25/2/10

VIDEOS DE PODA

0 comentarios


Hola¡¡

Navegando pola páxina de youtube, e coincidindo coas clases teóricas sobre a poda, atopei uns videos sobre este tema. Entre todos eles, chamoume a atención, uns feitos por unha canle de televisión local galega no que o protagonista é un veciño de Canedo (Ponteareas) chamado Alberto Riveiro. Neles, danos unhas directrices a seguir á hora de realizala poda de diversas especies de árbores frutais (pexegueiros, maceiras, pereiras, etc.), vides e kiwis.

Ademáis destos vídeos, tamén poderédes atopar outros, protagonizados polo mesmo señor, que tratan diversos temas como son: o enxertado, a aplicación de sulfatos, plantacións hortícolas, plantación de árbores, plantas de xardín, etc.

Se lle queredes dar un vistazo, facede un click neste enlace.





24/2/10

A poda no verán

0 comentarios


Poda de VERÁN


Consellos para realizar unha poda de verán.

  1. A época da poda vai dende mediados de xullo a finais de setembro.
  2. Obxetivo eliminar as ramas en mal estado ou as que presenten demasiada vigorosidade a costas da saude da planta.
O proceso consistirá en eliminar dous tercios da vexetación, quedando o resto a mesma altura entre elas, tamén se eliminarán a ramas que se molestes entre si deixando as maís interesantes para o futuro da planta.

Este tipo de poda podemos levala a cabo en planta ornamental como son as ortensias, facendo a poda depois da floración ou tamén en rosales, neste caso debemos podar sempre por riva duha xema, a uns 7 cm. Acortando os laterais entre un tercio o a metade da súa lonxitude.

Para facer estas podas debemos ter en moi bo estado a ferramenta como son tesoiras ou serras, ó demaís de unha menuciosa limpeza.





En froiteiras tamén a coñecemos como poda en verde e ten como principal finalidade a regulación do crecemento da planta.
O que vamos a facer e cortar a ramas da copa que maís despunte a favor das inferiores conseguindo que estas si collan vigorosidade.















Esta poda en pleno xullo e moi favorable para o desenrrolo das xemas, conseguindo así un bo resultado na colleita de froito.

Visitas

0 comentarios

O pasado 3 de febreiro, os meus compañeiros asistiron a unha visita que se realizou cerca do instituto, a unha parcela que ten Orvisahouse (www.orvisahouse.com), empresa que forma parte da cooperativa "Estelas da Terra". Alí, puideron ver como se realizaba o encepellado das especies: pyrus sp., prunus sp. e acer sp.
A máquina coa que se realizou o arranque de ditas especies foi unha coma a que puiden ver no viveiro Denoy.

Fonte: propia




INVERNADOIROS

0 comentarios

Contrucción dun invernadero

Nun viveiro o gasto máis importante no inicio da súa actividade e a construcción das súas instalacións como oficinas, invernadoiros, etc...

Neste post vamos dar unhas pequenas pinceladas a construcción dos invernadoiros, sobre todo as empresas que se dedican a construcción deles e que temos hoxe en dia na nosa comunidade.

Actualmente en Galicia existen 11 empresas que se dedican a construcción destas infraestruturas repartidas da seguinte maneira (a información foi buscada en internet, paxinas Galegas e paxinas Amarelas):

  1. A Coruña (2): Invernadoiros Trigo e Fertri.
  2. Lugo (1): Invernadoiros Horta Piñeira.
  3. Ourense (1): Invernadoiros Xardín da Limia.
  4. Pontevedra (7) : Invernadoiros Eiras e Iglesia S.l., Promoinver Galicia S.l., Hotalizas Bacelo S.l., Inversalnes, Industrias Santos, Viveiro Planthor e Inver-Triñaf S.l.
De todos eles tres teñen paxina web:
Os dous primeiros son da Provincia de A Coruña e o último da Provincia de Pontevedra.

Neste Picture Trail podemos ver diversas estructuras de invernadoiros e equipos que instalan estas empresas.





Cooling system

0 comentarios

Un dos método que se usan nos viveiros para rebaixar as temperaturas e que vimos na clase, é o cooling system éste consiste nuns estractores de gran caudal que sucionan o aire facendoo pasar por unha especie de panel polo que discorre auga continuamente e que está no lado oposto do invernadero. Con isto conséguese crear unha corrente de aire fresco, co cal a temperatura baixa.



Por este paneis, bañados por auga pasa o aire gracias os estractores que tan enfronte.












Este é un dos estractores que se colocan enfronte o panel anterior para crear a corrente de aire que rebaixará a temperatura do invernadoiro e que sairá de novo o exterior, polo cal está sempre renovándose o aire do invernadoiro.

SAÍDA ÓS VIVEIROS DENOY.

0 comentarios

Dentro do módulo de Produción de Planta fixemos unha saída a coñecer o viveiro Denoy que se atopa situado no Concello de Arzúa. Un técnico da empresa estívonos explicando, tanto as instalación do viveiro como a produción de planta que fan.
Os terreos do viveiro teñen unha extensión que ronda as 70ha de superficie, nas cales teñen as infraestructuras propias dos viveiros como os invernadoiros, almacens, pistas, etc, e parcelas nas que colocan as plantas para que desenrolen máis rápido na terra, e tamen as que cumpren o período de permanencia en maceta e non atoparón saída ó mercado para que non ocupen terreo nos invernadoiros.
A maior produción do viveiro está adicada á camelia, rododendro e azalea. Na planta de camelia buscan que o cuello de raíz se atope o mais baixo posible e que a planta teña como mínimo 5 botóns florais, no caso azalea venden tres pés/maceta para que faga un volumen axeitado e non queden ocos. Soena vender en macetas de 1.5 litros de capacidade. Toda a planta que sae do viveiro faino envalada en carris normativizados e numerados de xeito que saben en todo momento onde se atopa ese carri. A planta reprodúcena por esgallado, sometendo o esgallo a unha inmersión lenta (24h) en hormona e colocandos en un taco de sustrato especial, que segundo nos comentou o técnico, aumenta moito o número de esgallos enraizados. A partires de febreiro cambianas a macetas de 0.5l de capacidade. A planta que non sae a mercado necesita maior período de viveiro, o que supón á empresa un maior custe por que ten que ser abonada, podada, etc.
O rododendro plántano en macetas de 2 litros e despois trasládanas ás parcelas para que desenrolen máis rápido na terra.

Teñen especial coidado coa Phytoptora que unha enfermidade fúnxica de cuarentena e que afecta á camelia en especial. Combatena aplicando funxicidas cada mes e controlando a humidade nas instalacións.

Nas parcelas seleccionan dous tipos de plantas, por un lado a que vai sair á venda e por outro as que van servir de planta nai.

Nas instalacións contan con maquinaria variada para reducir os custes da man de obra tales como tractor, encepellonadora, etc e tamén aproveitan toda a auga, tanto a de choiva como sobrantes, que dirixen a unha balsa de almacenaxe de donde posteriormente a volven captar, este é un recurso moi importante, sobre todo no verán, posto que disminúen os recursos hídricos e pola contra é o período no que máis auga necesita o viveiro.

O enxerto de coroa das mans dun especialista

0 comentarios

Coincidindo coas prácticas que todos nos realizamos nas práticas do módulo de produción de planta, entre os cales práticamos o enxerto de coroa, encontreime con este video, donde Xosé Sanchez, xerente de OrvisaHouse nos realiza un de estes enxertos.

O enxerto realízase sobre Catalpa, unha especie moi empleada en obras públicas e xardíns, enxertando unha variedade de Chitalpa.

No video podemos ver todo o proceso da realización do enxerto. Nel podemos ver algunhas das técnicas que Xosé emprega, como é o perfilado dos bordes do corte, a utilización dunha cinta biodegradable para o atado do enxerto ou unha parafina elástica que vai protexer o enxerto.

Pero sen dúbida o que máis me chamou a atención foi a fabricación caseira, pero eficaz a vez, de un protector contra os paxaros que realiza sobre o mesmo enxerto, utilizando varas verdes de bimbio. Sen dúbida algunha todas estas técnicas son fruto do traballo diario e da experencia que Xosé foi adquirindo.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



Espero que este video vos resulte útil para perfeccionar este tipo de enxerto.

Sistema fog-system.

0 comentarios

O sistema de nebulización no invernadoiro, consiste nunha técnica coa cal logramos manter unha humidade determinada e constante no invernadoiro, e un incremento na produción e calidade das plantas.
O material que imos necesitar para a instalación de un sistema de nebulización, non é moi complexo, partindo de unha bomba de presión, boquillas de nebulización, e tubería de presión podemos instalar no invernadoiro un sistema que nos ofrece moitas ventaxas. O xeito de funcionamento é por medio da presión que a bomba impulsa á auga, e que ó sair a través das boquillas, rompe as gotas en millóns de partes. O sistema funciona a través de electro-válvulas que se accionan mediante un relé temporizador que nós debemos programar de dous xeitos; intervalo de funcionamento do sistema e intervalo que desexamos que este esté parado. Tamén pode funcionar conectado a unha sonda de humidade, de xeito que o sistema se accione cando se alcanza o nivel de humidade seleccionado.
Un sistema similar é o MIST, que combina a auga a menor presión con aire, o cal fai que a gota se desmenuce, pero non tanto como no Fog-sistem.
Humi-ambiente é unha páxina que ten bastante información deste sistema.



viveros Denoy

0 comentarios


Viveros Denoy


Viveiros Denoy é unha empresa situada na provincia da Coruña na localidade de Arzúa, a cal fixemos unha visita para coñecer as súas instalacións e para que nos mostraran os seus métodos de traballo.

As primeiras instalacións que nos mostraron son nas que teñen as plantas xa formadas para a súa venta, estas estan preparadas para facilitar a súa carga nos camións.

Nestas nave nos explicaron como debían estar formadas as plantas de camelia para a súa venta .Para ello as camelias(que eran as que tiñan neste momento para a venta) debían ter un único píe, e debía estar o colo da raíz o mais preto posible o chan e presentar botóns florais.As plantas que tiñan un recipiente de 3 l tiñan que ter uns 8 botóns florais e as de 1,5 l tiñan que ter 5 botóns florais para a súa venta,de non ser así,non se empregarían para venta.

Nesta mesma instalacións tiñan a zona de maquinaria na cal atopamos unha maquina de lavado de macetas e unha maquina de empaquetado na cal metían os carrys xa cargados cas macetas e empaquetaban para o seu transporte posterior.

Nas seguintes naves fóronos mostrando cal son os pasos a seguir para poder producir unha planta de calidade,que son os seguintes:

Para conseguir unha boa planta e de calidade comercial cóllense os esqueixes das variedades das plantas nai escollidas e colócanse en alvéolos xa preparados para proceder a colocación dos esqueixes os cales teñen que estar a unha temperatura e humidade alta para que prendan,durante o primeiro ano,estando o mais próximas posible para obrigala a planta que creza e unha vez que forman a raíz son transplantadas a macetas de 0,5 l xa que e mais económica e van a estar mais espaciadas.Despois de un ano nesta maceta son pasadas a macetas entre 1 l e 3l dependendo do seu volume e durante o segundo ano serán podadas e sulfatadas e expostas o sol.

As plantas serán tratadas e coidadas ata os 5 anos que e cando xa teñen o tamaño adecuado para a súa venta.

Estes viveiro teñen unhas instalacións moi preparados para a prevención de pragas e fungos que podan danar a súa producción xa que unha perdida de mais do 2% significa unha gran perdida para empresa aínda que a enfermidade mais grave que teñen e un fungo chamado phytophora o cal daña as raíces da planta e é moi contaxiosa xa que si se encontran algunha planta infectada poden poñer toda a producción en cuarentena, e presenta un gran perigo xa que o vender a outros países poden infectar outras zoas as cales no teñen esta enfermidade. Por este motivo todas as plantas deben ter un transporte fitosanitario. Para evitar o contaxio das plantas fan unha prevención mediante funxicidas durante 21 días.,reducen a humidade con laboreo e saneamento.

Este viveiro e un dos maiores productores de Camelia ,Azalea e Rhododendro xa que teñen unha gran demanda nacional e internacional ,de tal forma que realizan os seus envíos mediante carrys e europlantens dependendo das esixencias dos clientes



23/2/10

VIVEIROS DENOY

0 comentarios

VIVEIROS DENOY

Os alumnos de 2º de Ciclo Superior de Arzúa fixemos o pasado martes, 2 de Febreiro de 2010, unha saída para visitar as instalacións do viveiro Denoy, especializado en producción de camelia, rhododendro e azalea. O citado viveiro está situado en San Esteban del Campo, 15810, Arzúa.

Como viñamos dicindo, Denoy é unha empresa especializada, sobre todo, na multiplicación de camelia, da cal é o maior productor en Europa, ademais da producción de rhododendro e azalea, en menor medida. Esta empresa da traballo a un número aproximado de 22 persoas.

As cualidades que se pretenden acadar nunha planta de camelia para a súa posterior comercializacion, entre outras, son as seguintes:

- O colo debe de ser de inserción baixa.
- Debe de posuír cinco botóns florais como mínimo, para plantas en envase de 1 litro, e 8 botóns para plantas en envase de 2 litros.

O transporte da planta de pequeno tamaño no momento da súa venda faise a través duns carros, os cales son utilizados por todos os productores e compradores para obter unha maior eficacia no momento do transporte, coa fin de levar en cada camión o maior número posible de plantas e optimizar a labor, co cal, o mesmo tempo se aforran cartos, tempo e traballlo. O número aproxiomado de carros que caben en cada camión é de 43. Por outra banda, a planta de gran tamaño transportase a granel.

O viveiro posúe varios invernadoiros con cuberta plástica e con unhas dimensións considerables, distribuídos en función da súa utilidade pola totalidade da superficie do viveiro, o cal conta cunha superficie total de 70 hectáreas, e algún dos cales chega ter ata 1 hectárea productiva, o cal nos da unha idea da capacidade de producción de viveiros Denoy.

Algún dos inconvintes da producción deste tipo de planta, segundo as explicacións do noso guía, é o seu crecemento relativamente lento, o cal provoca que o mantemento da planta no viveiro durante os dous primeiros anos sexa bastante alto e costoso, con escardas periódicas e sulfatados, coa fion de evitar as patoloxías que mais comunmente afectan ás camelias, como son as virosis e a Phitopthora. Coa fin de que todas estas medidas sexan levadas a cabo, o viveiro é obxecto, periódicamente, de revisións sorpresa coa fin de analiza-lo estado do mesmo e evitar a proliferación de enfermidades, plagas, etc. Segundo nos comentaba o persoal do viveiro, estas revisions lenase a cabo cada seis meses, aproximadamente. O viveiro, asi mesmo, ha de ser titular dun pasaporte fitosanitario que o autoriza para a comercialización e producción de planta.

A REGA

A rega en Denoy está distribuída dun xeito totalmente homoxéneo, mediante o emprego de turbinetas de 360º, coa finalidade de otimizala ó máximo e ó mesmo tempo aforrar auga. Precisamente para minimiza-lo consumo de auga na medida do posible, o viveiro conta cunhas canles de recollida de auga, que é almacenada nun punto común, e que volve de novo ó circuíto de rega. O tempo de rega durante o verán é de unha hora ou unha hora e media por día.

O SOLO
O solo dos invernadoiros está cuberto na súa totalidade por malla antiherbas, coa fin de impedir o crecemento de malas herbas e ademais utilizar as cuadrículas marcadas nas mesmas como ferramenta de orientación á hora de colocar as macetas de forma homoxénea por toda a superficie.

PLANTA NAI
Denoy utiliza planta nai producida por eles mesmos como material para obtención de esgallos para a reproducción. Esta planta nai plantase en campo nas proximidades dos invernadoiros donde se realiza o esgallado, e utilizase como tal ata que a planta acada os 15-16 anos de idade, momento no cal é substituída por unha nova.

ARRANCADO DA PLANTA PARA CEPELLÓN
Para levar a cabo esta labor, o viveiro conta con unha máquina de facer cepellóns. Esta máquina conta con diversas cuchillas de diámetros diversos, en función do tamaño do cepellón que se queira acadar. O diámetro do cepellón determina o tamaño e tipo de contenedor que se vai a utilizar. A máquina conta ademais cunha grúa que axuda á hora do manexo da planta. Aínda así, é necesario o traballo de 3 persoas. O arrancado de planta realizase nos meses comprendidos entre Xullo e Novembro. Por outra banda, as podas en campo realizanse 2 veces ó ano.

PANTALLA TÉRMICA

Este tipo de cuberta é utilizada para o aumento da temperatura en 3-4 ºC no cultivo da azalea.

PLAGAS E ENFERMIDADES

A doenza que mais afecta a este tipo de cultivos é a Phitophtora. Para evitala, levanse a cabo distintas medidas, sempre enfocadas cara á prevención:

-Funxicidas: Fosetil cada 21 días.
-Baixada da humidade relativa.
-Labores culturais.

O ESGALLADO

Realizase con material obtido da planta nai do viveiro, e distribúese en bandexas de alveolos de 104 buratos cada unha, o cal fai que poida haber en cada fila ata 8000 esgallos, e mais de 1 millón en toda a superficie do invernadoiro. O cultivo destes esgallos realizase en sustrato que o viveiro compra xa preparado e listo para usar, envolto en plástico negro e tratado con hormonas. Para o mantemento da humidade relativa e control da temnperatura, o invernadoiro destinado ó esgallado conta cun sistema de fog system, ademais do sistema de calefacción de gasoil. A temperatura ideal para o esgallado é de 20-22 graos, aproximadamente. Unha vez que os esgallos enraizan (aprox.2 meses), as novas plantas son transplantadas a macetas de medio litro,actividade que se realiza a mediados de febreiro.

ORIENTACIÓN DOS INVERNADOIROS

Situados sempre en dirección este-oeste, cos fin de aproveitar ó máximo as horas de luz. A superficie non útil dos mesmos é do 4-5% aproximadamente.

A continuacion presentovos unha serie de imaxes tomadas no viveiro, nas cales se observan as partes do mesmo e as tarefas que se realizan.




VISTA FORMATIVA

0 comentarios


A continuación mostrovos unhas imaxes que tomamos nunha saida organizada polo departamento de Agraria do Ies de Arzua donde fomos a unha finca situada no Concello de Touro Parroquia de Calvos, donde descubrimos unha nova forma de darlle utilidade as terras agricolas abandoadas, nelas podemos facer unha plantación de árbores ornamentais para a posterior venta a viveiros dedicados a xardineria.

Ese día poidemos ver o funcionamento dunha encepellonadora, esta máquina que nos sirve para arrincar planta con moita facilidade gracias a unha coitela que pode ser de varios diámetros, diámetro 40 cm ou 70 cm para árbores máis grandes, unha vez arrincados mediante unha grua (a cal podemos ver na foto mostrada) podemos mover a planta con cepellón con maior facilidade.
Unha vez arrincado o cepellón mediante malla de ferro dulce ( para que unha vez plantada a planta se oxide e se desfaga, a parte aporta ferro a planta, a parte o cepellón está envolto cunha tea.
Desta forma podemos transportar as árbores arrincada a calquer lugar sin lle causar ningún tipo de estrés a planta pois esta e arrancada en parada vexetativa.
As árbores para que non teñan un desenrrolo radicular moi longo e unha raíz pivotante moi profunda, anos antes de realizar o arraigo faiselle un repicado lateral e un de fondo para cortar as raices e o cepellón se desenrrole nun espacio corto, e así nos facilite a operación de arrincado da planta, sin danar moito as raíces da árbore.



Proceso de encepellado

0 comentarios

Aquí móstranse unhas imaxes que saquei nunha visita que fixemos ó día 3 de febreiro á unha finca privada, na que poidemos observar detidamente ó proceso de encepellado de árbores realizado por unha empresa adicada á trasplantar árbores para logo comercializalas. Estas árbores dende que se lle aplica ó cepellón transcorre un tempo, xa que conta ó transporte destas ata o seu destino final.
Algunhas dás especies dás que alí había eran, principalmente á que se estaba á desenrolar ó proceso de encepellado esta era:
-Pirus sp.
-Prunus sp.(Tamén había algunha variedade péndula)
-Acer sp.
Tamén esta empresa dispoñía dunha máquina arrincadora que tiña coitelas intercambiables, según á necesidade ou tamaño do cepellón, este cubríase con unha tela de esparto é despois por en riba colocábanlle malla de alambre doce, que despois a hora de plantala de novo co tempo ése alambre descompoñíase aportando ferro á planta.
Para máis detalle están ás fotos que se mostran á continuación.

INVERNADOIROS DE ÚLTIMA XERACIÓN

0 comentarios

Construcción de invernadeiros de última xeración en Colombia con tecnoloxia Española. A continuación mostrovos a tecnoloxia punta coa cal esta construido o seguiente invernadoiro, nel a corporación CORPOICA construiu varior invernadoiros.Mediante un sistema Español "ciberhause" que mediante un ordenador controla todos os mecanismos, que controlan a temperatura, a ventilación, a malla térmica, sistema de rega.

O invernadoiro ten un diseño abobedado máis alto do normal para favorecer a ventilación, usa dous tipos de plastico un de calibre 6 e outro con filtro VE, que nos permite ganar 2 grados de temperatura .

22/2/10

Arrincado de planta con cepellón

0 comentarios

O pasado mercores, 3 de febreiro desprazamonos ata unha finca para ver o proceso de arrincado de pranta en cepellón de xeito mecanizado. Uns operarios de OrvisaHouse eran os encargados desta labor. Para elo utilizaban unha máquina provista de unha cuchilla, encargada de realizar o corte das raíces.
Posteriormente, coa axuda da grua que a máquina leva instalada, levantan a planta e recubrían o cepellón con unha tela de esparto e esta a sua vez con unha malla de ferro doce, de xeito que compacta máis o cepellón, impedindo que este se desfaga. Esta malla, é moi útil, pois non é necesario quitala a hora de plantar, pois desintegrase e aportándolle incluso ferro a planta.




Tamén podedes ver a realización do proceso mediante este video realizado por un compañeiro.
A continuación deixovos o enlace:
Video

Fonte propia.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks