18/1/10

VIVERALIA e AGRITECO 2010


O próximo día 21 de Xaneiro comeza en Alicante a 7ª edición do Salón Profesional de Planta Ornamental e Afíns. (Viveralia) Dende o xoves ata o sábado 23, nesta feira daránse cita máis de cen firmas punteiras no sector viveirista, o que a convirte nunha referencia obrigada para todos aqueles, tanto público en xeral que esté interesado no tema como os profesionais de viveiros e xardinería.

Ademáis dos "clásicos" stands nos que as entidades participantes amosarán os seus principais productos e innovacións no tema, durante os dous primeiros días, terán lugar unha serie de xornadas técnicas coa colaboración de docentes da Escola Politécnica Superior de Orihuela, nas que se tratarán diversos temas como: as tendencias no cultivo de plantas ornamentais e aromáticas na zona levantina, control dalgunhas enfermidades que afectan ás palmeiras do xénero Rhynchophorus, uso de compost e eficiencia enerxética nos sistemas de rega.

Paralelamente (do 21 e 24 do mesmo mes), e tamén no Levante, tamén se celebrará a 7ª edición de Agriteco (Feira da Tecnoloxía Agraria do Mediterráneo e Productos e Servizos para o agricultor) na que se amosarán as principais tendencias que actualmente presenta a tecnoloxía e técnicas do sector agrícola e gandeiro.

Para que vos fagades unha idea, aquí vos deixo un video dunha edición anterior. Tamén podedes encontrar máis información nas páxinas web de cada un deste eventos (para elo fai un click nos enlaces anteriores).




video

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks