26/3/09

Características de plantas


Para non facer tan monótono e largo o post anterior decidin repartir a información en dous:

Bambú: Pranta herbácea, de rápido crecemento. Moi empregada nos países tropicais do sureste asiático para facer tablas, escaleiras, canas de pescar, tuberías. Coas súas fibras fanse canastos, sombreiros. Constitúe o alimento exclusivo dos osos panda. Unha das súas especies, o bambú xigante, é capaz de medrar 60 centímetros ó día. Esta variedade pode acadar os 50 metros de altura e medio metro de diámetro, na súa base.
















Cacao: A árbore do cacao comezou a cultivarse en América, onde era xa un producto básico nalgunhas culturas antes de que chegaran os colonizadores europeos. No século XVI introduxose en África, que é donde máis se cultiva na actualidade. Só unhas trinta das aproximadamente 6.000 flores que se abren durante o ano chegan a formar sementes. As sementes ou fabas do cacao están pechadas nunha mazorca ou piña de cor pardo avermellada, ten un sabor amargo. Delas extraese o cacao, materia prima a partir da cal se fábrica o chocolate. Estas sementes conteñen tamén unha abundante grasa, chamada manteca de cacao, e que se emprega para fabricar medicamentos, cosméticos e xabóns.













Caña de azúcar: Da familia das gramíneas. Cortanse a man, coa axuda dun machete. A continuación, transportanse a un inxenio, que é unha fábrica donde se trituran os talos e de eles obtense o azúcar moreno.
















Caqui: Árbore americano, o seu fruto cando madura é de agradable sabor. A súa madeira é pesada e dura, moi apreciada para a fabricación da cabeza dos paus de golf.












Cyca revoluta: Planta con aspecto de palmera, sen embargo están emparentadas cos pinos. De lento crecemento, pode tardar 20 ou 30 anos en medrar un metro. Esta especie é tan antiga que xa existía na época dos dinosaurios.














Drago: Esta árbore pode acadar os 30 metros. Ten follas alongadas, de nervios paralelos e cor verde grisáceo. Non se ramifica nin florece ata pasados varios anos de vida. Orixinario das Islas Canarias, ( en Tenerife está o maior e máis antigo exemplar, po que lle chaman drago milenario). O seu nome proven de Draco, que significa dragón, e de dracaena, que significa femia de dragón. Isto é debido a que a súa savia vermella e espesa, identificabase coa sangue do dragón. A esta resina atribuíanselle antigamente propiedades medicinais. Tamén se empregaban para cortar hemorraxias, e como colorante para pinturas e lacre. As súas follas son de cor azulada.

















0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks