24/1/09

Coto muiño

0 comentarios

Vou a falar de finca Coto muíño propiedade de NORFOR, ten 685 has dedicadas a investigación e produción de eucalipto, esta situada preto de Baiñas no Concello de Zas, na provincia da Coruña. A maioría das parcelas da finca están plantadas con clon 14 tamen chamado 3341 AR (Anselmo Rama) que foi o enxeñeiro que o descubriu.

Segundo Xaquín encargado da finca este clon e un dos de maior produción que hai, ten un crecemento en altura de 2,5 m por ano, e en torno a 30 Tm/ha/ano, crecemento moi superior si o comparamos coas 17 Tm/ha/ano que medra un eucalipto normal nesta zona, tamén hai algunhas parcelas plantadas con clon 18
As parcelas desta finca plantadas con clons no poden pasar de 10 ha de superficie continuas para así poder cumprir os criterios da norma P.E.F.C a que esta inscrita a empresa.

O eucalipto procedente de clon desenrola a folla adulta(na foto folla da dereita) en menos tempo que un eucalipto normal (na foto folla esquerda) así o eucalipto e menos propenso o ataque de Micosphaerella, sendo esta outra ventaxa do eucalipto procedente de clon.

20/1/09

Excursion O viveiro de Norfor en Figueirido

0 comentarios

O pasado día 12 de xaneiro fixemos unha visita o viveiro de NORFOR , da empresa ENCE en Figueirido –Pontevedra.
No viveiro estabamos a esperar unha empregada que nos puxo un pouco o tanto de como funcionaba o recinto. O viveiro con 80.000m2 divídese en 4 zonas :
1.Unha sala de control de rego
2.Unha zona adicada a planta de temporada e ornamental 16.600m2
3.Unha zona para a produción de planta forestal, 17600m2
4.Unha zona para a producción de clons de Eucalipto14600m2

A verdade e que daba a sensación de estar un pouco abandonado a sorte de Dios , eu estiven nesas instalacións hai 5 anos e tiñan mellor pinta, estaba máis coidadas .O viveiro é unha concesión da Comunidade de Montes de Figueirido con NORFOR .
Segundo nos comentaba a empregada levaron a maquina sementadora que tiñan para o viveiro que ten Norfor en Navia, polo que facíase a sementeira en Asturias e logo viñan as bandexas en camións ata Figueirido, e polo que nos comentaron saíalle rendible
De igual xeito ocorría ca zona onde tiñan os clons , antes producíanos aquí e agora producen os clons e Huelva e tráenos tamén en camións. Isto débese á alta humidade de Galicia polo que no inverno obtiñan entre un 50% e 60% de supervivencia e no verán alcanzaban valores óptimos de 95%-96%, este ocasionáballe problemas de Mycosphaerella e Botrytis polo que tiñan oca gastos para aplicar produtos fitosanitarios .
Sinalar que os clons proveñan de árbores plus . A zona onde estaban os clons tiña unha temperatura e humidades constantes , isto era importante para o desenvolvemento dos clons .
O invernadoiro tiña sensores de temperatura , humidade , ventiladores, sistemas de calefacción .
A temperatura dentro do invernadoiro regulábase a través duns ventiladores que extraian o calor de dentro do invernadoiro axudados por unhas laminas parecidas a uns paneis de abellas ,que chamaban “pantalla de culling” Estes paneis tiñan un buratos polos que circulaba auga subministrada a través duns depósitos que tiñan a ambos lados do invernadoiro . Os ventiladores desprazaban o aire quente e absorbían o aire máis frío que proviña da pantalla de culling.


NORFOR

19/1/09

Coñecendo as plantas de temporada

0 comentarios

Hoxe vouvos presentar uns traballos sobre produción de planta que realizaron os alumnos e alumnas deste ciclo co gallo de recoñer algunhas das plantas de temporada máis utilizadas na xardinería actual e tamén determinar a súa forma de reprodución e as características máis importantes para poder levala a cabo dunha forma correcta.
Disfrutadeas (é un traballo do máis interesante)






