20/1/09

Excursion O viveiro de Norfor en Figueirido

O pasado día 12 de xaneiro fixemos unha visita o viveiro de NORFOR , da empresa ENCE en Figueirido –Pontevedra.
No viveiro estabamos a esperar unha empregada que nos puxo un pouco o tanto de como funcionaba o recinto. O viveiro con 80.000m2 divídese en 4 zonas :
1.Unha sala de control de rego
2.Unha zona adicada a planta de temporada e ornamental 16.600m2
3.Unha zona para a produción de planta forestal, 17600m2
4.Unha zona para a producción de clons de Eucalipto14600m2

A verdade e que daba a sensación de estar un pouco abandonado a sorte de Dios , eu estiven nesas instalacións hai 5 anos e tiñan mellor pinta, estaba máis coidadas .O viveiro é unha concesión da Comunidade de Montes de Figueirido con NORFOR .
Segundo nos comentaba a empregada levaron a maquina sementadora que tiñan para o viveiro que ten Norfor en Navia, polo que facíase a sementeira en Asturias e logo viñan as bandexas en camións ata Figueirido, e polo que nos comentaron saíalle rendible
De igual xeito ocorría ca zona onde tiñan os clons , antes producíanos aquí e agora producen os clons e Huelva e tráenos tamén en camións. Isto débese á alta humidade de Galicia polo que no inverno obtiñan entre un 50% e 60% de supervivencia e no verán alcanzaban valores óptimos de 95%-96%, este ocasionáballe problemas de Mycosphaerella e Botrytis polo que tiñan oca gastos para aplicar produtos fitosanitarios .
Sinalar que os clons proveñan de árbores plus . A zona onde estaban os clons tiña unha temperatura e humidades constantes , isto era importante para o desenvolvemento dos clons .
O invernadoiro tiña sensores de temperatura , humidade , ventiladores, sistemas de calefacción .
A temperatura dentro do invernadoiro regulábase a través duns ventiladores que extraian o calor de dentro do invernadoiro axudados por unhas laminas parecidas a uns paneis de abellas ,que chamaban “pantalla de culling” Estes paneis tiñan un buratos polos que circulaba auga subministrada a través duns depósitos que tiñan a ambos lados do invernadoiro . Os ventiladores desprazaban o aire quente e absorbían o aire máis frío que proviña da pantalla de culling.


NORFOR

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks