18/11/08

ACOLCHADO


Os productores de plantas, para mellorar o rendemento da plantación, avogan pola utilización, dun acolchado plástico.
Os investigadores da Universidade Estatal de Ohio , fixeron un experimento para mellorar a producción e o crecemento das plantas e compararon varios materiais e cores para facer o acolchado. Estes foron: o chan espido, plástico negro rollado de periódico, palla e cortiza. O abono orgánico aplicase a unha profundidade de 4 pulgadas. Na metade das parcelas aplicaronse herbicidas e tratamentos con funxicidas, e no resto non.
Os rendementos máis altos lográronse nas parcelas con rollado de periódico desminuzado, independentemente do tratamento de plaguicidas. Neste experimento co acolchado de periódico suprimiuse a medra da maleza mellor que en calquera outro . A pesar de que o chan baixo o plástico negro acolchado alcanzou a temperatura máis alta, as plantas presentaron menor producción de todos os tratamentos de acolchado orgánico, independentemente de se os plaguicidas se utilizaron ou non.

Vía provenwinners

9 comentarios:

Rocío Sampedro dijo...

Penso que é un tema moi interesante o cal lle deberiamos dedicar máis artigos,pola contra penso que a información debería estar mellor organizada e redactada.

Sandra Sánchez dijo...

Acabasme de deixar abraiada co acolchado de periódico, descoñecida estes tipos de acolchados pero que me digas que os mellores resultados os ten os do periódico...estou impresionada. Que terá o periódico para obter eses resultados!!Sería digno de estudar isto, non cres?. Un bo artigo

Julio y Juan Martino dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Julio y Juan Martino dijo...

Penso que sería mellor que foses unha tarde a un viveiro e preguntases ao viverista, porque as veces e todo máis "terrenal". Outra maneira esta ben o post

Rocio Torreira dijo...

Hola!!
Paréceme moi interesante o teu post de hoxe, a maneira de empregar o acolchado de xornais e outra maneira de poder empregar os xornais vellos en lugar de tiralos ó lixo.
Con respeto ó teu comentario, a Rafflessia arnoldii non puxen como se cultiva porque,como xa escribin no post é unha planta parásita polo que non se cultivan.

Natalia Piñeiro dijo...

Un bo artigo Amable. Paréceme unha información moi interesante. Non sabía que entre un dos moitos usos que ten o periódico estivese o acolchado. Ti non farias xa a proba non? Se a fas non dudes en comentarnos os teus resultados.
Por certo, a min tamén me custou un pouco lelo pero, se che serve de consolo, a min tamén me pasa.

Francisco Romar dijo...

Gústame o contido do post e pareceme interesante que sexa o acolchado con periódicos o que meyor resultados ten, pero non entendo algunha frase como por exemplo a ultima.
Poderías facer un enlace ca Universidade Estatal de Ohio

Rocio Gardes dijo...

O tema que escolliches onte paréceme curioso e digno de estudar...A pregunta que me xurde e ¿a donde vai a tinta dos xornais? e ¿afectará esta as plantas?.
De todolos xeitos vexo unha clara melloría no teu post respecto dos anteriores.

amable rodríguez dijo...

A pregunta que me xurde e ¿a donde vai a tinta dos xornais? e ¿afectará esta as plantas?.mmm poís a verdade que eu non che podo contestar eso pero non te preocupes tratareí de buscar a paxina ou o correo de tal UNIVERSIDAD e podras facerlle ti mesmo a pregunta


De todolos xeitos vexo unha clara melloría no teu post respecto dos anteriores. de esto gracias avanzar eu que quero gracias

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks