26/3/09

Fotos da práctica de esgallos

Durante este curso realizamos unha serie de prácticas sobre a produción de planta. Unha delas foi a de esgallos. Neste post non vos vou falar dos esgallos en si, xa que podedes obter información detallada sobre eles se ides á sección de apuntes de clase que se atopa na marxe dereita deste blog (ó igual que de outros moitos temas interesantes sobre a produción de planta), pero si vos quero ensinar unhas fotos que realicei durante o transcurso da práctica. Nelas poderedes observar como traballamos en grupo e a forma en que realizamos o enchido das bandexas con diferentes tipos de substratos e mesturas distes (area, turba e perlita), e tamén a fase de realización dos esgallos e de introdución nos diferentes substratos. Os esgallos recibiron dous tipos de tratamentos: con hormonas de enraizamento en po e tamén en forma líquida. Unha parte dos esgallos deixámolos sen ningún tratamento para poder comprobar, non só a diferenza de enraizamento entre os distintos tipos de substratos, senón tamén entre os que levaban ou non hormonas de enraizamento. Despois de rematar deixamos a zona de traballo limpa e ordenada, factores moi importantes á hora de traballar e que deben estar sempre presentes.
Aínda que fago eu este post, gustaríame tamén mencionar a todos os meus compañeiros de clase que dunha ou doutra forma axudaron á súa realización.

2 comentarios:

Sandra Sánchez dijo...

Canto menos me gusta saír nas fotos máis sallo, jeje. A verdade é que me gustou moito ver estas fotos traballando todos xuntos. Que recordos!!! Que ben o pasamos nas prácticas, eh!! Lástima non nos acordar antes da cámara.

Marina dijo...

Pois si que foi unha boa idea o de sacar as fotos, e eu quedei totalmente sorprendida porque nin me enterei e eso que debería estar por alí, en todo caso é un pracer vervos traballar, a pesar do desorde, a falla de limpeza....

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks