas de material xenético de calidade procedente de mouteiras selectas ou horto sementeiros para facer novas plantacións. En Galicia hai 96821 ha certificadas e 60 empresas con certificación na cadea de custodia.
Neste video do programa da TVG, Labranza, emitido o pasado 10 de Xaneiro trata estes aspectos e de como se certifica un monte, un tema de interés crecente nos últimos anos.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

¿Como facer un esgallado?

0 comentarios



Buscando en internet información sobre o esgallado, atopeime con este video que explica, ó meu entender bastante ben os pasos para facer un esgallado.
Como xa sabemos, tratase de conseguir formar unha planta completa a partir de unha parte, que xeralmente vai ser a aerea.
O video é un pouco curto pero apreciase o xeito de traballar, dende que parte da planta obtemos o material, a limpeza da parte donde imos aplicar a hormona para que se forme o sistema radicular, como colocamos o esgallo no sustrato, a bandexa para colocalos, etc.
De todos xeitos creo que deberíamos apretar máis o esgallo cando o colocamos na bandexa, para que quede en contacto co sustrato e por suposto aplicar unha rega que favoreza este contacto e o enraizamento.

De todos xeitos, deixo tamen un
enlace a unha páxina no que aparecen os diferentes tipos de esgallo que podemos facer,ben sexa de material lignificado con folla, sen folla, herbáceos, e con fotos do xeito de facelo. Ademáis está feita con slideshare, que xa coñecemos.

VIVERALIA e AGRITECO 2010

0 comentarios


O próximo día 21 de Xaneiro comeza en Alicante a 7ª edición do Salón Profesional de Planta Ornamental e Afíns. (Viveralia) Dende o xoves ata o sábado 23, nesta feira daránse cita máis de cen firmas punteiras no sector viveirista, o que a convirte nunha referencia obrigada para todos aqueles, tanto público en xeral que esté interesado no tema como os profesionais de viveiros e xardinería.

Ademáis dos "clásicos" stands nos que as entidades participantes amosarán os seus principais productos e innovacións no tema, durante os dous primeiros días, terán lugar unha serie de xornadas técnicas coa colaboración de docentes da Escola Politécnica Superior de Orihuela, nas que se tratarán diversos temas como: as tendencias no cultivo de plantas ornamentais e aromáticas na zona levantina, control dalgunhas enfermidades que afectan ás palmeiras do xénero Rhynchophorus, uso de compost e eficiencia enerxética nos sistemas de rega.

Paralelamente (do 21 e 24 do mesmo mes), e tamén no Levante, tamén se celebrará a 7ª edición de Agriteco (Feira da Tecnoloxía Agraria do Mediterráneo e Productos e Servizos para o agricultor) na que se amosarán as principais tendencias que actualmente presenta a tecnoloxía e técnicas do sector agrícola e gandeiro.

Para que vos fagades unha idea, aquí vos deixo un video dunha edición anterior. Tamén podedes encontrar máis información nas páxinas web de cada un deste eventos (para elo fai un click nos enlaces anteriores).




Aceite de camelia e plantación de té

0 comentarios

A estación fitopatolóxica de Areeiro está a experimentar a extracción de aceite de camelia ademáis dunha plantación de té, a única que existe en galicia nestes momentos.
O aceite de camelia pola súa parte ten tanto uso alimentario coma cosmético.
Para facer o prensado utilizaron prensas importadas de Xapón debido ó pequeño tamaño das sementes de camelia.
Este proxecto non está destinado a competir coas grandes potencias de té e aceite senón a buscar novos recursos e fontes autóctonas de ingresos.
De sair ben podríase contar cunha explotación en Pontevedra funcionando a pleno rendimento nun prazo de dez anos.





¿Invernadoiros de plástico ou de vidreo?

0 comentarios

Con este post pretendo dar a entender que non é nada doado elexir un determinado invernadoiro, debido as grandes diferencias que hai entre uns e outros e a gran diversidade e variedade que o mercado ofrece. Aquí falo un pouco da diferenza entre os invernadoiros recubertos de plástico e os invernadoiros de vidreo, que son máis recentes pero que xa se empezan a ver máis a miudo.

Son moitos os factores que influen a hora de montar un invernadoiro; así, no mercado podemos encontrar diversos tipos de invernadoiros, de varias formas e materiais diferentes: Diferenciandoos por exemplo polo seu recubrimento exterior, podemos escoller entre os clásicos invernadoiros recubertos de lonas de plásticos, ou como en casos máis recentes, decidirnos por os inverndoiros de vidreo.

Estes ultimos son invernadoiros moi utilizados en Europa, debido a súa boa estructura e estabilidade, permitindo un microclima dentro do invernadoiro de forma máis cómoda. Sen embargo, a pesar de ter grandes vantaxas, este tipo de inveranoiros tamén presentan algun inconvinte, como son os elevados custes da súa instalación ou o elevado número de varas metálicas que necesitan para soster a estructura dos vidreos, dificultando desta forma un bo aproveitamento do sol.



En canto a os invernadoiros de plástico, soen ser máis comuns que os de vidreo, presentando como principal vantaxe o seu menor custo con respecto dos anteriores, así como unha maior facilidade para deixar pasar a luz. O principal condicionante destes invernadoiros é a adecuada elección do plasttico a utilizar, xa que no mercado podemos encontrar tamén unha gran variedade de plásticos, con gran diversidade de materiais e prezos moi variados ( polimetacrilato de metilo, policarbonato, policloruro de vinilo, polietileno, etc...), polo que debemos ter en conta o que buscamos e para que o necesitamos. Sen embargo, atendendo a dureza do mesmo, podense diferenciar entre os plásticos monocapa e os coextruidos, máis resistente que os anteriores debido a súa estructura molecular. Ademáis, os plásticos deben ser tratados con estabilizadores, para que estes sexan máis resistentes a degradación que lle pode producir o efecto dos raios ultravioletas. Mentras que nos de vidreo ou cristal, isto non é necesario, pois resisten mellor.



Sen lugar a dúbida este é un tema complicado a hora de decidirnos por un ou outro, pero a súa vez bastante interesante e que debemos ter moi en conta antes de poñernos a mercar un invernadoiro.


Fontes: http://www.jardinyplantas.com/invernaderos/plastico-para-invernaderos.html

http://www.infoagro.com/industria_auxiliar/plasticos.htm





Aceite "made in" Galicia

0 comentarios

O longo de este ano 2010 salirá a venta o primeiro aceite 100% elaborado en galicia. Na zona de Quiroga a empresa Aceites abril conta con unha plantacion propia de 500 olivos dos que neste ano 2010 faran a primeira colleita e comercializarán o aceite como o primeiro 100% galego. Por esta razón penso que seria curioso comentar alguns aspectos sobre o cultivo do olivo, como pode ser o clima que precisa os coidados necesarios as enfermidades que poden afectalo ect...

A oliveira podese considerar unha especie bastante rústica, non precisa de terreos moi humidos soportando ben a seca, pode chegar a soportar temperaturas de -5ºC, non obstante esto son xeneralidades pois tamen depende da variedade da que se fale.

Nun principio a oliveira precisará unha poda de formación moi semellante a dos frutais, dandolle uha forma mais ancha que ala e suprimindo todas aquelas ramas que impidan acceder ao interior da arbore para a recolección da oliva.
Nas arbores vellas o que se sole facer e apear a arbore para que una vez rebrotada seleccionar alqueles brotes mais vigorosos e formar un novo exemplar.

En canto as enfermidades e as plagas mais comuns podemos atopar as seguintes:

1. A mosca da oliveira (Dacus oleae): e unha das plagas mais comun na oliveira das presnetes na peninsula ibérica. E moi dañina pois as larvas desenrolanse dentro da oliva alimentandose de ela.

2. Repilo (Cycloconium oleaginum): e unha enfermidade producida por un fungo, o fungo produce danos nos froitos e nas follas.

3. Barrenillo (Phloetribus scarabaeoides): coleoptero cuxa larva fai galerias nas ramas da arbore. unha maneira de combatir esta praga e poñer ramas nas veiras das arbores a modo de cebo e unha vez infectadas, destruilas mediente lume.

Fontes: La voz de galicia (primer aceite galicia)
www.botanical-online.com


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks