2/12/09
Inxerto de variedades de castaña.
A castaña pasou de ser un recurso pouco usado e en certo modo despreciado xa que supoñía o alimento principal en zonas rurais, a ser considerado como excelente nos mellores restaurantes da actualidade. Por este motivo, a Xunta de Galicia ven de solicitar á Unión Europea a declaración da Indicación Xeográfica Protexida para a castaña galega.
En Galicia existen diferentes variedades de castaña, entre as que cabe significar a AMARELANTE, NEGRAL, RAIGONA, FAMOSA, GARRIGA, presentes sobre todo nos soutos de Lugo e Ourense. Cada unha delas presenta caracteristicas propias tales como a súa cor, falicidade para o pelado,sabor e tamaño. Na maior parte dos casos estes soutos están formados por árbores antigos, e unha forma de manter estas variedades sen perder as caracteristicas propias é o inxertado. Para esta forma de reproducción de especies, existen varias técnicas tales como o inxerto de coroa, de xema, fendedura.
Cada un deles deberemos facelo dependendo da época na que nos atopemos, así,o de xema farémolo polo mes de Agosto e a xema brotará na seguinte primaveira. O de coroa, farémolo a primeiros da primaveira cando o patrón comeza a ter movemento de saiva.
1 comentarios:
Só voto en falta a referenciación da información
Publicar un comentario