Excursión a Norfor

0 comentarios

O luns 12 de xaneiro os ciclos de forestais do IES de Arzúa fomos de visita o Areeiro, a Lourizán e a Norfor. Empezarémosvos contando a nosa visita o viveiro de Norfor.
Norfor é un viveiro que se atopa no concello de Pontevedra e actualmente a súa produción está destinada principalmente ó ámbito forestal.
Producen sobre todo Pinus pinaster, Pinus radiata, Eucalyptus globulus e Eucalyptus nitens. Antes facíase a sementeira no propio viveiro pero agora por motivos económicos tráense as bandexas sementadas dende Navia, transportándoas cun trailer, xa que a sementadora foi levada para aló.
Unha vez aquí as bandexas son colocadas nun invernadoiro que ten calefacción para que a temperatura non descenda dos 6ºC, malla de sombreo para evitar que as radiacións solares danen a planta e un sistema de rego automático e móbil.
Cada alvéolo posúe dúas sementes e unha vez que nacen hai que facer unha seleción eliminando unha delas.
As mesas nas que están as bandexas son rodantes. Estas deslízanse mediante un carril fora do invernadoiro onde pasan a un remolque (que pode levar 3 mesas á vez) que as transporta a unha explanada. Todo este proceso faise unha vez nacida a planta para que se habitue as condicións externas.
Noutra zona do viveiro teñen outro invernadoiro con sombreo automático, rego por aspersión automático, termohidrógrafo (é un aparello que rexistra simultaneamente a temperatura do aire e da humidade), un sistema de ventilación cooling system e ventás cenitais. É aquí onde teñen os clons de Eucalyptus que traen dende Huelva debido a que alí a porcentaxe de supervivencia é maior xa que as condicións climáticas son mellores e non hai tanto problema de Botrytis e Micosfarella. O prezo de venta ó público é de 0,45€ a planta de clon de Ecalyptus e de 0,19€ a planta de Eucalyptus procedente de semente. As vantaxes do clon é que son máis resistentes as xeadas e acúrtase o turno de corta, aínda así a xente é reacea a comprar clons debido ó elevado custo.
A maioría das ventas son realizadas a patrimonio aínda que tamén venden a particulares.
Fai uns anos realizaban estaquillado de Eucalyptus. Selecionábanse árbores plus de onde se obtiñan as estaquillas que se facían enraizar para crear bonsais de onde sacaban máis estaquillas. Tiñan entre 16-17 clons dos cales 2 eran galegos.
No viveiro pódense atopar outras zonas coma a de exposición a venta en cepellón e a raíz núa, oficinas, máis invernadoiros, balsas,...
Ata fai uns anos tamén se adicaban a planta ornamental pero actualmente téñena alquilada a Arte Natur.
A continuación mostrámosvos unhas fotos da visita.

Creado por Sandra e Natalia.

Imaxes da excursión de Lourizan

0 comentarios

Este post e unha continuación do que colgamos conxuntamente Rocío Gardes e máis un servidor.

Excursión ó Areeiro

0 comentarios

Seguindo co traballo dous meus compañeiros voume centrar na sección de ornamental e fruticultura dá Estación Fitopatolóxica dó Areeiro.
Dentro dá sección de ornamental céntranse no estudo e cultivo dá camelia, xa que se pode asegurar que a camelia forma parte do patrimonio histórico e botánico galego. Contáronnos que as camelias eran símbolo de nobreza xa que só se atopaba nos xardíns das casas señoriais da nobreza galega, sen embargo hoxe en dia pódense atopar en calquera tipo de xardín, parque... A camelia é unha planta de orixe oriental pero, despois de moitos estudos, investigacións, etc. chegáronse a descubrir variedades que se poden considerar autóctonas.
Puxeron en marcha unha nova liña de investigación para a recuperación de cultivares de camelias antigas (algunhas camelias contan con máis de 200 anos e compre manter a súa variedade), liña que se puido iniciar co financiamento dá Xunta durante ou 2003-2005. Dentro dous xardíns da estación hai multitude de variedades de camelia, tanto en invernadoiro como ou ar libre.
Segundo comentaron-nos entre vos xardíns dó Pazo Provincial, dó Castelo de Soutomaior e a finca dó Areeiro contan con máis de 500 variedades de camelia, dá que máis tinxen é dá Camellia japonica.
Nun percorrido que nos levaron a facer polos xardíns dás instalacións podemos comprobar a grande variedade de camelias que hai (con follas máis grandes, máis pequenas, flores de distintas cores...)
Outras das especies obxecto de estudo no areeiro son vos fentos arbóreos, para poder reproducilos, posto que son pouco viábeis vos métodos tradicionais, precísanse diversas técnicas in vitro.
Non xardín tinxen diversos exemplos de fentos.

Dentro dá sección de fruticultura contáronnos que se centran principalmente na introdución de novas especies froiteiras de interese para a nosa comunidade (centrando-se actualmente en kiwie kiwiño). Tamén realizan estudos para mellorar os froitos, co fin de obter froitos de maior calidade.


Vaxe ó viveiro de Norfor(Figueirido)

0 comentarios

Onte día 12 de xaneiro fixemos unha excursión a Pontevedra. Visitamos a Estación Fitopatoloxica de Areeiro, e máis o viveiro forestal da empresa Norte Forestal (NORFOR).

Eu vou falar un poucoda 2ª visita, a do viveiro do Norfor por ser a que máis esta relacionada co modulo de produción de planta.

O viveiro de Norfor esta situado no lugar de Figueirido, provincia de Pontevedra.

norfor(Vista aérea do viveiro).Sixpac

En primeiro lugar dicir que este viveiro pertence á empresa Norfor filial da empresa produtora de pasta ENCE. A súa maior produción de planta baséase no eucalipto, xa que moita da planta que produce vai para os seus montes de patrimonio ou ben para montes que a empresa ten en convenio cos particulares ou con comunidades de montes. Tamén produce e comercializa pinus pinaster, radiata, e algunhas frondosas

Segundo nos explico a xefa de cuadrilla do viveiro ata fai 2 anos facían neste viveiro de Figueirido o ciclo completo da produción da planta, sementeira estaquillado, e comercialización, pero dende hai 2 anos para acá, a sementeira faise no viveiro de Navia,(Asturias),xa que está situado nunha zona comercialmente mais estratéxica, ademais de ter mais demanda de planta nos arredores que o que ten o viveiro de Figueirido. Unha vez que as bandexas son sementadas (colocan 2 sementes por bandexa) transportase ao viveiro de Figueirido para o seu desenrolo.

Aquí métense nos invernadoiros, mediante unhas plataformas e uns carris que facilitan as labores e aproveitan o máximo o espazo do invernadoiro, onde a semente realiza a súa nascencia e o seu primeiro desenrolo. As planta nos invernadoiros permanecen baixo unas condición de temperatura e humidade totalmente controlada. Teñen un sistema de ventilación Cooling e apertura do invernadoiro cenital. Todo esta automatizado.

12 enero 2009 (28) (Interior do invernadoiro)

Cando a planta ten unha dimensión adecuadas vaise sacando fora do invernadoiro, para ir aclimatando á planta ao exterior, e as condicións nas que posteriormente tera no monte donde se realice a plantación. Todo isto se fai grazas ás plataformas rodantes onde estaban situadas as bandexas e a un remolque que transportaba as plataformas de 3 en 3. Posteriormente faise a selección da planta, xa que como dixemos antes sementaban 2 sementes por bandexa. E unha vez que a planta ten a altura e robustez adecuada, pódese dicir que está lista para a súa comercialización e para levala cara o monte.

12 enero 2009 (42)(Planta aclimatándose no exterior)

Ademais de producir planta por semente, esta empresa tamén produce planta de esgallo, de clones xeneticamente superiores. O esgallado, ó igual que o sementado dende fai 2 anos no o fan neste viveiro sino que o fan no viveiro que teñen en Huelva, xa que as condición atmosféricas son mais axeitadas, sobre todo no inverno, onde si no se aplicaban gran cantidade de produtos fitosanitarios a mortalidade podía alcanzar o 50% debido a Botrytis spp, e a Mycospharaella spp. Unha vez que se realiza o esgallado alí, tráese cara Figueirido en camións, para que dende aquí se distribúan (Planta con Botritis spp.)

BOTRITISO esgallado o fan en envasetipo "super leach" de unha capacidade de 125 cc. e o fan de dous tipos de madeira grosa e xemas terminais, segun nos dixo a xefa os esgallos terminais van moito meior xa que non hai que facerlles unha selección de guías.12 enero 2009 (40)(Detalle do esgallo en super leach)

A diferencia da calidade da planta entre as plantas procedentes de semente e as de esgallo e moi grande, ( ten un maior crecemento, maior produción e unha maior resistencia ás xeadas pero tamén ten unha diferencia de prezo substancial, de 0.19 cts a de semente a 0.45 cts a de esgallo, polo que a xente aínda e reacia a comprar a de esgallo.

Tamén comercializan frondosas como son "Quercus rubra", "Castanea spp", "Quercus robur", "Acer pseudoplatanus", etc. pero no o producen aquí, sino que compran a planta xa feita, e a aviveiran ata a súa comercialización.

12 enero 2009 (23) (Aviveirado das frondosas)

Dentro do viveiro tamén comercializan outro tipo de plantas, como son ornamentais, de interior, xardinería, e ademais teñen a venta materiais para traballar no campo.

12 enero 2009 (48)

Imaxes da visita á Norfor

0 comentarios

Estación Fitopatolóxica "do Areeiro"

0 comentarios

Continuando ca presentación da nosa compañeira Rocío T., falareivos un pouco de como se creou a estación:
Ó chegar alí recibiunos o director do centro, Pedro Mansilla, e contounos que el leva traballando en Areeiros case desde o comezo, desde a súa fundación en 1980. Tras un período de tempo experimental, xa se instalaron na actual finca, anteriormente adicada o gando e a probas de cultivo de tabaco.
Os veterinarios da explotación gandeira residían alí mesmo, así que, co tempo puideron converter esas instalación en laboratorios.
Este espazo contaba xa de aquelas cos requisitos de tamaño e situación para dispoñer de laboratorios e parcelas de experimentación en campo.
En 1984, incorporouse o actual director, que viña do Centro de Lourizán; E conta que de aquelas eran unhas 50 persoas, 30 funcionarios e o resto traballaban alí por convenios becas....
Durante os primeiros anos a Estación adicouse principalmentee o diagnostico de pragas e enfermidades por fungos, sendo este o seu obxectivo primario, que aínda segue presente e incluso ampliado ; Dende entón axudan ó agricultor asesorándolle na materia fitopatolóxica e indícanlles as medidas de protección e control. En materia de fitopatoloxía o diagnóstico que antes só cubría a área de enfermidades fúnxicas completouse có das enfermidades producidas por bacterias e nematodos.
Hoxe en dia calquera pode levar alí mostras dos efectos de fungos,insectos, enfermidades...de xeito gratuíto; no centro investigarán e moi posiblemente averiguaran que foi o que causou estes danos.
A partir de 1984, coa entrada na Estación de novos técnicos, ampliáronse os obxectivos creándose unha nova área adicada a fruticultura. Esta nova unidade de fruticultura ten por misión a recuperación de variedades autóctonas galegas en canto a froiteiras se refire (de óso e de pepita), e a introdución de novas especies e variedades froiteira aptas para a nosa zoa, realizando os estudos previos de aclimatación e agronomía. Os resultados obtidos destas experiencias transmítense ós fruticultores por medio de conferencias e publicacións, asesorándolles sobre tódolos aspectos de estes cultivos.
Xa case nos 90 inaugurouse o Laboratorio de Solos, anexo á Estación de Fitopatolóxica do Areeiro; seus obxectivos primarios son a realización de análises de solos traídos polos agricultores e Servizos Oficiais. Partindo da interpretación de ditos análises , aconsellan as correccións pertinentes e os abonados óptimos para os seus cultivos.
Alí comentábannos que case tódalas mostras a analizar proviñan da provincia de Pontevedra, aínda que algunha tamén lles chegaba de fora, xeralmente,son para terras de cultivo, maiormente para o de vides. Falaban tamén de que o traballo se lles concentra sobre todo nos meses de inverno.
Finalmente, no 1993, crease o primeiro laboratorio de Loita Biolóxica que existe en Galicia, laboratorio onde se poñen a punto métodos de cría artificial de artrópodos e nematodos beneficiosos de interese agrícola e forestal en Galicia, onde se crían masivamente (e posteriormente se transfiren ós agricultores).
Lembrar que na Estación Fitopatolóxica do Areeiro cobren ademais do área de diagnóstico, outras como son a de Avisos Fitosanitarios, na que a través dos datos recollidos en campo e das condicións meteorolóxicas da zoa , envían notas informativas ben a través do Boletín que emite periodicamente a Estación. Nestoe "Avisos" dánse as informacións oportunas en canto á evolución dos diferentes axentes fitopatóxenos que afectan ós nosos cultivos, así como as medidas de control necesarias para combatilos.
Ademais, a Estación Fitopatolóxica desde o seu inicio preocupouse pola investigación (experimentación) dentro de cada unha das súas unidades.
Conscientes da importancia que ten unha boa formación dos aagricultores para obter uns maiores beneficios do campo, tamén imparten cursos formativos sobre distintas áreas como: Curso sobre enfermidades fúnxicas da viña, problemas fitopatóxenos no kiwi, propagación de cultivos ornamentais, podas, etc
Tódalas fotos son feitas por o noso compañeiro Xosé, que nun futuro post amosaranos alguns videos co que alí nos contaron.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks