19/1/09

Estación Fitopatolóxica "do Areeiro"

Continuando ca presentación da nosa compañeira Rocío T., falareivos un pouco de como se creou a estación:
Ó chegar alí recibiunos o director do centro, Pedro Mansilla, e contounos que el leva traballando en Areeiros case desde o comezo, desde a súa fundación en 1980. Tras un período de tempo experimental, xa se instalaron na actual finca, anteriormente adicada o gando e a probas de cultivo de tabaco.
Os veterinarios da explotación gandeira residían alí mesmo, así que, co tempo puideron converter esas instalación en laboratorios.
Este espazo contaba xa de aquelas cos requisitos de tamaño e situación para dispoñer de laboratorios e parcelas de experimentación en campo.
En 1984, incorporouse o actual director, que viña do Centro de Lourizán; E conta que de aquelas eran unhas 50 persoas, 30 funcionarios e o resto traballaban alí por convenios becas....
Durante os primeiros anos a Estación adicouse principalmentee o diagnostico de pragas e enfermidades por fungos, sendo este o seu obxectivo primario, que aínda segue presente e incluso ampliado ; Dende entón axudan ó agricultor asesorándolle na materia fitopatolóxica e indícanlles as medidas de protección e control. En materia de fitopatoloxía o diagnóstico que antes só cubría a área de enfermidades fúnxicas completouse có das enfermidades producidas por bacterias e nematodos.
Hoxe en dia calquera pode levar alí mostras dos efectos de fungos,insectos, enfermidades...de xeito gratuíto; no centro investigarán e moi posiblemente averiguaran que foi o que causou estes danos.
A partir de 1984, coa entrada na Estación de novos técnicos, ampliáronse os obxectivos creándose unha nova área adicada a fruticultura. Esta nova unidade de fruticultura ten por misión a recuperación de variedades autóctonas galegas en canto a froiteiras se refire (de óso e de pepita), e a introdución de novas especies e variedades froiteira aptas para a nosa zoa, realizando os estudos previos de aclimatación e agronomía. Os resultados obtidos destas experiencias transmítense ós fruticultores por medio de conferencias e publicacións, asesorándolles sobre tódolos aspectos de estes cultivos.
Xa case nos 90 inaugurouse o Laboratorio de Solos, anexo á Estación de Fitopatolóxica do Areeiro; seus obxectivos primarios son a realización de análises de solos traídos polos agricultores e Servizos Oficiais. Partindo da interpretación de ditos análises , aconsellan as correccións pertinentes e os abonados óptimos para os seus cultivos.
Alí comentábannos que case tódalas mostras a analizar proviñan da provincia de Pontevedra, aínda que algunha tamén lles chegaba de fora, xeralmente,son para terras de cultivo, maiormente para o de vides. Falaban tamén de que o traballo se lles concentra sobre todo nos meses de inverno.
Finalmente, no 1993, crease o primeiro laboratorio de Loita Biolóxica que existe en Galicia, laboratorio onde se poñen a punto métodos de cría artificial de artrópodos e nematodos beneficiosos de interese agrícola e forestal en Galicia, onde se crían masivamente (e posteriormente se transfiren ós agricultores).
Lembrar que na Estación Fitopatolóxica do Areeiro cobren ademais do área de diagnóstico, outras como son a de Avisos Fitosanitarios, na que a través dos datos recollidos en campo e das condicións meteorolóxicas da zoa , envían notas informativas ben a través do Boletín que emite periodicamente a Estación. Nestoe "Avisos" dánse as informacións oportunas en canto á evolución dos diferentes axentes fitopatóxenos que afectan ós nosos cultivos, así como as medidas de control necesarias para combatilos.
Ademais, a Estación Fitopatolóxica desde o seu inicio preocupouse pola investigación (experimentación) dentro de cada unha das súas unidades.
Conscientes da importancia que ten unha boa formación dos aagricultores para obter uns maiores beneficios do campo, tamén imparten cursos formativos sobre distintas áreas como: Curso sobre enfermidades fúnxicas da viña, problemas fitopatóxenos no kiwi, propagación de cultivos ornamentais, podas, etc
Tódalas fotos son feitas por o noso compañeiro Xosé, que nun futuro post amosaranos alguns videos co que alí nos contaron.

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks