4/5/09

Premios edublogs 2009

6 comentarios


Ola meus queridos alumnos e alumnas, acábome de enterar que fomos premiados no III Premio Espiral Edublogs, no que como sabedes participamos como blos de aula para ciclos formativos.
Gustariame felicitarvos pois fostedes vós os que o fixestedes posible, debedes estar orgullosos e orgullosas do voso traballo e de ser "coelliños de indias" nesto das novas tecnoloxías.

Dende aquí tamén felicitar a todos os participantes, en especial ó gañador desta categoría que foi o Ciclo Superior de Mantemento de Equipo Industrial do IES Laxeiro de Lalín. Está claro que en Galicia algo se move...

Os nosos agradecementos á Asociación Espiral, Educación y Tecnología, polos seus esforzos para dar a coñecer novos xeitos de ensinar, aproveitando as novas ferramentas que están a nosa disposición. Grazas pola difusión e polo entusiasmo para organizar estes premios cada vez con máis prestixio.

Houbo máis blogs galegos premiados:
E outros moitos finalistas, (mellor ditos moitísimos)

Está claro que en GALICIA algo moi importante está a pasar, estase revolucionando o ensino dende moitos lugares: TICs, Bibliotecas.... ESTO ESTÁ A SER UNHA PASADA

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks