22/2/10
Arrincado de planta con cepellón
Publicado por
Anxo
O pasado mercores, 3 de febreiro desprazamonos ata unha finca para ver o proceso de arrincado de pranta en cepellón de xeito mecanizado. Uns operarios de OrvisaHouse eran os encargados desta labor. Para elo utilizaban unha máquina provista de unha cuchilla, encargada de realizar o corte das raíces.
Posteriormente, coa axuda da grua que a máquina leva instalada, levantan a planta e recubrían o cepellón con unha tela de esparto e esta a sua vez con unha malla de ferro doce, de xeito que compacta máis o cepellón, impedindo que este se desfaga. Esta malla, é moi útil, pois non é necesario quitala a hora de plantar, pois desintegrase e aportándolle incluso ferro a planta.
Etiquetas:
Maquinaria
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario