18/11/08

Galicia calidade


Os productores de plantas de Pontevedra e A Coruña aspiran a convertir a nosa comunidade na porta de entrada a Europa das variedades exóticas de Nova Zelanda.
``Galicia na súa franxa costeira,ten o meyor clima para cultivar ó aire libre´´ comenta Lode Van Doorselaer un dos viveristas máis activos de Galicia con negocios en Fisterra e Vilamaior. Segundo Lode en Galicia dase absolutamente todo sin necesidade de invernadoiro, sen ter que forzar artificialmente as condicións de temperatura e humidade, e polo tanto a mellor prezo.
Ata o de agora a UE dependía de Italia,Bélxica e Holanda no que á produción de planta ornamental se refire,pero un grupo de viveiristas de ASPROGA(Asociación de Produtores de Planta Ornamental de Galicia) están empeñados en darlle a volta á tortilla para isto a primeira medida que tomaron sete dos compoñentes de ASPROGA foi a de viaxar a Nova Zelanda nun viaxe organizado pola Cámara de Comercio de Tui e ASPROGA no que visitaron as maiores empresas produtoras de Nova Zelanda.
Nesta viaxe os comerciantes galegos xa cerraron acordos cos produtores de Auckland e Christchurch,estes comerciantes pagarán un canon pola produción e comercialización desde Galicia de plantas patentadas e os primeiros exemplares chegarán a Peinador e Alvedro.
Si todo marcha ben infinidade de variedades con máis floración e cores, de protea, fornium, hebe, leptospermum, azalea, rodoendro, clianthus, camelia, clematis, paniculata ou coprosma xamais vistas por estas latitudes iluminarán no 2010 os viveiros galegos.

VIA:
-elpais.com

10 comentarios:

Rocío Sampedro dijo...

Deixachesme abraiada con esta información,persoalmente eu non tiña nin idea destos datos polo que me parece moi interesante ,estaria ben publicar mais noticias deste tipo!!

Sandra Sánchez dijo...

Este artigo deixame alucinada.Non haberá outras maneiras de ser os maiores productores sen traer especies exóticas? Se che digo a verdade isto asustame un pouco, pero bueno... dentro duns anos veremos resultados.
Por certo Fran, a imaxe non a acabo de encaixar.

Natalia Piñeiro dijo...

Fran, gustoume moito esta noticia. A verdade e que non sabía nada deste tema. Eu penso que hai que estar abertos a todo tipo de cambios, sempre e cando sexa para mellorar. Se a forma de que Galicia sexa un dos maiores productores e traer especies exóticas, por que non? Pero o que nunca debemos esquecer son as autóctonas.

Francisco Romar dijo...

Contestando á pregunta que me fai sandra no seu comentario,cabe decir que as especies que se van traer xa se producen casi todas en Galicia actualmente(hebe,leptospermum,azalea rodoendro,etc) o que se van a introducir sobre todo son novas variedades, que aumentarán as floracións e as cores destas especies como se di ó final do post.
Con respeto á foto,é unha foto que atopei de Nova Zelanda de onde se van a traer as novas variedades e que me pareceu bonita.

Rocio Torreira dijo...

Semella ser unha información moi interesante e pareceme moi ben que se traian novas especies para aquí, sempre e cando non alteren o ecosistema (como pasou co eucalypto) pero sinceramente sendo variedades xardineiras dudo.
Veña sigue asi e podes colgar o artigo no apartado de novas.

Rocio Torreira dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
amable rodríguez dijo...

Saudos
A verdade que é moi interensate o post, seguro que isto nos fará máis competitivos e mellorar o sector

Anónimo dijo...

O post está ben, recorda o que vos digo de personalizar a información (¿tal vez unha chamadiña a Lode?. Tamén voto en falta os enlaces as cidades das que falas, os nomes das plantas escritos correctamente e algunha falta de ortografía que se che cola.

xose calvo dijo...

coma sempre en Galicia temos omellor terra , as mellores materias primas , os mellores productos e sempre ven alalguén de fora a recordarnolo.

Rocio Gardes dijo...

Seguro que todas estas plantas daránse con facilidade aqui en Galicia, pois debemos ter unhas condicións climaticas ben parecidas...De feito a primeira vista eu pensei que a foto era da nosa terra.(Poderías poñer unha notiña ó pe da foto).
Estou dacordo con algúns dos meus compañeiros en que estas novas especies deben atopar o seu lugar en xardíns, pero por suposto, sen desprazar ás nosas autóctonas.
¡Ben feito Francis!

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks