4/11/08

Sementes ecolóxicas

REQUISITOS PARA PRODUCIR PLANTA ECOLÓXICA EN SEMENTEIROS

As pautas para producir planta ecolóxica veñen recollidas no regulamento da unión europea , así mesmo terase en conta a lei estatal

Según estas normas establécense unha serie de requisitos básicos para a produción de planta ecolóxica
1- Almacenamento do material: Debede de estar separada da zona non ecolóxica
2- Maquinaria de sementeira Normalmente estas maquinas son compartidas nas sementeiras non ecolóxicas , evitaranse os riscos de contaminacións . Os productos usados para a limpeza das maquinas veñen reflectidos no Anexo II do regulamento da unión Europea.
3- Cámara de xerminación:As plantas ecolóxicas deben estar diferenciadas das non ecolóxicas , a limpeza destas cámaras farase conforme o Anexo II.
4- Enxertos: Sepáranse dos non ecolóxicos , e seguen os mesmos criterios para a súa limpeza.
5- Unidade de cultivo: Deberan estar separadas das non ecolóxicas por unha barreira física para evitar a contaminación . A fertirrigación e tratamentos fitosanitarios serán independentes.
6- Sementes: Aseguraremosnos que foron producidas sen usar organismos modificados xeneticamente , seguindo as normas da producción ecolóxica, utilizar productos fitosanitarios recollidos no regulamento da unión europea .
7- Bandexas: Deberan estar diferenciadas e identificadas en todo o proceso de producción . O material será reciclable.
8- Substrato: Turba , mantillo ou compost, serrin de madeira , cinzas de madeira. A estes materiais poderase engadirlle vermiculita, perlita e calquera fertilizante de orixe organica ou mineral incluída no Anexo II.
9- Control das pragas e enfermidades : Utilizaranse productos recollidos no Anexo II . Plaguicidas (rotenona, piretrinas naturais , Bacillus thurigiensis ) . Funxicidas( xofre , lecitina de soxa, cobre- máximo 6 kilos o ano-.

10- Fertirrigación : Utilízanse principalmente Sulfato potásico e sulfato magnésico de orixe natural, algas mariñas , extractos húmicos e aminoácidos que as súas materias primas de orixe animal e vexetal estean incluídas no Anexo II.

0 comentarios:

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks