14/2/09

Día de San Valentín

Hoxe 14 de febreiro é o día de San Valentín.
Existen diversas teórias que otorgan ó 14 de febreiro o Día dos Namorados, dende as que defenden que provén da Antiga Roma, donde sea realizaba a adoración ó deus do amor, ata a dos países nórdicos, cuia tradición está relacionada co emparellamento dos paxaros. Pero fora como fose, San Valentín converteuse no patrón de tódolos namorados e os comerciantes fixeron eco desta festividade e convertírona nun día perfecto para aumentar as ventas.
As flores son un dos típicos regalos, e aínda que nos últimos anos decaeron as súas ventas en favor de ceas e outros agasallos como postais, poemas de amor, dedicatorias, bombóns, etc., estas nunca pasan de moda e tod@s nos gusta recibilas.
Son as rosas vermellas as que triunfan neste día seguidas das orquídeas.

Por outro lado, hai que ter en conta, que para regalar unha rosa este día terás que dispoñer de máis cartos que un día normal, pois nas florerias incrementan o seu prezo ó dobre.
E xa que estamos a falar de flores, vouvos comentar un pouco todo o proceso que sigue unha Rosa dende a súa reprodución ata a súa venta, xa que esta é unha especie moi preciada ó longo de todo o ano e en tódolos lugares do mundo, sendo a máis vendida.
Actualmente, as variedades comerciais de rosa son híbridos de especies de rosas desaparecidas. Para flor cortada utilizanse os tipos de té híbrida e os de floribunda.
A reprodución máis empregada a nivel comercial son os inxertos de xema, pero tamén se pode reproducir por esgallado, semente e inxertos de vareta.
O proceso para facer un inxerto de xema nunha rosa é o seguinte: primeiro obtemos o material para os patróns, este material obtense de plantas que foron tratadas previamente con calor para a eliminación de virus e outras enfermidades. A finais de setembro cortanse os brotes largos das plantas patrón, eliminanse as espiñas e sumerxense nunha solución de hipoclorito sódico durante 15 minutos. Cortanse trozos de aproximadamente 20cm e quitanse as xemas das estacas, retirando todas as xemas inferiores e deixando 3 no extremo superior. Os talos trátanse con hormonas enraizantes e plantanse en surcos separados a 1 metro, onde estarán durante un mes. O inxerto normalmente faise por mediados de xuño, cando xa hai sufiente enraizamento e a dá ben a tona da madeira. Practicase unha incisión en forma de T para facer o inxerto. Pasadas 3-4 semanas cortase 1/3 do patrón por encima do inxerto e rompense as puntas, as cales serán eliminadas 3 semanas despois, cando se extraen os patróns do solo. As plantas límpanse e clasificanse segundo a súa calidade, empaquetanse e almacenanse en frío ata que se transportan ó floricultor entre xaneiro e xuño.
Para a maioría dos cultivares de rosa as temperaturas óptimas de crecemento son de 17ºC a 25ºC.
Grazas o cultivo de rosa en invernadoiros podemos producir flor en calquera época do ano. Estes invernadoiros teñen que cumprir unhas condicións mínimas como: ter grandes dimensións, transmisión de luz adecuada, altura considerable, ventilación nos meses calurosos e calefacción nos fríos.
A recoleción da flor tamén ten os seus matices, pois se a recolectamos no verán débese cortar cando os sépalos do cáliz son reflexos e os pétalos aínda non se desplegaron, mentras que no inverno débense cortar cando están máis abertas. Os talos cortados vanse colocando en bandexas ou caldeiros con solución nutritiva, sácandoos canto antes do invernadoiro para evitar que se marchiten. Logo sumerxense nunha solución nutritiva quente e enfrianse rapidamente.
Antes de formar os ramos colocanse as flores en auga ou nunha solución nutritiva nunha cámara frigorífica (2-4ºC) para evitar a proliferación de bacterias, no caso de utilizar auga debe cambiarse diariamente.
Unha vez que se sacan do almacén, arrancanse as follas e espiñas da parte inferior do talo e clasifícanse segundo a lonxitude destes, esta clasificación pode ser manual ou mecanizada.
Por último, fanse os ramos por docenas e enfúndanse nun film de plástico.
Xa listas e de exposición nas florerías para a súa venta, deben cumprir uns requisitos que son: ter un talo verde e ríxido, unha follaxe verde brillante e boa floración con apertura lenta para que así nos voten máis tempo no noso floreiro.

2 comentarios:

indrabekti dijo...

happy valentine!

Marina dijo...

Pois si todos sabemos que a producción de algunhas plantas ten varios picos e este é un deles, o día dos namorados véndense máis rosas que en todo o ano, excepto en Cataluña, onde é o día de San Jordi o rei dos reis na venta de rosas.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks