4/5/09

Premios edublogs 2009


Ola meus queridos alumnos e alumnas, acábome de enterar que fomos premiados no III Premio Espiral Edublogs, no que como sabedes participamos como blos de aula para ciclos formativos.
Gustariame felicitarvos pois fostedes vós os que o fixestedes posible, debedes estar orgullosos e orgullosas do voso traballo e de ser "coelliños de indias" nesto das novas tecnoloxías.

Dende aquí tamén felicitar a todos os participantes, en especial ó gañador desta categoría que foi o Ciclo Superior de Mantemento de Equipo Industrial do IES Laxeiro de Lalín. Está claro que en Galicia algo se move...

Os nosos agradecementos á Asociación Espiral, Educación y Tecnología, polos seus esforzos para dar a coñecer novos xeitos de ensinar, aproveitando as novas ferramentas que están a nosa disposición. Grazas pola difusión e polo entusiasmo para organizar estes premios cada vez con máis prestixio.

Houbo máis blogs galegos premiados:
E outros moitos finalistas, (mellor ditos moitísimos)

Está claro que en GALICIA algo moi importante está a pasar, estase revolucionando o ensino dende moitos lugares: TICs, Bibliotecas.... ESTO ESTÁ A SER UNHA PASADA

6 comentarios:

Manuel dijo...

Grazas polas felicitacións. Desde o Ciclo Superior de Mantemento industrial de Lalín, compartimos con todos vos a satisfación de ser premiados nesta categoría. A satisfación é dobre, por tratarse de dous blogs galegos. Esperamos compartir estos premios o vindeiro 6 de xuño en Madrid.

Paramio dijo...

Veña, Marina, sigue,sigue "Producindo planta" ¡Felicidades a todos os que facedes este blogue!
¡Oe, oé, oé a todos os blogues galegos!

Leyre Aldasoro dijo...

Felicidades a todos os adminstradores deste blog polo excente traballo realizado ata a data.
Deséxovos o maior dos ánimos para continuar con ese difícil labor de actualización de contidos e pola aposta na divulgación da cultura.
Un saúdo

Leyre Aldasoro

olga dijo...

Noraboa, noraboa, noraboa. Por currantes!!!
e un bico para Marina

Cristina V. dijo...

Ante todo FELICITACIONES por el Premio obtenido.
Mi nombre es Cristina Velázquez y soy Profesora de Informática, de Ciencias Exactas y capacitadora de docentes en TIC.
Quiero invitarlos a participar de una de mis iniciativas denominada "Tu Blog en mi Blog"
http://www.tublogenmiblog.blogspot.com/
Para que comprenda mejor de qué se trata, puede leer la presentación en
http://tublogenmiblog.blogspot.com/2009/02/presentacion.html

Si desea saber más sobre mi pueden visitar alguno de mis otros blogs:
http://www.capacitechbsas.blogspot.com/
http://www.aprendiendocolaborativamente.blogspot.com/
http://www.forodocentesinnovadores.blogspot.com/

Espero que les interese la propuesta de contarnos, a través de una entrada, acerca de este Blog

Saludos
Prof. Cristina Velázquez
cristinavdls@gmail.com

Uxío dijo...

¡¡¡FELICIDADES!!!
A verdade é que sodes un exemplo para todos nós. Vaia unha forte aperta para todas e todos os que currades ahí. Desde as terras do Sur, en Cartaya, seguímosvos todo o ano.
Felicidades de novo

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks