2/3/09

Viveiro Flor de Lires I


POST CONXUNTO DE XOSÉ E RUA
O viveiro Flor de Lires, o que fomos de visita a semana pasada, úbicase no concello de Fisterra, na parroquia de Duio situado no val do mesmo nome, val que inspira unha das lendas que envolven a Costa da Morte.
Atopar este viveiro non é doado, carece de letreiros indicadores e a oficina está arredada da estrada. No medio do lugar intúes que hai un viveiro porque ó lado da vía que cruza o val uns setos protexen as zonas de descanso das prantas. Este dato, alleo á función do viveiro, é a única pega que lle encontramos. As instalacións, a maquinaria, o material son de boa calidade e o personal e moi atento. O capataz do viveiro, Juan Ramón, recibiunos amablemente e proporcionounos a visita do recinto e contounos o proceso productivo do viveiro. A plantilla actualmente é de 5 persoas, pero en época de bonanza chegaron a contar con 18-20 traballadores, na actualidade estan a sufrir o famoso ERE, debido a crise que sofre o Estado . Na época de maior produción, primavera e verán, aumenta o número de operarios.
A finca do viveiro e de 10 has. Adícanse maioritariamente a producir pranta ornamental e de xardín. A maior parte producena eles mediante esgallado , a planta nai impórtana dun productor francés. Dita pranta ven coa patente Royaliti. O viveiro Flor de Lires dispón da prioridade para comercializala en España e Portugal, é dicir teñen a exclusividade de comercializala .
Unha vez esgallada almacénase en invernadoiros dotados do sistema de nebulización FOG SYSTEM para lograr o maior éxito no esgallado controlándolle a temperatura e a humidade. Cando se encontra a plena produción chega a ocupar tres naves.
Unha vez a pranta bota raíces, faise o transplante cunha máquina para macetas de 7-8 litros. Seguidamente trasládase a unha zona ó aire libre onde remate o seu ciclo. Posteriormente será carrexada para a súa posterior venta. Traballan só con viveiristas, maioristas ou empresas de xardinería. Dispoñen de gran variedade de prantas pero sobre todo comercializan metrosideras e leptospermun (15000 e 60000 unidades respectivamente).

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Este viveiro é un gran innovador en especies arbustivas, consegue e comercializa variedades moi pouco coñecidas pero que pola súa beleza, rapidamente son demandadas polo mercado. O seu propietario Lode é un Belga, namorado da Costa da Morte que ven de familia cunha ampla tradición no viveirismo.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks