19/11/08

El Malaín


Este fin de semana estiven visitando a comarca de Villaviciosa (Asturias).
Alí Marta e Pablo idearon fai uns quince anos “El Malaín”; unha finca na que os clientes elixen, das mesmas plantas a froita que desexan comprar.
Principalmente adícanse á venda directa ós visitantes e á transformación de frambuesas, grosellas (vermellas e negras), moras e, sobre todo, arándanos en mermeladas e licores.
Alí mesmo, xunto á horta autoservicio, pódense degustar xelados caseiros de frambuesa e arándanos.
A mayoría das plantas que podemos observar nas fotografías son arándanos americanos ( cuios froitos son máis grandes que os silvestres), e xa teñen doce anos.
Non se lles aplica ningún tipo de fertilizante químico, herbicida nin praguicida… Tan só se lles van retirando as polas vellas e abonando coa propia materia orgánica resultante das limpezas dos corredores.
A época de máximo traballo é nos meses do verán; cando, ademáis de ter maior número de clientes (debido ó turismo) é a época de máxima producción, tendo que contar coa axuda de tres ou catro traballadores que se adican á recolección.
Esta iniciativa é unha excelente idea; os clientes quedan encantados por poder elixir a súa froita e dar un paseo polos cultivos, mentres que facilitan e aforran moito a labor de recolección.
En Malaín, agora están comezando a exportar a maior parte da producción a países como Alemaña, pois alí hai moito máis mercado.
Paréceme incoherente que o pouco que se produce aquí, e ademais de tan boa calidade, faga tantos kilómetros ata chegar ás mesas, mentres que o que se consume aquí veña doutros países (principalmente do continente americano) sinxelamente porque se lles paga unha miseria ós agricultores.
Ogallá que a xente de aquí comece pronto a valorar a calidade dos productos e poidan xurdir máis iniciativas como esta.
“El Malaín” está situado na carretera que une Gijón con Villaviciosa, vía Tazones, pouco despois de Venta de las Ranas, no primeiro desvío. Si pasades cerca paga a pena ir a velo, especialmente no verán.

5 comentarios:

Sandra Sánchez dijo...

Enhoraboa Rocío, fíxeches un excelente traballo. Estou completamente dacordo contigo en todo o que comentas e creo que se debia fomentar máis o consumo das cousas de aquí, que ademais soen ser as mellores. Non sabía da existencia deste sitio pero agora que sei del espero poder ir visitalo algún día, ademais estivo moi ben o de indicarnos a dirección.
Que pena que non nos trouxeras unha pequena degustación!! (por pedir...).

amable rodríguez dijo...

Feicidades Rocio bon traballo, pero sobre o comentario, da exportación e non cubrir o mercado Nacional, será por culpa de demanda tal vez en alemania teña máis acectación ese producto que na " España nosa"

Natalia Piñeiro dijo...

Rocío, fixeches un post moi bonito e moi interesante. Comentaronche se as plantas quedaban moi magoadas despois de que a xente recolecte por si mesma os froitos? Porque non sei se todo o mundo será todo o coidadosa que debera de ser. Por certo, mira que non traernos unha proba!

Rocio Torreira dijo...

Pareceme un post moi currado, non tiña nin idea de que existise este tipo de mercados e pareceme moi boa idea este proxecto. Debería haber máis pola nosa zona.
Marina, podiamos facer unha excursión a El Malaín, seguro que resulta interesantísimo.

Marina dijo...

Post do máis interesante, está claro que con imaxinación a produción pode dar cambios drásticos, todo é cuestión do que se propoña un e de como desexe vivir. Bo traballo Rocío.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks