9/12/08
HAPPY PLANTS
HAPPY PLANTS é un producto ecolóxico para o cuidado e conservación de plantas e árbores, que permite manté-los en perfecto estado durante 30 dias sen necesidade de regalos nin abonalos .
Desenvolvido por unha empresa catalana, Laboratórios Diet Esthetic, é cen por cen natural e está composto por un 96,15% de auga e nutrientes en forma xelatinosa. Ao ser liberado sobre as plantas, éste vaise transformando gradualmente en líquido ao entrar en contacto coa actividade microbiolóxica natural do chan, desta forma a auga, os nutrientes e a própia celulosa que libera, son absorbidos polas raices das plantas de forma automática. proporciona auga e nutrientes por un período de até 30 dias, independentemente da temperatura ou humidade.
Durante estes últimos meses HAPPY PLANTS recebeu distintos prémios internacionais, incluindo o Galardón ao Mellor producto Non-Food na edición da PLMA Private Label Manufacters Association de Ámsterdam (selecionado entre os mais de 2.600 stands da feira), asi como o Prémio ao Mellor producto de Jardinería da GLEE de Birmingham, a principal feira mundial de jardinería (selecionado entre mais de 1.600 empresas procedintes de 50 paises).
Entre os motivos polos que se lle outorgaron os prémios figuran:
-É un producto moi inovador.
-Respeita o entorno medioambiental.
-É fácil e cómodo de usar.
-Non representa nengun risco par o usuário.
HAPPY PLANTS pode-se utilizar tanto para o cuidado de plantas de interior como de exterior. É un sistema ideal para oficinas, hoteis, bancos, zonas de difícil rego, isletas urbanas, medianas e tamén é a solución definitiva para féiras ou ausencias prolongadas das nosas casas.
Fonte HAPPY PLANTS
3 comentarios:
Interesante información. Creo que as floristerias tamén han de estar agrecidas de este invento, a parte do resto que ti xa mencionas.
Moi interesante Xose. Non sabía eu deste novo producto. A verdade e que sempre da gusto que algo español sexa recoñecido a nivel internacional. Ó mellor deste producto non só é non ter que regar nese tempo, senon que é ecoloxico.
A noticia é interesante pero case a copias e a pegas de terra (exepto pola tradución) deberias buscar unha forma máis persoal de dar unha información, xa que gañarías en nota.
Publicar un comentario