23/2/09

Expocamelia

O pasado 14 e 15 de febreiro celebrouse unha exposición de camelia na cidade da Coruña nas instalacións "Palexco".
Eu nunca fora a unha exposición deste tipo e decidín ir, sen saber moi ben o que me ía atopar. A verdade é que levei unha grata sorpresa, aínda que non era nada como eu imaxinaba. Había un montón de mesas sobre as que había "mil e unha" flores de camelia de diferentes formas, tamaños e cores. Era espectacular ver aqueles "centros" e "ramos" de flores de camelia, aínda que eu fun o segundo día e algunhas delas xa estaban un pouco marchitas.
Alí había un cartel explicativo no que distinguía varios tipos de camelia segundo a súa forma, incluíndoas así en 6 categorías diferentes, que son as seguintes:
  • Simple: unha ringleira de 6 a 7 pétalos (menos de 8) rodeando a un círculo central de estames. (C.wabisuke uraku)
  • Semi-doble: dúas ou máis ringleiras de pétalos (máis de 8) rodeando a un círculo central de estames. (C. japonica magnolia)
  • Dobre incompleta: numerosos pétalos imbricados, véndose os estames cando abre a flor. (C. japonica sweetheart)
  • Dobre completa: numerosos pétalos imbricados e nos que non se ven os estames aínda que a flor esté aberta. (C. japonica nuccio´s gem)
  • Anémona: Centro globular formado por estames e petaloides, rodeado dunha ou máis ringleiras de pétalos externos. (C. japonica bokuhan o tinsie)
  • Peonía: flor totalmente globosa con mezcla de pétalos irregulares, petaloides e estames. (C. japonica do pozo)
En casos excepcionais, hai flores que non se axustan complemetamente a este esquema.
Espero que vos gusten estas imaxes, que eu mesma saquei, e poidades ver, dunha maneira un pouco esquematizada, esta espectacular exposición.

1 comentarios:

Marina dijo...

Precioso post, a verdade é que esta especie foránea adaptouse ó noso clima e terra con tal facilidade que parece que sempre estivo con nós. Son plantas marabillosas que producen unha floración fantástica aínda que lles dure pouco, pero en calquera caso merecen a pena.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks