8/11/08

Xeneralidades do cultivo do crisantemo

Existen datas moi sinaladas no calendario, nas cales a venta de flores se incrementa de forma moi considerable. O día 1 de novembro é, sen dubida , unha das máis importantes, por non dicir a principal. O día de Tódolos Santos é a fecha na que todos os cemiterios lucen as súas mellores galas, e dicir, predominan as flores naturais.
Unha das flores que se relacionan con este día son os crisantemos. É unha planta moi esixente en termos nutricionais, e os engados de fertilizante deben facerse de forma axeitada para a obtención da floración ó principio de novembro.
En canto ás necesidades do seu cultivo, en termos xerais, convén facerlle un aporte de calcio e magnesio tralo “desmoche”, para mellorar a formación de talos e brotes robustos e máis para que se formen aparatos foliares de alta eficiencia fotosintética.

Tamén se soen aplicar inhibidores do crecemento, para previr o “afiamento” das plantas por falta de luz. Desta forma limitase o crecemento vexetativo, favorecese a indución a flor e fai que soporten mellor os tratamentos hormonais enraizantes. Tamén se poden facer tratamentos para aumentar a consistencia dos tecidos das flores.
No mes de outubro, como consecuencia das variacións de temperatura, aconsellase aplicar algún tipo de fertilizante que preveña as carencias de microelementos que se poidan ocasionar, o cal provocaría a depreciación do produto a causa do amareleamento dos aparatos foliares.
As necesidades de nitróxeno, fósforo e potasio nas diferentes fases fenolóxicas, cóbrense por medio de fertirrigación.
A información sobre o cultivo foi sacada dunha noticia de Horticom News, Necesidades del cultivo del crisantemo.

1 comentarios:

Marina dijo...

Ven moi aconto este post, despois de pasar a fecha de todos os santos, pero creo que o poderías enriquecer con algo tan sinxelo como preguntar nunha floristería pola venda de flores de crisantemo nesta época ou incluso cunhas fotos de cemiterios (sen ser morbosos que eu non pretendo eso)

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks