17/2/09

Unha horta na cidade

Xa comeza a ser bastante comúns as mesas feitas con palés reciclados, pero cada vez atopanse máis utilidades para os palés, como por exemplo a fabricación dun pequeno contedor que nos servirá como unha especie de horta doméstica e que fará posible que aquelas persoas que non teñan o privilexio de vivir do campo poidan disfrutar igualmente dos seus productos.
Para a fabricación desta pequena horta doméstica empregaremos tres palés.
Comezaremos desclavando algúns tablóns que máis tarde formarán a base e os laterais.Un dos palés queda enteiro, aproveitándose para construir a base. Colócanse tablóns nas partes ocas formando unha superficie continua e remátase o perímetro formando un marco de madeira ó redor. Atorníllanse seis postes nos laterais que sirven de guía e soporte para formar as paredes añadindo máis tablóns.
Xa teríamos a estructura formada, agora quedaría cubrir o interior cunha lona para reter a humidade e encher o contedor cun sustrato adecuado. Non temos que que olvidarnos de realizar uns orificios para facilitar a drenaxe.
Unha vez rematada a minihorta xa estaría lista para sementar e poder disfrutar dos placeres do campo na cidade.Poñovos unha presentación que de seguro que se entende mellor o procedemento con imaxes.

3 comentarios:

Sandra Sánchez dijo...

Mola o curso rápido de bricolaxe que nos acabas de dar, jeje, de todas formas non creo que poidamos ter moita productividade pero bueno... un par de leitugas. A parte, hai que ter en conta que tamén temos que dispoñer dun sitio luminoso para colocala horta, non sei eu se será moi rentable.

Rocio Gardes dijo...

É moi boa idea!Cantas azoteas a terrazas hai mortas de risa nas cidades?E ainda que non che vaia dar para vivir, hai moitas hortalizas moi sinxelas de cultivar, para poder cubrir practicamente o consumo domestico...Ademais pode servir como medio para relaxarse do estres urban.

Marina dijo...

Esta claro que cada vez máis temos que ser conscientes da importancia de reciclar. Outro elemento interesante para producir plantas son os cartóns de leite reciclados utilizados como envases.... eu vino nun viveiro e segundo eles son resistentes, baratos e útiles.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks