10/12/09

Vifoga

Asociación de Viveiros Forestais de Galicia
Neste artigo pretendo falar de vifoga(asociación de viveiros forestais de Galicia) que foi creada o 1 de abril de 1977, como unha asociación sen ánimo de lucro.
O seu ámbito de actuación é o territorio de Galicia e Asturias, fixando o seu domicilio na rúa das Hedras, 6 1º S en Milladoiro-Ames (A Coruña).
Os fins da asociación son:


Representar, defender e promover os intereses dos asociados e promover nos mercados a planta forestal, programar as accións necesarias para cubrir a demanda do mercado de planta forestal, establecer as normas de calidade que atinxan á planta forestal producida polos seus asociados, tendo en conta a lexislación existente e as normas da U.E, fomentar a solidariedade e relación entre os seus asociados, así como a difusión de coñecementos entre estos, organizar cursos, xornadas técnicas, seminarios, conferencias, viaxes de estudos e outras actividades formativas, facilitarlles a máxima información aos seus asociados. fomentar accións tendentes a conseguir tanto a comercialización como a adquisición de produtos en común, negociar convenios coa Administración e con calquera empresa pública ou privada, informar e asesorar a Administración naquelas normas que puidesen afectar o sector viveirista, elaborar informes, boletíns, fichas técnicas, proxectos, estudos monográficos, etc. sobre temas de interese para os viveiros, o sector forestal e a comunidade en xeral, e por último integrarse, se procede, noutras asociacións.
Para a consecución destes fins, a asociación mantense en constante relación con aquelas entidades e organismos da Administración pública, así como con aquelas organizacións de carácter privado, público ou semipúblico que puidesen estar relacionadas coa produción, comercialización e promoción da planta forestal.
OS VIVEIROS ASOCIADOS SON:
AGROTECNIA VIVERO FORESTAL. BOIBEL FORESTAL S.L. BRAÑA,S.C.L. CENTRO FORESTAL RÍAS BAIXAS, S.L. ENRIQUE MAGDALENA NOGUEIRAFOMENTO VEGETAL, S.L. HIFAS DA TERRA, S.L. NORTE FORESTAL, S.A. (NORFOR) SYLNOR, S.L. VIFORSA, S.L. VIVEIROS ANÓSVIVEIROS CALDAS, S.L. VIVEIROS COSTA DE LÓNGARAS, S.A.T. VIVEIROS FORESTAIS MAÑENTEVIVEIROS O POMARIÑO, VIVEIROS O POMARIÑO, VIVEIROS O REGO , VIVEIROS REFOXOS, S.L. VIVEIROS TEIXEDELOS, S.C. VIVEIROS TEIXEDELOS, S.C.






Ver Vifoga Asociación Viveros Forestais de Galicia en un mapa más grande


1 comentarios:

Marina dijo...

Algunhas cousas se fosen máis traballadas terían interese como que perseguen coa asociación, como fan... pero para eso hai que falar con eles, por certo están ó lado de santiago.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks