6/12/08

Viveiros Viforsa, S.L.


Fai uns días tiven o pracer de visitar os viveiros de Viforsa S.L. e falar un pouco (así por alto) co seu dono sobre o que facían alí. Quero resaltar que foi unha visita moi grata e na que me sentin moi agusto. Agora,vouvos contar un pouco no que consiste.
Viforsa S.L. está situada na parroquia de Beán no concello de Ordes (A Coruña).É unha unión de dúas empresas: Viforsa S.L. e Plantamos S.L.
A actividade fundamental de plantamos s.l. é a venta por internet de plantas, produtos fitosanitarios ecolóxicos, produtos ecolóxicos de limpeza, alimentos ecolóxicos,etc. Estívome ensinando as páxinas web e explicando un pouco en que consistían, as páxinas que me amosou son a de plantamos e a de delicia natural. Como anécdota, na páxina de delicia natural comentoume o matiz que puxeran da carreta en lugar da cesta, gracioso verdade?
A web de viforsa só está dirixina ós profesionais do sector. O público non pode entrar, os prezos que teñen nela son prezos especiais para profesionais. Cada planta está sempre acompañada da súa foto ou do detalle da flor, e soe ser unha foto da planta idéntica a planta que se ofrece (refírome en canto a tamaño, envase,...).
Este viveiro tamén está asociado a Vifoga que é unha asociación de planta forestal (neste momento está composta por 18 viveiros), e a Asproga que é unha asociación de planta ornamental de Galicia (neste intre composta por 46 viveiros) Viforsa asociouse fai dez anos a Asproga.
Destaca como ventaxas de estar asociado o intercambio de coñecementos, axuda as relacións comerciais, axuda a montar empresas novas de comercialización, defensa dos intereses da administración e que é unha maneira de valorar e ter maior imaxe no teu oficio.

3 comentarios:

Rocio Gardes dijo...

Ben Sandra,o teu post está ben, ainda que boto en falta algo de colorido, algunha foto das plantiñas...

xose calvo dijo...

Boa información , Sandra . Parece un bo sitio para facer as practicas de empresa , se aprobamos todo claro jejeje.

Natalia Piñeiro dijo...

Sandra, gustoume a información que nos das neste post. Estiven mirando un pouco os enlaces e penso que son interasantes, mágoa que non se poida entrar na web de Viforsa para poder saber algo sobre os prezos.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks