1/12/08

Calendario biodinámico


Calendarios para plantar

Bueno, como no anterior post, os comentarios recibidos queixábanse de que non se podía interpretar ben o calendario, aí deixo outra vez a foto para que botedes unha ollada. Se premedes sobre a imaxe aumenta de tamaño.

O calendario é de Decembro do 2007. Por exemplo na primeira semana (semana 49, que vai de Domingo a Sábado), aconsella plantar especies de Froito (tomates, xudías) ata as 17h do Domingo, e especies de Raíz (patatas, cenorias) desde as 18 h do día 2 ata as 20 h do luns 3.
Outro exemplo é a semana 50, empezamos con especies de folla (espinacas, leitugas), dende o día 9 ata as 15h do día 10, luns, para empezar ás 16 h dese mesmo día con especies de froito ata as 02 h do xoves 13.

O calendario marca para tódolos meses os mellores días para a plantación da nosa horta, así obtense mellor colleita.
Este calendario pódese atopar nalgunhas tendas de Agricultura, só tes que preguntar polo “Calendario de Agricultura Biodinámica”, e ter a sorte que o teñan.

Como nota curiosa, na marxe dereita tamén recomenda cando hai que corta á árbore de Nadal para que dure máis.

2 comentarios:

Rocio Torreira dijo...

É unha información moi curiosa, pero un pouco liosa para levar a cabo, creo que a xente que fai cultivos lle é máis doado guiarse pola lúa como ata agora que por ese método. Pero aínda así non deixa de ser interesante.

Marina dijo...

Bueno tratando de reorganizar a información dada, pero aún así non lle acabo de buscar o "quiz". Tal vez deberías introducirnos previamente non tema e educar a nosa mente para poder entender o post.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks