9/3/09

Consellos para construír unha horta

2 comentarios

Unha vez que teñamos elixido o lugar donde ubicar a horta e calculado o espacio do que dispoñemos para o cultivo das hortalizas, decidiremos a distribución da mesma ; unha horta ben planteada necesita un diseño previo con vistas a súa mellor optimización, manexo e disfrute. Prestaremos especial atención a todas as posibilidades de realizar unha integración global que potencie a biodiversidade máis alá da búsqueda dun alto rendemento .
Ó diseñalo, non olvidaremos incluir camiños o bastante anchos como para poder moverse con unha carretilla sen ter que pisar algunhas plantas para acceder a outras tamen teremos en conta unha serie de factores como o consumo familiar real. Hay que prever o consumo real, pois do contrario podemos atoparnos por exemplo con demasiados rabaniños, fáciles de cultivar, pero que se consumen pouco, en cambio, as leitugas soen estar presentes no mantel casi todos os días ó ano.
Os setos tamen van a ser importantes xa que son un refuxio de biodiversidade, frenan a acción do vento protexendo os cultivos,ademais nel anidan especies de paxaros insectívoros que serán os nosos aliados insecticidas naturais.
Podemos introducir plantas medicinales, aromáticas, ornamentales ou culinarias nos bordes dos bancais.



Conven recordar a importancia dos composteiros, os semilleiros, a caseta de ferramentas… para reservarlles unha ubicación.
No caso de dispoñer dunha amplia parcela podemos instalar pérgolas con trepadoras, un pequeno invernadeiro, columpios e area para os nenos, estanque con plantas de reciclaxe de agua e, se fora posible, paneis solares ou molinillos para ser autosuficientes enerxéticamente.
Ó principio o máis recomendable e comenzar con pequenas parcelas, arriates ou en xardineiras no balcón para que nos sirvan de campo de experimentación ata que consigamos alcanzar a experiencia suficiente como para abarcar superficies maiores. En calquera caso, unha extensión de entre 50 e 300 m2 que son suficientes para abastecer a maioría das necesidades alimentarias dunha familia.
E preferible empezar cas hortalizas que dan menos complicacions: lechugas, coles, allos, fabas, cebolas …
O ideal é facer sembras escalonadas para non encontrarnos toda a colleita na mesma época ou ben plantar variedades diferentes, de leituga por exemplo, de inverno, primaveira ou veran.
Os seguites pasos vannos axudar á hora de construir unha horta:
-Retirar as malas herbas.
- Elixir un terreo o máis chan posible porque e máis fácil de cultivar.
- Si o terreo está en pendente o más recomendable e que esté orientado ó sur.
- Descarte as terras pouco profundas sobre un solo rocoso xa que a súa producción será moi escasa.
- Tampouco é convinte cultivar en lugares onde a súa agua se estanca .
- Rotar os cultivos para que as plantas aproveiten todos os nutrientes.
- Para ter que regar menos o xardín ,conven rodealo dun seto e introducir cortaventos.
- Valore a posibilidade de utilizar un sistema de rego por goteo.
- Para organizar os cultivos, divida a horta en parcelas máis pequenas.
- Recorde que hai que preparar a tierra en outono ou primavera para que esté máis mullida.

Viveiro Flor de Lires II

0 comentarios

Para continuar co post do outro día sobre o viveiro flor de lires , quero facer mención sobre as instalacións de que dispoñen . Moi amablente ensiñoumas o encargado Juan Ramón . MAQUINARIA E INSTALACIÓNS
1. Sistema de rego O viveiro dispón dun sistema de rego por aspersión automatizado e tamén contan con nebulizadores. Nas zonas ó aire libre utilizan rego por goteo. Posúen tanques de abonado que funcionan paralelamente co rego. Captan a auga de dous depósitos e tamén da traída. Para evitar problemas de abastecemento no verán teñén dúas balsas de acopio de auga.
2. Sala de almacenaxe do material e esgallado Nesta sala hai dúas máquinas que nunca vira.Unha de fabricación italiana que utilizan para podar as prantas. Estas pasan por unha cinta transportadora e unhas cuchillas realizan as podas a diversas alturas según sexa programada. A outra máquina serve para realizar o transplante nas macetas citadas antes de 7-8 litros.
O proceso é o seguinte: por unha cinta transportadora suminístrase o sustrato acompañado de abono. Esta mezcla chega a máquina que por unhas cintas é depositada na maceta, faille un oco para a pranta que se vai trasprantar procedente das bandexas. Unha vez trasprantada pasaría a zona de descanso. Con estas máquinas alcanzan unha produción de 3000 plantas hora. Cubren as macetas para evitar a aparición de malas herbas con corteza de pino ou de coco, dándolle mellores resultados esta última.
A pena que non poiden coñecer persoalmente a Lode , pero sin embargo télefonicamente sí . Estaba moi liado nesa semana. De todas maneiras agradecerlle pola trato que me deron .


Deixovos un video coa exlicación sobre a produción no viveiro

Os nosos castiñeiros vellos

1 comentarios

Está ben producir planta para logo facer repoboacións forestais , ben productivas, ben protectoras, pero tamén debemos tratar de conservar as nosas ábores vellas. Algunhas destas árbores son dunha beleza extraordinaria, ademáis moitas delas sacaron a moitas familias da fame, e son parte da nosa historia.
Ao igual que as persoas imos cara o médico para que nos examine e nos faga o diagnóstico das nosas doenzas, nós tamén podemos facer un diagnóstico das doenzas destas árbores, para despois poder tratalas e intentar conseguir que poidan permanecer máis tempo con nós. Así poderán velos e disfrutalos os nosos fillos e os nosos netos.
Moitos destas árbores poderían ter a catalogación de árbore senlleira.



Tamén podese tratar de recuperar non só arbores aillados se non que podese tratar de recuperar os soutos.Nesta presentación podese ver o proceso para a recuperación dun souto.
É importante ver como a técnica de facer inxertos, que vimos neste módulo, é de aplicación para o saneamento dos arbores.

Butchar

3 comentarios

O pasado sabado 21 de febreiro no xornal O País no seu apartado chamado o viaxeiro mostra un xardin que se pode visitar, está situado na cidade de Victoria na illa de Vancouver coñecida como illa dos xardíns en Canada.
O xardín e de propiedade privada pertence a familia Butchar debido a que Jenie Butchar transformou unha antiga canteira abandonada que pertencia a sua familia nun xardín.
O xardín ten unha extensión de 22 has está aberto todos os días do ano e atrae todos os anos a máis de un millón de visitantes sobretodo entre os meses de marzo a outono que e cando máis florecido está, debido a esto foi declarado sitio de especial interes en Canada.
Neste enlace farás unha viaxe virtual polo xardín.


Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks