12/2/09

Plantas carnívoras

A mitoloxía popular e o ocultismo levan séculos facendo soñar a xente con plantas tenebrosas, xigantes do reino vexetal ,provistas de tentáculos e dentes de tiburón… capaces de devorar a varios homes o mesmo tempo. Son as plantas carnívoras, que de xeito natural medraban entre as brumas e lodazais de encoros e bosques misteriosos afastados do transito humano. A súa situación espacial alimentou aínda mais as lendas.

Estas crenzas fantásticas non fixeron outra cousa que perxudicar , aínda mais se cabe, a enorme fraxilidade de supervivencia destas curiosas plantas. Na Idade Media, cando aínda eran medianamente abundantes, infundían tanto medo polas lendas que se escoitaban, que comezou a destrución de numerosísimas especies, que en nada perxudicaban o home (senón o contrario, pois ademais de alimentarse de certos insectos, algunhas como a drosera teñen propiedades medicinais). Hoxe en dia moitas especies atópanse en perigo de extinción, e o mesmo ocorre cos hábitats nos que viven.

En xeral as plantas carnívoras son de pequeno tamaño, insignificantes comparado co que soemos imaxinar… Son capaces de vivir en chans moi pobres en nutrintes e acedos, xa que teñen adquirido, no curso da evolución as facultades de atraer, capturar e dixerir animais , obtendo así os nutrintes necesarios. As súas presas nunca son de gran tamaño, comen principalmente formigas, moscas, bolboretas e outros insectos.

Algunha especie (do xénero Nepenthes) e capaz de capturar pequenos ratonciños, rás arbóreas… Outra (do xénero Utricularia) pode capturar peixes pequenos…

Pero ¿como o conseguen?

Pois as carnívoras idearon inxeniosamente, autenticas trampas de captura, moi diversas dependendo da especie. Algunhas se pechan como un resorte cando o insecto as toca (Dionaea), outras succionan auga e cómense os bichiños que van nela(Utricularia). Plantas con tentáculos adhesivos (Drosera), ou con trampas xarro ou funil onde a presa se afoga…

Aínda que non lles chegaba con isto, senón que antes tiñan que atraer ó insecto. Para isto lograron emitir cheiros característicos (moitas veces a prodredume), producir mais néctar, expoñer brilantes cores ou superficies transparentes, descompoñer a luz do espectro solar nas gotas do mucílago (sustancia que segregan) semellando ó rocio da mañá…

Existen numerosas especies de plantas carnívoras, aproximadamente unas 500, aínda que moitas delas están moi pouca estudadas e son practicamente descoñecidas .

Anteriormente fíxenvos unha presentación con algunhas delas; aínda que as máis comúns e coñecidas nas floristerías españolas son só tres:

A Venus atrapamoscas,(Dionaea muscipula): É a máis estendida.O extremo das súas follas ábrese e péchase, atrae ó insecto co seu néctar doce e cando éste se posa, pecha as súas follas; os pinchos do borde da folla impiden ó insecto saír e é absorbido polas encimas dixestivas da planta.

Igual funcionan as demais, de aí obteñen os nutrientes necesarios para vivir, co cal esquecemonos de abonos, estas plantas non os necesitan.

O sustrato debe ser máis acedo do normal e necesita moita humidade, non esquezamos que o seu hábitat natural son pantanos e fangos.

Para a rega mellor cun plato baixo a maceta e con auga destilada, o exceso de calcio pode matar a nosa planta carnívora, require humidade constante no seu sustrato.

Aguantan temperaturas baixas, entre 0º e 20º C, pero tamén lles gusta o quentiño. Agradecen o sol. Moita luz e humidade constante lles irá perfecto.

Ah! E non forzar a súa alimentación nin intentar enganar á planta con algo que non “cazara” ela mesma.

Outras variedades comúns que se comercializan en floristería son a:

Drosera: A famosa atrapamoscas ou herba da gota, posúe pequenos tentaculos dispersos pólas grandes follas, de cor vermello brilante reflectinte a luz, que a vez que atraen as presas,conseguen reter as capturadas grazas as sustancias pegañentas que teñen e posteriormente dixerilas.



E a Sarraceni
a: Que ten follas en forma de trompeta; O insecto cae ó seu interior atraído pola polo cheiro do néctar que produce, así como polas cores vivas e chamativas da planta, e alí o non poder saír é absorbido polos xugos dixestivos.
Esta ultima, tamén chamada planta-trompeta é moi doada de cultivar e chega a durar varios anos.



Moitas das fotos foron sacadas o verán pasado no Xardín Botánico de Madrid, que vale a pena ir visitar.

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks