17/2/09

As 5 plantas máis venenosas

3 comentarios

1) Adelfa ( Nerium oleander)
E coñecida como o laurel do Xardin é a única espécie pertencente o xénero Nerium da família (Apocynaceae). É unha planta arbustiva con follas perenes dun verde moi intenso. As suas Follas, flores, tallos, pólas e sementes son venenosas.
A intoxicación por adelfa é semellada á intoxicación digitálica, despois das 4-12 horasda de inxerila producense alteracións gastrointestinais acompañadas de náuseas e vómitos, diarreas sanguíneas , vertigo, excitación nerviosa seguída de depresión, arritmía , aparece taquicardía e bloqueo con parada cardíaca.
En vasco chamase 'Eriotz-orri', que significa folla de morte, facendo referéncia á sua toxicidade.O sea ,un planta moi perigosa que se pode atopar con certa frecuencia nalgún xardin

2) Cicuta
Cicuta é un xénero de plantas da família Apiaceae que comprende catro espécies de plantas moi venenosas, nativas do hemisfério norte. Son plantas herbáceas perenes que medran ata 1-2 metros de altura.
Toda a planta contén alcaloides,e coniína (tamén chamada conina, conicina ou cicutina) unha neurotoxina que inibe o funcionamento do sistema nervoso central producindo o chamado "cicutismo".
Con só uns grans dos seus frutos verdes serian suficientes para provocar a morte dun humano.Sen embargo os ruminantes e os páxaros semellan ser resistintes , o cabalo e o burro son pouco sensíbles, pero é un veneno moi violento para os bóvidos, os coellos e os carnívoros.
Nos sesres humanos, a súa inxestión o cabo de unha hora provoca transtornos dixestivos, vertigos e cefaleas, descenso da temperatura corporal, redución da forza muscular, e finalmente unha parálise

3) Regaliz americano (Abrus precatorius)

Pertence á família Fabaceae. é nativa das montañas de Índia e Indochina, ainda que tamén se atopa en Africa, América e as Antillas . Medra na area e perto das praias é en terros yermos
E toda toxica pero sobre toda as suas sementes que conteñen unha alcaloide chamado abrina. A inxestión dunha semente pode matar a un neno. Na antiguidade foi utilizada para abortar e para eliminar os parasitos intestinais.

4) Belladona (Atropa belladonna)
É un arbusto resistinte, perene, membro da família Solanaceae . É nativa de Europa, norte de África, e oeste de Asia.
Estas planta foi obxecto de crenzas, lendas e fábulas de todo tipo. Foi utilizada no antigo Egipto como narcótico, polos sírios para alonxar os pensamentos tristes, tamén foi utilizado polas meigas da Idade Meia.
O seu nome deriva do uso doméstico que facian as mulleres italianas, que frotaban o seu fruto debaixo dos ollos para lucir máis hermosas.
Os seus alcaloides (hiosciamina, atropina, escopolamina), ,convertena nunha planta venenosa, capaz de provocar estados de coma ou morte se se administra mal . En doses moi altas provoca delirio e alucinacións. A pesar de iso, a planta utilizase medicinalmente en oftalmoloxia, como antiespasmódico, antiasmático, anticolinérgico, etc.

5) Ricino (Ricinus communis)
É un arbusto co tallo groso e leñoso, esta vacio por dentro soe ter unha cor púrpura e soe estar cuberta de polvillo blanco parecido á cera.
O fruto case sempre está coberto por abundantes pinchos , parecido a un erizo; As suas sementes son moi tóxicas, pola presenza da "ricina", a sua inxestión, ainda que se faga en pequenas cantidades, pode producir a morte.
INFOJARDIN

Unha horta na cidade

3 comentarios

Xa comeza a ser bastante comúns as mesas feitas con palés reciclados, pero cada vez atopanse máis utilidades para os palés, como por exemplo a fabricación dun pequeno contedor que nos servirá como unha especie de horta doméstica e que fará posible que aquelas persoas que non teñan o privilexio de vivir do campo poidan disfrutar igualmente dos seus productos.
Para a fabricación desta pequena horta doméstica empregaremos tres palés.
Comezaremos desclavando algúns tablóns que máis tarde formarán a base e os laterais.Un dos palés queda enteiro, aproveitándose para construir a base. Colócanse tablóns nas partes ocas formando unha superficie continua e remátase o perímetro formando un marco de madeira ó redor. Atorníllanse seis postes nos laterais que sirven de guía e soporte para formar as paredes añadindo máis tablóns.
Xa teríamos a estructura formada, agora quedaría cubrir o interior cunha lona para reter a humidade e encher o contedor cun sustrato adecuado. Non temos que que olvidarnos de realizar uns orificios para facilitar a drenaxe.
Unha vez rematada a minihorta xa estaría lista para sementar e poder disfrutar dos placeres do campo na cidade.Poñovos unha presentación que de seguro que se entende mellor o procedemento con imaxes.

16/2/09

As cores das plantas

2 comentarios

A hora de escoller unha planta, e moi importante elexir aquela que teña unha forma e textura axeitada o lugar onde a queremos poñer; pero non menos importante e a súa cor...
Xunto ó verde característico dun xardin, existen una extensa gama de tons e matices que compre saber armonizar e contrastar para conseguer un xardín agradable á vista, e que logren transmitir distintas sensacions anímicas.
Os vexetais conseguen as suas cores por determinados compostos químicos definidos, chamados pigmentos.
A cor depende xeneralmente do predominio dun ou outro pigmento así como a combinación deles .
A cor verde debese á presenza de dous pigmentos chamados clorofila a e clorofila b, que se atopan prácticamente en todalas plantas con semente, fieitos, musgos e algas.
O de que as follas tornen cara tons avermellados coa chegada do outono debese a que este cor as fai menos sensibles ó frío e incluso o descenso de radiación solar, polo que poden realizala fotosíntesis durante un periodo de tempo mais longo, e así aportala maior cantidad posible de nitróxeno aos texidos.
Os tons calidos (vermellos, amárelos e alaranxados), producen sensación de cercanía e recogimiento ,e deberían colocarse nun primeiro plan.
Os tons fríos (azules, verdes, violetas), transmiten lejanía y amplitud , colocaránse máis lonxe.
Se o lugar e pequeño e o sobrecargamos de cores frios, podemos crear un ambiente moi frio, e si o lugar e moi grande e situamos demasiadas cores calidas, pode dar a sensación de que o xardin esta valeiro.
Unha cor no fondo demasiado forte acurta o espacio. O equilibrio, conseguese cando as cores enfrianse a medida que se alonxan, ata que so quedan brancos suaves e azuis, grises e verdes escuros no extremo mais alonxado do xardin. Si o xardin e pequeño deberemos optar por gamas de cores sinxelas, compostas por 2 ou 3 cores básicos.
Cando queiramos facer un macizo, colocaremos as prantas nas suas macetas para ver o resultado antes de plantalas.

Un factor a ter en conta tamén á hora de colocar unha determinada cor é a luz. As cores non se ven iguais as distintas horas do dia. As cores azuis aprecianse mellor as primeiras horas da mañá ou en zonas sombrias. As violetas e vermellas destacan mais a mediodía ou en exposicións soleadas e os amarelos e alaranxados, presentan toda a sua explendor a media tarde ou en exposicións oeste e sur.
Amarelo: É unha cor primária que simboliza afonte de vida. Xunto co vermello e o laranxa, que é a mistura dos dous, transmiten ledicia e forman ambientes moi acolledores. Armoniza ben cos dourados, verdes e rosas e constrasta con azuis, violetas e vermellos. É un das cores de inverno, presente sobre todo nas bayas dalgunhas plantas.
Azul: Outra cor primária, que é considerado polos científicos como a cor ao que é mais sensíbel o ollo humano e do que mais tons se poden diferenciar. No xardin é unha cor fria, arredado e apagado. Dá sensazón de recollemento e quietude. Non se debe colocar a pleno sol, se non en semisombra ou sombra para que luzca en todo o seu esplendor. Misturado co vermello, dános o violeta, que dá sensazón de tranquilidade e frescor. Armoniza con verdes e contrasta con brancos e amarelos.
Branco: É o resultado da mistura de todas as cores do arco íris. no xardin absorbe a luz mais que nengunha outra cor e é o mais luminoso e resplandecinte. Por iso é imprescindibel para alegrar zonas de sombra, dar vida aos xardins en climas con bruma e resaltar as zonas do xardin con iluminación nocturna. Armoniza ben con amarelos claros, rosas e azuis ténues e contrasta cos vermellos, anaranjados e azuis.
Vermello: Cor primária, alegre e moi chamativo. Transmite sensazón de calor, excitación e viveza. Utiliza-se para chamar a atenzón, resaltar algunha zona do xardin e para os mesmos fins que a cor branca. O ton mais delicado, o rosa, atopa-se moi representado entre as anuais e bianuais. Dá un lixeiro toque melancólico e romántico ao entorno. Armonizan con anaranjados e violetas e constrastan con amarelos e verdes. É unha cor moi fermosa en inverno, cando as bayas vermellas de algunhas plantas contrastan coas suas follas verdes.
Verde: É unha cor secundária resultada da mistura de amarelo e azul. É a cor que predomina na natureza e que armoniza con todas. É unha cor que se emprega como fondo, ben como césped ou setos. Temos que ter en conta que dentro do verde, hai grande variedade de tons, desde os mais apagados aos mais intensos, vivos ou relucentes. O verde armoniza moi ben co amarelo e azul e contrasta co vermello, anaranjado e violeta.
Plantas de flor blanca






Plantas de folla gris/plateada








Plantas de flor crema







Plantas de flor púrpura




Plantas de folla púrpura

E outras como a Iresine herbstii , algúns Coleus...










Gynura



Plantas de flor azuis/verdes








Plantas de flor laranxa/amarelas





Plantas de folla laranxa/amarelas/verdes
Codiaeum variegatum Dieffenbachia picta


Plantas de flor vermella/rosas








Plantas de folla vermellas/rosas






Plantas de flor negra



Plantas de flores verdes







Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks