26/12/08

O muérdago

0 comentarios

Seguindo ós meus compañeiros eu tamén vos vou falar das plantas de nadal, pero neste caso en concreto só vos vou mencionar unha delas. É o muérdago (Viscum ssp.). Decidinme por esta porque a pesares de estar actualmente considerada planta de nadal eu aínda nunca a vira a vender, ata o outro día que a vin no hipermercado Carrefour nuns paquetiños de plástico e co estupendo prezo de 1,99€.

DSC00275 DSC00276

Estes paquetiños levan consigo unha etiqueta que pon o seguinte texto:

"El muérdago es considerado una planta mágica, símbolo de la paz, un poderoso amuleto protector de las casas y sus moradores. Proporciona suerte y amor eterno.

Según la tradición el muérdago se tiene que regalar y una vez en casa se ha de colocar cerca de la puerta de entrada para que no pasen los malos espíritus. Al año siguiente éste tiene que quemarse y sustituirse por uno nuevo que también tiene que ser regalado. Y así cada año."

Logo de ver e ler isto, investiguei un pouco sobre este tema e descubrin que o muérdago si está considerada unha planta máxica a cal ten moitas propiedades, entre elas: a de fins terapeúticos que está demostrado cientificamente que si funciona, sobre todo en pacientes con cancro; a de amor eterno, esta lenda di que se das un bico debaixo dun muérdago o amor perdura para sempre, esta propiedade non está demostrada; e por último sorte que é outra das propiedades que tampouco está demostrada.

Creo que debemos estar moi pendentes de como vai evolucionando esta planta nos mercados porque ó mellor dentro duns anos os productores de plantas ademais da flor de pascua (Euphorbia sp), do abeto (Abies sp) e moitas outras que xa teñen unha gran venta nestas datas, tamén van ter que dedicar un espazo a esta planta que por un lado é parásita pero por outro ten grandes valores mitolóxicos e curativos.

15/12/08

Plantas de Nadal

0 comentarios


Esta chegando o Nadal,época propicia para a floración de moitas das plantas consideradas de Nadal propiamente.
Este tipo de plantas caracterizase por posuir flores brillantes, coloreadas que reflexan o tema real da celebración navideña .Aquí vos deixo algúns exemplos:

- AS ROSAS DE NADAL: Tamen coñecidas como A Neve ou A rosa do inverno. O nome Heleboro significa “alimento que mata” xa que é unha planta tóxica por inxestión .É unha planta nativa de Europa e Asia Menor ,vivaz ,de follaxe perenne que crece nas rexións montañosas dos Apeninos dos Carpatos e dos Alpes. É apreciada dende o punto de vista ornamental debido a súa vigorosa floración en épocas de frío,onde a maioría de especies se atopan en letargo,esta enchenos de beleza os nosos xardíns.
- O ACIVRO: É unhas das especies importantes navideñas o que fai que o emprego desmesurado desta arbore poña perigo a súa propia existencia : a especie está protexida pola ley e o seu comercio ou extración procedente de exemplares silvestres está prohibida. Como curiosidade: Según a tradición américana do Nadal, de estaren un mozo e unha moza debaixo da pola dun acivro deben bicarse.
- HEDRA: E unha especie botánica orixinaria dos bosques húmidos do oeste,o centro e o sur de Europa .E unha planta trepadora de folla perenne que simboliza o amor verdadeiro e a fidelidade tanto en matrimonio como en amizade.
- MUERDAGO: É unha planta que se asocia inconscientemente ó Nadal,o seu orixen remontase ó orixen pagano
- POINSETTIA: Esta é unha das plantas máis importantes do Nadal,orixinaria de México.Existen varias lendas e historias relacionadas ca flor. O primeiro embaixador de México, Joel Poinsett trouxo as plantas de América en 1828. Os mexicanos no siglo XVIII pensaron que as plantas eran simbólicas da Estrela de Belén,por tanto,a Poinsettia asociouse coa estación do Nadal.

13/12/08

¡Chegou o nadal!

0 comentarios

As flores navideñas simbolizan a esencia verdadeira da festa.

Así as flores de cores brilantes reflicten a ledicia, contrastada co verde, que simboliza o triunfo, a lonxevidade e a inmortalidade, pois representa a abundancia da natureza nos bosques e campos, e isto tráenos a esperanza e tranquilidade.
Cada flor típica do nadal ten unha importancia simbolica e xoga un determinado papel:

•As “rosas do nadal”: (Helleborus niger)
Os “Eléboros” son plantas famosas en Inglaterra, as veces tamén chamadas “rosas do inverno” ou “da neve”. Florece naturalmente nesta época nas montañas de Europa Central.
A ela van ligadas diversas lendas vinculadas co nacemento de cristo.
•O Acivro: (Ilex aquifolium)
É unha das plantas máis importante nesta época. Non só asociado ó cristianismo, se non tamén cos romanos e ó islam.
En todas estas culturas considérase símbolo da boa sorte e da masculinidade.
Orixinario de todo os países do entorno mediterráneo, trátase dunha especie protexida en Europa. Os seus bonitos froitos vermellos e as follas espiñosas de verde escuro intenso converterono nun adorno perfecto para decorar as casas durante a Pascua Navideña, unha tradición que terminou por mermar a súa presencia en gran parte do seu hábitat natural. Na Península Ibérica, atopámolo na metade norte, en bosques de coníferas e carballos.

•A Hedra: (Hedera elix)
Simboliza tres feitos; adhirese, prospera á sombra e é de folla perenne.
Tamén significa o amor verdadeiro e a fidelidade.




•O Muerdago: (Viscum album)
A tradición desta flor remontase a un orixe pagano, dos druidas celtas, que admiraban esta planta parásita, por carecer de raíces e aínda así permanecer sempre verde; crían que tiña poderes máxicos curativos, como antídoto para moitos velenos, para a fertilidade e para espantar ós malos espritos.
Tamén considerado símbolo da paz; e créese que os que se bicaron baixo muerdago na navidade teñen asegurada a boa sorte e a felicidade ó ano seguinte.
Medra preferentemente nas ramas de enciñeiros, pinos e carballos, no que a simple ollada parece unha madexa de talos en forma de pelota.
Por suposto, o muérdago pódese comprar xa cortado, en feiras navideñas, a míudo formando parte de pequenos ramos con outras plantas sempre verdes, e casi sempre con baias. Na antigüedade, o rito de cortarlo muérdago era respetuoso e complexo. A tradición decía que había que pedir permiso á planta antes de cortala, e que quen non o fixera ca debida reverencia sufriría todo tipo de males. Había que cortalo cando a lua tiña seis días, empregando unha fouce de ouro e evitando que caera o chan.

•A Flor de Pascua: (Euphorbia pulcherrima)
E unha das plantas máis importantes e vistas no nadal en todolos fogares.
(Algúns compañeiros xa falaron dela).
E nativa de Mexico, alí asociabana ca estrela de Belén, polo que se asociou ca estación navideña.
Chaman a atención as súas follas vermellas, que en algúns exemplares poden ser amarelas ou rosas, pero na realidade tratanse de brácteas, follas transformadas. Prácticamente todalas plantas que se venden nas floristerías europeas e de Norteamérica son exemplares de viveiro.

•Abetos ou pinos do nadal:
Parece ser que a tradición do uso interior do árbore do nadal comenzou en Alemaña e foise extendendo por toda Europa, adornandoos con todo tipo de obxectos decorativos.
Dependendo do lugar do mundo no que estemos, hai moitas clases de coníferas e de árbores que se empregan como "árbores de Nadal", entre outras, as piceas (Picea abies),os abetos e os pinsapos (Abies pinsapo)...
Tamén os hai artificiais.



•O rascacús: (Ruscus acoleatus)
Esta e outra planta típica da época, principalmente polo seu cor verde escuro e as suas baias vermellas. A súa consistencia coriácea fai que dure moito unha vez cortado ou podado e por isto atópase moitas veces en ramos.
O rascacús vendese de forma habitual en ramas cortadas. E de supoñer que se trate de ruscus de viveiro e non de ruscus salvaxe... pero, evidentemente, resulta difícil distinguir entre un e outro, á hora de adquirilo. Si ben non se trata dunha especie protexida, sempre e preferible que as polas para adornar procedan de exemplares de viveiro ou de podas de xardíns, para que estas chamativas plantas poidan seguir adornando os bosques e sigan sendo unha sorpresa para o camiñante, nestas datas.


Fontes:http://christmascarnival.com
www.Zonaverde.net
http://www.Plantasyhogar.com

Poinsetia

1 comentarios


Un ano máis, como de costume, xa merquei a miña flor de Pascua ou Poinsetia (Euphorbia Pulcherrima). Para min é un requisito indispensable, desde fai uns anos, mercar unha. Nesta ocasión merqueina en Arzúa, na Floristería do Agro. Atendeume unha moza encantadora (á que se me esqueceu preguntar o nome) que non tivo ningún inconveniente en dedicarme uns minutos do seu tempo e explicarme, de forma moi amable, que a Poinsetia era unha árbore no seu lugar de orixe pero que aquí se empregaba como flor de temporada. Para que se poña roxa necesita só dúas horas de luz ó día, que é o que lle fan nos viveiros para que cheguen así ó mercado. Díxome que se lograba tela viva para o ano que ven, que non vai ser o caso, as súas follas serían verdes a non ser que lle fixese como no viveiro. Tiña tres variedades: a roxa, que foi pola cal me decantei, a branca e a roxa con follas jaspeadas tamén en roxo (manchas roxas). Comentoume que era unha planta que sangraba moito ( savia branca e leitosa) se se lle producía algún tipo de ferida ou simplemente ó arrancarlle as follas cando estas están murchas,custándolle moito cicatrizar. Polo tanto, é mellor que lle caian as follas de forma natural ou quitarllas cando estean secas, para que a planta non sufra. Debe ter un rego moi moderado e debería estar a unha temperatura duns 19-22ºC e sen cambio bruscos.
A planta que merquei ven en maceta e é un so pé moi ramificado dende o colo da raiz (como o resto das que tiña alí para vender), procede dun distribuidor de Tomiño, Pycflorga, que tamén teñe viveiros pero que non producen flor de Pascua.

A foto que vos mostro non é a da miña planta porque non teño neste momento a cámara para facerlla.



Quero darlle as grazas a moza da floristería polo ben que me tratou e por toda a información que me dou, a cal vos seguirei contando no seguinte post.

11/12/08

Flor de pascua

0 comentarios

Nas fechas nas que nos atopamos un dos símbolos mais típicos do Nadal aparte dos Abetos e milleiros de luces pola rúas son as flores de Páscua ou Poinsetia (Euphorbia Pulcherrima). Esta planta nestas datas é cando adquire o seu maior esplendor, grazas á floración que lle proporciona un vermello intenso, ideal para lograr unha perfecta ambientación de Nadal nas casas e como regalo no mes de decembro .
As follas da flor de Pascua son verde obscuro, aterciopeladas e cos bordes dentados. Estas combínanse con follas de outras cores, principalmente vermello, aínda que existen outras especies menos coñecidas de tons brancos, amarelos e rosados.
O que se identifica como a flor, pola súa forma de pétalos, son en realidade follas chamadas brácteas, que proporcionan o verdadeiro valor decorativo á planta.

É unha planta de interior de orixe mexicano( Oaxaca e Chiapas) que se pode conservar durante varios anos. Sen embargo, en España é frecuente que, tras a floración do Nadal se bote a perder debido que descoñecemos como coidala.
A floración producese no intervalo que vai desde o mes de novembro até xaneiro, polo que se aproveita con fins decorativos nestas datas . Durante este proceso, a planta necesita abundante luz, xa que en ambientes secos ou de escasa iluminación comezaría a desprender as súas follas
Se se quere conservar a planta durante un período de tempo maior ó de Nadal a planta ten que estar situada nun lugar con temperaturas constantes, de entre 16 e 21 ºC, e que non reciba correntes de aire , sempre son mais aconsellables os lugares iluminados, sobre todo, no período de floración. En outono, inverno e primavera non importa o efecto do sol directo, en verán convén evitar o.
Encanto ao rego, este debe de ser abundante o principio , pero coidando que a terra este seca antes de volvela a regar.
Outro dos coidados esenciais para conservar a súa beleza , é evitar rociar con auga as follas de cor vermello para que non se produzan manchas en elas e se decoloren.
Aínda que son plantas de interior, tras as datas do Nadal pódense trasplantar ao xardín ou a lugares onde non reciban excesiva luz solar, podendo chegar a formar un arbusto de até 5 m. , si se conservan nunha maceta, a súa altura máxima atopase en torno aos 50 cm.
Finalmente sinalar que a flor de Pascua debese podar en primavera, cando a planta xa non ten follas. Neste proceso débense deixar os tallos con unha medida de entre 6 e 8 cm. e suspender o rego até que saian as novas follas.
Fonte infojardin

10/12/08

Plantas de nadal

0 comentarios

O pasado domingo fun a unha feira na que ademáis de roupa tamén se comercializan flores. En concreto falei cunha parexa que tiña un posto. Comentáronme que eles antes tiñan unha tenda que atendían pola semana e os fins de semana poñían o posto, pero que por problemas económicos tiveron que deixar a tenda e agora só venden nos mercadillos (non só os domingos).

Pregúnteilles cales eran as prantas que máis se comercializában nesta época de nadal, ás máis típicas, e comentáronme que con diferencia eran o Abies sp. (Abeto de nadal) e a Euphorbia, tanto a variedade vermella como a branca (Flor de Pascua). Tamén estaban a vender prímulas e ciclamens.

Non posúen viveiro propio, contan cun invernadoiro no que prodúcen algunhas plantas como os crisantemos, Euphorbia, e algúnhas plantas de temporada; pero o resto (Abetos, rosais, frutais...) encarganas a un viveiro. Como levan moito tempo neste mundiño das plantas saben máis ou menos a cantidade de planta que venden e ademáis as árbores soen traelas por encargo.

Comentáronme como reproducen eles as Euphorbia.


  • Reprodúcenas por esqueixes collidos a finais da primavera. Cortan trozos non moi grandes (uns 10cm), elimínanlles as follas inferiores e impregnannlle a zona do corte con hormonas enraizantes. Plántanas en pequenas macetas individuais e colócanas no invernadoiro. Durante os primeiros días mantéñenas con gran humidade pulverizándoas, cobrenas cun plástico, e colócanlle unha luz intensa.

Aquí vos deixo algunhas fotos que quitei.

9/12/08

Excursión a unha planta de tratamento de setas

1 comentarios


A pasada semana fomos de excursión os alumnos do Instituto a unha empresa de tratamento, almacenaxe e comercialización de setas silvestres. A empresa chamase J. Xaneiro, está nas Brañas, Concello de Toques.Alí atendeunos unha señora moi amablemente e explicounos os procesos que lles fan alí as setas. O proceso de traballo da empresa é o seguinte:
A xente recolle as setas no campo, e levalas cara a este lugar, aquí cómpranlle as setas, pésanllas e as clasifican.
Posteriormente fanlles un tratamento de limpeza e clasificación por especies e categorías.
Logo as mandan cara Cataluña, Francia e Italia para alí vendelas. As veces teñen que almacenalas nunhas cámaras mentres non se mandan cara aló.
Cando se teñen que almacenar métense nunhas cámaras de frío, na primeira pasan pouco tempo e están a unha temperatura de 2- 3 º C e a na outra, a temperatura é de - 20º C. e é nela mantéñense máis tempo e e normalmente este último tratametno só se fai coas de 2ª e 3ª categoría.
Esta empresa tamén ten unha planta onde se fai un primeiro cociñado das setas, e o secado dalgunhas como por exemplo os Cantarellus tubaeformis pero segundo nos comentou a señora normalmente as venden ó natural.
Tamén nesta empresa fan tratamentos a outras vexetais como o secado de loureiro, fabas etc.
Esta excursión ten moita importancia dende o punto de vista da produción de planta, xa que á hora de producir planta debemos producir planta micorrizada, xa que nesta relación simbiótica, os participantes obteñen beneficio. Neste caso a planta recibe do fungo principalmente nutrientes minerais e auga, e o fungo obtén da planta hidratos de carbono e vitaminas que el por si mesmo é incapaz de sintetizar mentres que ela podelo facer grazas á fotosínteses e outras reaccións internas. As micorrizas son a asociación entre raíces dunha planta e o micelio dun fungo, de forma que a extensión do micelio participa na absorción de nutrientes para a planta. Ademais levar planta micorrizada ao monte pode darnos uns aproveitamentos a maiores da madeira, que si se fan ben e se xestionan de forma adecuada os rendementos poden ser elevados xa que hai setas que se pagan moi ben. En Galicia hai moitos viveiros que xa venden planta micorrizada como é o Viveiro Hifas da Terra.
Podedes ver as fotos que saquei.

Belas e perigosas

1 comentarios

A miúdo apreciamos a beleza das plantas e flores que nos rodean pero non pensamos nos riscos que pode entrañar o convivir con elas. Colocamos as plantas nas casas, no traballo, nos parques e xardíns,… sen pararnos a pensar en que non só son decorativas, se non que algunhas ocasións poden ser tóxicas e incluso bastante perigosas, podendo chegar a ser mortais. Deberíamos de coñecer os perigos que poden entrañar para poder previr posibles intoxicacións.

A continuación preséntovos unha serie de plantas moi fermosas e de uso moi habitual pero que teñen partes tóxicas:
Adelfa (Nerium oleander)
Partes tóxicas: é unha das plantas ornamentais máis con maior toxicidade, sobre todo as súas sementes.
Síntomas: a inxestión de follas e froitos provoca inicialmente vómitos intensos, diarrea, cefalea e alteracións visuais. Pode producir problemas cardíacos que poden levar á morte.

Acevo (Ilex aquifolium)
Partes tóxicas: as follas e os froitos
Síntomas: a inxestión produce vómitos, dor abdominal e diarrea. En casos extremos produce convulsión e pode incluso causar a morte.

Diefembaquia (Dieffembachia)
Partes tóxicas: a savia
Síntomas: se se chupa ou masca produce ardor e irritación na boca e garganta, con inflamación de lingua. Se se inxire, pode causar vómitos, diarreas e lexións do sistema nervioso.

Hedra (Hedera helix)
Partes tóxicas: o talo, as follas e os froitos.
Síntomas: a inxestión das flores e dos froitos produce malestar xeral, febre, diarrea, convulsións, coma e morte nalgúns casos.

Flor de Pascua (Euphorbia pulcherrima)
Partes tóxicas: toda a planta, especialmente a savia.
Síntomas: se se masca ou inxire pode producir irritación da mucosa bucal, náuseas, vómitos e diarrea.

Hortensia (Hydrangea macrophylla)
Partes tóxicas: a savia es lixeiramente tóxica.
Síntomas: irritación da mucosa oral, náuseas e vómitos pouco importantes.

Croton (Codiaeum variegatum)
Partes tóxicas: as follas
Síntomas: irritación de mucosas

Narciso (Narcissus)
Partes tóxicas: o bulbo
Síntomas: náuseas, vómitos, diarrea, tremores e convulsións. Se se inxire en grandes cantidades pode ser paralizante e causar a morte.

Filodendro (Philodendro scandens)
Partes tóxicas: as follas
Síntomas: irritación de mucosas, náuseas e vómitos.
Imáxenes das plantas citadas:




Fotos via internet
Información obtida dun artigo da revista Clara de outubro do 1993.
A pesares de todo isto, eu persoalmente non vou deixar de ter algunha delas na casa como as hortensias, os narcisos ou a flor de pascua, que mercarei como cada ano por estas datas. As plantas non son perigosas se se coñecen e se saben os seus riscos, para poder situalas e manexalas de forma adecuada.

HAPPY PLANTS

3 comentarios

HAPPY PLANTS é un producto ecolóxico para o cuidado e conservación de plantas e árbores, que permite manté-los en perfecto estado durante 30 dias sen necesidade de regalos nin abonalos .

Desenvolvido por unha empresa catalana, Laboratórios Diet Esthetic, é cen por cen natural e está composto por un 96,15% de auga e nutrientes en forma xelatinosa. Ao ser liberado sobre as plantas, éste vaise transformando gradualmente en líquido ao entrar en contacto coa actividade microbiolóxica natural do chan, desta forma a auga, os nutrientes e a própia celulosa que libera, son absorbidos polas raices das plantas de forma automática. proporciona auga e nutrientes por un período de até 30 dias, independentemente da temperatura ou humidade.


Durante estes últimos meses HAPPY PLANTS recebeu distintos prémios internacionais, incluindo o Galardón ao Mellor producto Non-Food na edición da PLMA Private Label Manufacters Association de Ámsterdam (selecionado entre os mais de 2.600 stands da feira), asi como o Prémio ao Mellor producto de Jardinería da GLEE de Birmingham, a principal feira mundial de jardinería (selecionado entre mais de 1.600 empresas procedintes de 50 paises).

Entre os motivos polos que se lle outorgaron os prémios figuran:

-É un producto moi inovador.
-Respeita o entorno medioambiental.
-É fácil e cómodo de usar.
-Non representa nengun risco par o usuário.
HAPPY PLANTS pode-se utilizar tanto para o cuidado de plantas de interior como de exterior. É un sistema ideal para oficinas, hoteis, bancos, zonas de difícil rego, isletas urbanas, medianas e tamén é a solución definitiva para féiras ou ausencias prolongadas das nosas casas.

Fonte HAPPY PLANTS

8/12/08

Xardíns Verticais

5 comentarios

O paisaxísmo vertical como o seu nome o indica, consiste en levar a natureza ao plano vertical, é dicir, que en lugar de facerse en horizontal, prazas, parques, xardíns e zoas verdes; faise isto mesmo pensando en vertical, con todos os requirimentos técnicos e alternativas que isto conleva. Sempre tendo en conta as necesidades das plantas para o seu bo desenvolvemento e aumentando así a cantidade de elementos verdes na cidade.

O paisaxismo vertical ten a posibilidade de estender os metros cadrados de pulmóns para a cidade, diminuír a radiación, reducir o consumo enerxético de edificios, lograr o control dos trocos bruscos de temperaturas no interior dos espazos, É unha estratexia que brinda a oportunidade de multiplicar a superficie vexetada do planeta, contribuíndo así a diminuír a temperatura e mellorar a calidade ambiental, sobre todo en espazos urbanos mestos e con pouca vexetación. Os espazos verdes, en xeral, teñen un efecto positivo e tranquilizador para as persoas, contribúen á sensación e percepción de benestar dos usuarios.

Por séculos, o termo ecolóxico ou sustentábel non eran conceptos que se plantexaran como unha necesidade inminente, simplemente era a resposta a unha lectura consecuente da linguaxe da natureza e o entorno; termos que coa industrialización, a medra da cidade e o elevado valor do terreo urbanos, se foron terxiversando.

Na actualidade, a realidade e a problemática é outra. Existe unha tendencia crecente e urxente a ter en conta parámetros medioambientais, sustentábeis e bioclimáticos, para proxectar"coa natureza", respectando, reforzando e identificando a súa linguaxe co fin de compor así un paisaxe propio.

A pesar de que o habitante da cidade acepta e se amolda a vivir nunha paisaxe gris, de muros altos e espazos reducidos, busca o equilibrio e o contacto coa natureza. A substitución de espazos verdes por equipamento urbano dá lugar á procura de alternativas que amplíen e reforcen as superficies vexetadas. Unha clara resposta a esta tema a alternativa que brinda o "paisaxismo vertical".

Mostrarei un percorrido polo mundo e a historia do Paisaxismo Vertical:

1. Reidy Edifício de apartamentos: Rió de Janeiro, Brasil 1950

Neste edificio a altura entre os andares, a disposición irregular dos balcóns e a abundante vexetación, logran que a ventilación cruzada funcione e se maximice de xeito favorabel para os vexetais.

2. Banca Catalana: Barcelona, España 1970

Este edificio representa un dos primeiros edificios intelixentes e transformouse nun ícono da arquitectura. Conta cun sofisticado sistema informático para irrigar as plantas.

É sen dúbida un descanso visualizar unha construción tan verde, rodeado de torres convencionais.

3. Skys Crapers: Elaphant e Castel. Eco Tower. Londres, Inglaterra 2000 (Residencial)

Rañaceos ecolóxico. Os espazos verdes ascenden dende o xardín para crear unha continuidade ecolóxica. Utilizase unha mistura de especies que garanten o verdor permanente.

4. Aichi Expo: Muralla verde. Nagoya, Japon 2005

Na Expo Praza desta exposición universal, construíronse paredes elaboradas con paneis vexetais que se sobrepoñen, denominadas Bio Lung (Bio=vida e Lung= pulmóns). Consiste nunha estrutura de aceiro básica, reutilizabel, á cal adhírense paneis modulares verdes con aspersores automáticos incorporados.

5. Fundación Cartier: Paris, Francia 1994 l Arq. J.Nouvel e Arq. P.Blanc

Leva varios anos buscando novas formas de climatizar os edificios con solucións inxeniosas.

Na Fundación Cartier, buscou a eliminación dos limites entre o construído e o natural.

Un edificio en vidro e metal no cal exponse arte contemporáneo, unha estrutura que interactúa coa natureza e as transparencias do cristal. Sobre o acceso medra un muro vexetal que se asoma á fachada.

6. Museu du Quai Branly, Paris, Francia 2006 l Arq. Jean Nouvel l Paisaxista : Patrick Blank

Neste caso aplicouse a tecnoloxía do coñecido botánico Patrick Blanc, especialista en plantas tropicais, nas fachadas que permite desenvolver un paisaxismo vertical, logrando muros verdes e mesturados con vexetación.

7.Hotel Casa Camper: Arq. Fernando Amat, Barcelona, 2004.

Sobre un edificio no Raval de Barcelona, o Arq. Fernando Amat aplicou unha reabilitazón dirixida á funcionalidade e o confort.

O xardín vertical ten 18 m. de altura, e esta composto por 117 Macetas de Aspidistras ordenadas nun anden metálico verde que enmarca e soporta cada planta. Converte o patio nunha instalación que brinda ao interior frescura, relaxación e vitalidade.

O rego do xardín, é un sistema por pingo dirixido a cada maceta,que proven do sistema de alxibes de augas de choivas e reserva, que esta na cuberta.

8 .Horto urbano: Leopoldo group design, Barcelona 2004

O Horto urbano de Leopoldo consiste nunha liña de xardineiras de aluminio e cubetas de rafia plástica que permite cultivar todo tipo de hortalizas, plantas recendentes, medicinais e froitas en pequenos espazos como terrazas, balcóns, porches... Especialmente, esta pensado para espazos urbanos onde a posibilidade do cultivar é case nula.

9.Persiana Vexetal: Planta no Aire

Arq. Maria Alejandra Valenzuela, Barcelona, 2007

É unha alternativa que logra achegar e incorporar o elemento vexetal a espazos que carecen de metros en horizontal.

10.Xardins dos Alcazares de Sevilla

11.Viñedos na Rioxa

Cores, texturas, estruturas orgánicas, luz, pezas do quebra-cabeza cos que se xoga, que inspiran, que reflicten o noso sentido e dan vida a un espazo, no cal disfrutamos………..

FONTES: Diversas páxinas de internet e un fabuloso traballo da Arq. Maria Alejandra Valenciela "Paisajismo vertical--Planta en el aire".

6/12/08

Viveiros Viforsa, S.L.

3 comentarios


Fai uns días tiven o pracer de visitar os viveiros de Viforsa S.L. e falar un pouco (así por alto) co seu dono sobre o que facían alí. Quero resaltar que foi unha visita moi grata e na que me sentin moi agusto. Agora,vouvos contar un pouco no que consiste.
Viforsa S.L. está situada na parroquia de Beán no concello de Ordes (A Coruña).É unha unión de dúas empresas: Viforsa S.L. e Plantamos S.L.
A actividade fundamental de plantamos s.l. é a venta por internet de plantas, produtos fitosanitarios ecolóxicos, produtos ecolóxicos de limpeza, alimentos ecolóxicos,etc. Estívome ensinando as páxinas web e explicando un pouco en que consistían, as páxinas que me amosou son a de plantamos e a de delicia natural. Como anécdota, na páxina de delicia natural comentoume o matiz que puxeran da carreta en lugar da cesta, gracioso verdade?
A web de viforsa só está dirixina ós profesionais do sector. O público non pode entrar, os prezos que teñen nela son prezos especiais para profesionais. Cada planta está sempre acompañada da súa foto ou do detalle da flor, e soe ser unha foto da planta idéntica a planta que se ofrece (refírome en canto a tamaño, envase,...).
Este viveiro tamén está asociado a Vifoga que é unha asociación de planta forestal (neste momento está composta por 18 viveiros), e a Asproga que é unha asociación de planta ornamental de Galicia (neste intre composta por 46 viveiros) Viforsa asociouse fai dez anos a Asproga.
Destaca como ventaxas de estar asociado o intercambio de coñecementos, axuda as relacións comerciais, axuda a montar empresas novas de comercialización, defensa dos intereses da administración e que é unha maneira de valorar e ter maior imaxe no teu oficio.

4/12/08

Calidade da planta forestal

2 comentarios

Na silvicultura é fundamental a calidade da planta e para conseguila é imprescindible unha boa colleita de sementes e un axeitado manexo da mesma, ademáis do seu orixen e procedencia.















Exemplo de unha recollida directamente d árbore





Limpeza en este caso é mecanizada



Almacenamento












Estos son son alguns dos procesos de manexos das sementes.

Pero seu destino é as repoboacións forestal, as plántulas están inmersas en condicións aveces extremas. Estes inconvintes podemos minimizalos en parte con plantas de moi alta calidade e para eso precisamos sementes e plantas que poidan acadar ese parámetros de calidade. Nas repoboacións forestais, e moito máis importante que calquera outro campo, a máxima calidade posible nas plantas que saen do viveiro. As peores condicións mellores calidade de planta.




2/12/08

Madeira para biomasa

4 comentarios



O mundo forestal está a cambiar. Ata fai unhos anos producíase planta para plantar nos montes, e ao cabo duns anos cortar esa madeira para levar as industrias de desenrolo, taboleiro, pasta de papel, usos domesticos etc. Agora surde unha nova utilidade da produción de madeira que é a obtención de biomasa.
Estanse a facer plantación de eucaliptos a unha densidade de 1 m x 1 m ou incluso de 0,4 m x 0,4 m e cortanse aos 5 anos. O seu destino e para biomasa, utilizandose esta biomasa para a xeneración de electricidade. Polo tanto a produción de planta nos viveiros esta tamen a cambiar, agora para esta nova utilidade en teoria non importa tanto conseguir arboles con un bo fuste limpo e recto senon que aunque teña ramas dende abaixo o sexa moi ramoso tamen vale, incluso mellor porque os arboles unha vez que se talan trituranse e levanse a unha planta donde van ser utilizado.
Nos montes públicos de Monfero e concretamente nos Montes do Cordal da Loba, Penafexa, e Marco da Curra estase a facer neste momento claras semisistematicas, onde o arbol ata os 15 cm en punta delgada levase para o seu aproveitamento por parte de Finsa (Para facer taboleiros) e dende ahí ata a punta do arbore estase a triturar, pola empresa Tragsa para a obtención de biomasa.Posteriormente levase cara As Pontes donde esta unha desas plantas de tratamento da biomasa.


Neste video podemos ver como os arbores son triturados.
Falando co operario da maquina dixome que esta maquina pode triturar fustes de ata 50 cm de diametro. (Ten un motor de 300 CV de potencia).
Tamen dixo que en Asturias esta a ter moito chollo, debido a esta nova utilidade dos arbores e da biomasa.


Noutro post mostrareivos como se fan estas claras, imaxenes da biomasa, e outros videos.

1/12/08

10 curiosidades sobre plantas

2 comentarios

1- Nun metro cadrado de area do deserto podemos atopar ata 100.000 sementes de prantas de distintas especies.
2- Se cando colocamos unha leituga mucha en auga esta volvese crujiente debido a que absorve auga cara o interior das suas celulas.
3-Para conseguir un kilo de azafrán temos que recolectar unhas 160.000 flores da rosa do azafrán , de ahí ven o alto prezo deste condimento ;un kilo pode custar sobre 1900€.
4- Cando a pataca chegou a Europa alá polo 1537 non tivo moita aceptación ;o propio Papa cabeza da Igrexa Católica Romana chegou a declarar que as patacas eran alimento do demo xa que non se encontraba ningunha referencia sobre elas no Testamento.
5- A fresa non é un fruto da planta que a produce senón que é unha parte do talo modificado , concretamente é un receptaculo floral. O fruto do fresal son os pequenos graniños amarelos ou negros pegados os lados da fresa.
6- A diferencia dos humanos que necesitamos tomar aspirinas para baixarnos a febre as plantas teñen a capacidade de producir a súa propia mezcla de substancias quimicas parecidas as aspirinas que lanzan o aire para mellorar as súas defensas e recuperarse dalgunha lesión.
7- Foi descuberta en Madagascar unha palmeira que é capaz de nacer , florecer crecer ata 18 metros e morrer en menos de 3 meses,pero ó ter un crecemento tan rápido fai imposible que os cientificos sexan capaces de estudala con detalle.Como dato curioso:A palmeira é tan espectacular que ¡pode chegar a verse a través do servicio satelital Google Earth!
8- ¿E verdade a lenda que di que as espinacas teñen tanto ferro?:Pois en realidade non ,todo se trata dun erro que deu lugar a esta lenda ; A secretaria dun investigador estadounidense colocou mal a coma dos decimales nun informe e ás espinacas saironlle dez veces máis de ferro (30 miligramos en vez de 3)
9- E posible facer un insecticida a partir de limóns;esto consiguese a partir dun liquido que se extrae dos limóns(citrus limonium)un aceite da súa cascara fresca, este chega a ser un bo insecticida que ataca a todo tipo de plagas externas encontradas nas mascotas,como son pulgas, carrachos…
10- Encontran a árbore viva máis vella do mundo en Suecia : Tratase dun Pino de máis de 9550 anos que sobreviviu ó drastico cambio climatico dos últimos 10.000 anos gracias a continua renovación do tronco. Os seus descubridores din ter a evidencia de que os pinos son a especie que nos poden dar a mellor información sobre o cambio climatico debido a que se poden multiplicar facendo “clons” ou réplicas identicas dende ramas surxidas a partir da súa raiz.


Atopei estas noticias en distintas páxinas por eso non poño a Bibliografia.

Non só florece na primevera

2 comentarios

A época de tránsito entre verán e inverno solele afectar negativamente ás plantas.
O cambio de temporada fai que moitas plantas perdan a súa beleza e rematen por murcharse sobre todo en climas extremos.O tránsito entre a seca do verán e o frío e a humidade do inverno é moi beneficioso para moitas especies.

Exemplos de plantas fáciles de manter, con necesidades similares e que resisten ben o inverno:

  • Hedra: Adáptanse ben a calquera tipo de chan, incluso a terras sen moitos nutrientes. Sólo hai que mantela lonxe da luz directa do sol.
  • Crisantemo: Con unha gran variedade de cores para elixir, é a flor típica desta época.
  • Lírio: Ainda que nesta época non loce flores, ten unhas follas moi alegres de cor verde intenso.


  • Narciso: Outra planta con flores en inverno. É moi fácil de manter, xa que non lle afecta o frío.

  • Caléndula: Con flores durante todo o ano, só necesita estar exposta en semisombra ó descuberto.
Vía:



Tecnoloxía para a producción de micorrizas

2 comentarios

Nunha época na cal hai cada vez menos cogomelos, polo exceso de recolectores, polo "cambio climático" e para aumentar a súa cantidade, desenvólvese unha tecnoloxia para a producción en viveiro de planta micorrizada con fungos comestibles, así como para a inoculación directa en árbol adulto desenvolvida pola empresa Mycoforest tecnology unha tecnoloxia para poder sementar fungos silvestres directamente no bosque.
Existen dúas versións para poder realizar isto:

  • Protocolo de producción de planta micorrizada con trufa. A trufa é un fungo que vive asociado ás raices de certas árbores como aveleiras, aciñeiras, robles…
  • Protocolo para a producción de piñeiros micorrizados con níscalos. Éste fungo micorriza con calquera tipo de piñeiro.

Éstas tecnoloxías cobren os aspetos relacionados coa producción: producción de inóculos (pequena cantidade da substáncia que se inocula), formulación e preparación de substrato e producción controlada.

En vindeiros post seguireivos informando sobre este tema.

Calendario biodinámico

2 comentarios


Calendarios para plantar

Bueno, como no anterior post, os comentarios recibidos queixábanse de que non se podía interpretar ben o calendario, aí deixo outra vez a foto para que botedes unha ollada. Se premedes sobre a imaxe aumenta de tamaño.

O calendario é de Decembro do 2007. Por exemplo na primeira semana (semana 49, que vai de Domingo a Sábado), aconsella plantar especies de Froito (tomates, xudías) ata as 17h do Domingo, e especies de Raíz (patatas, cenorias) desde as 18 h do día 2 ata as 20 h do luns 3.
Outro exemplo é a semana 50, empezamos con especies de folla (espinacas, leitugas), dende o día 9 ata as 15h do día 10, luns, para empezar ás 16 h dese mesmo día con especies de froito ata as 02 h do xoves 13.

O calendario marca para tódolos meses os mellores días para a plantación da nosa horta, así obtense mellor colleita.
Este calendario pódese atopar nalgunhas tendas de Agricultura, só tes que preguntar polo “Calendario de Agricultura Biodinámica”, e ter a sorte que o teñan.

Como nota curiosa, na marxe dereita tamén recomenda cando hai que corta á árbore de Nadal para que dure máis.

25/11/08

Recomendacións para mercar plantas

1 comentarios

Moitas veces cando imos mercar plantas para o noso xardín, ou para o interior das casas, non nos fixamos nalgúns aspectos importantes para escoller unha plana de calidade. Debemos de fixarnos nunha serie de detalles:

1.- Os substrato da planta: Debe de estar compacto. Collemos a planta pola base do tronco e non se debe mover, se o fai as raíces non están suficientemente formadas. Tamén e importante que as raíces non sobresaían polo furado de drenaxe do envase.

2.- Que as plantas non estean moi desenroladas: É dicir, que non estea con abundantes flores, pois están nun estado de actividade moi alto, escolleremos aquelas con pouca actividade.

3.- Valorar a localización que lle imos dar ás plantas. Se as plantas son de sombra, non as mercaremos para colocalas en zona de sol, e viceversa.

4.-Transporte das plantas: Se nos fan unha embalaxe, procurar que non queden ocos baleiros para que as plantas non se despracen. Aconsellable non mesturar especies no mesmo envase, pois pódense enredar unhas nas outras.

5.-Comprobar os bulbos: Se mercamos bulbos, apertámolos suavemente para verificar que non están ocos, non deben ter zonas brandas, nin presencia de pragas.

6.- Aspecto externo: Evidentemente que estea vigoroso, ausencia de pragas e enfermidades, unha cor brillante.

Fonte: Revista Mi Jardín.

19/11/08

El Malaín

5 comentarios


Este fin de semana estiven visitando a comarca de Villaviciosa (Asturias).
Alí Marta e Pablo idearon fai uns quince anos “El Malaín”; unha finca na que os clientes elixen, das mesmas plantas a froita que desexan comprar.
Principalmente adícanse á venda directa ós visitantes e á transformación de frambuesas, grosellas (vermellas e negras), moras e, sobre todo, arándanos en mermeladas e licores.
Alí mesmo, xunto á horta autoservicio, pódense degustar xelados caseiros de frambuesa e arándanos.
A mayoría das plantas que podemos observar nas fotografías son arándanos americanos ( cuios froitos son máis grandes que os silvestres), e xa teñen doce anos.
Non se lles aplica ningún tipo de fertilizante químico, herbicida nin praguicida… Tan só se lles van retirando as polas vellas e abonando coa propia materia orgánica resultante das limpezas dos corredores.
A época de máximo traballo é nos meses do verán; cando, ademáis de ter maior número de clientes (debido ó turismo) é a época de máxima producción, tendo que contar coa axuda de tres ou catro traballadores que se adican á recolección.
Esta iniciativa é unha excelente idea; os clientes quedan encantados por poder elixir a súa froita e dar un paseo polos cultivos, mentres que facilitan e aforran moito a labor de recolección.
En Malaín, agora están comezando a exportar a maior parte da producción a países como Alemaña, pois alí hai moito máis mercado.
Paréceme incoherente que o pouco que se produce aquí, e ademais de tan boa calidade, faga tantos kilómetros ata chegar ás mesas, mentres que o que se consume aquí veña doutros países (principalmente do continente americano) sinxelamente porque se lles paga unha miseria ós agricultores.
Ogallá que a xente de aquí comece pronto a valorar a calidade dos productos e poidan xurdir máis iniciativas como esta.
“El Malaín” está situado na carretera que une Gijón con Villaviciosa, vía Tazones, pouco despois de Venta de las Ranas, no primeiro desvío. Si pasades cerca paga a pena ir a velo, especialmente no verán.

18/11/08

Calendario para plantar

7 comentarios


Como xa citei no anterior post, hai que vincular un elemento a unha parte da planta. A súa vez, as plantas que se cultivan diferenciamolas en 4 partes .
1.- Plantas de raíz ou terra:

Rábanos, remolacha, apios, cenoria, patata e cebola. Estas plantas terán mellor resultados se se planta os días de raiz.

2.- Plantas de folla:

Coles, endivia, leituga, espinacas, perexel,herbas aromáticas, espárragos. Os días de folla son mellor para a semente e traballo de cultivos destas plantas

3.- plantas de flor:

Os días de flor son os mellores para plantar especies como xirasol, liño e sementes oleoxénicas.Se se recortan as flores e ponse en auga eses días o seu aroma é mais intenso, e dura durante máis tempo.

4.- Plantas de froito:

Xudía, chícharo, lentellas, millo, tomates, cabacín. No día do froito tamén se obtén maior cantidade de aceite.Se se recolectan nos días de froito a súa calidade dura máis no seu almacenamento.

Para reflectir mellor todo isto, vai un exemplo no mes de Decembro onde se pode comprobar o dito.Cada día do mes está está divido en terra, flor , froito e folla .Seguindo o calendario so nos queda plantar o tipo de planta que recomenden para ese día ou días e ver que bonito nos queda a horta.



Feridas que cicatrizan

6 comentarios

Buscando no baúl dos recordos atopei unha revista Natura número 46 con data de xaneiro de 1987, na que a pesares da súa antigüidade atopei un artigo moi interesante sobre as plantas suculentas. Este tipo de plantas propáganse moi facilmente por propagación vexetativa por división, esgallos ou transplantes. O sistema e bastante sinxelo, xa que so é necesario un simple corte que non danará o crecemento da planta, incluso se desenrolará mellor basalmente e mellorará a súa aparencia. Isto débese a que as plantas suculentas teñen o seu propio suministro interior de auga polo que non lles afecta demasiado una supresión.

No caso da Opuntia e da Echeveria, deben deixarse cicatrizar os cortes antes de plantar as divisións, para ben ser, nunha mestura de area e turba a partes iguais.

No caso dos cactus globulares, poden seccionarse na súa parte superior. Colocase a parte cortada nun lugar aireado e con luz, cóbrese o corte con po enraizador ata que se forme un callo protector sobre a ferida e posteriormente plantarase sen enterralo a moito. A planta nai desenrolará, a partires da primeira división, novos brotes que poden ser cortados e enraizados. Como experiencia persoal, comentar que eu posuía unha Opuntia (Chumbeira) a cal tiña que recortar de forma continuada para non sufrir os continuos espiñazos (debido a que non estaba situada no lugar adecuado). A planta recuperábase perfectamente das súas feridas e as partes cortadas non tiñan ningunha dificultade para enraizar.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks