27/1/09

Orquideas galegas

Todos vimos ou tivemos algunha vez una orquídea; son coñecidas principalmente pola sua elegancia, fraxilidade, dificultade de cultivo, e moito, polo elevadísimo prezo que chegan a acadar nas floristerías. (Xeralmente entre 60 e 100 €)


A nomenclatura “orquídea”, procede do termo “orchis”, que significaba testículos, facendo referencia ós tuberculos radicais esféricos que presentan algunas variedades, dando lugar a nomes común como “compañons” ou “testículos de can”.
Dende tempos moi antigos foron consideradas as suas propiedades menciñais, principalmente como afrodisíacos (teoría descartada científicamente), ainda asi seguese recolectando en países do oriente próximo (Turquía…) para elaborar una bebida afrodisíaca, tónica e expectorante; utilizando tuberculos do xenero “orchis”, “aceras”, e “ophrys”, exercendo gran presión sobre as suas poboacións (xa que requiren hasta 4000 plantas para obter 1 l. de producto.
A familia das orquídeas é una das mais numerosas dentro das anxiospermas, e consideranse o grupo mais diverso e evolucionado entre as monocotiledoneas.
En xeral se fala da existencia de mais de 20000 especies repartidas entre uns 800 xeneros, con gran variedade de formas e tamaños: desde orquídeas agaveadoras de ata 10 m. de altura como algunhas do xénero "Vanilla".
Ata outras de tan so 5 mm. bulbophillum adoardii
Localizanse naturalmente por case todo o mundo, agas en climas moi extremos. A maior diversidade atopase nos trópicos, en zoas de elevada humidade ambiental.
En Europa xurden xeralmente na primaveira ou algunas , no verán, de baixo a terra, de uns talos tenros e erguidos e coroados por unas flores incriblemente adaptadas á polinización dos insectos.
Por estas características e outras como; os fenómenos de coevolución entre insectos e orquídeas tanto europeas como tropicais… xa en 1888, Darwin apasionouse por elas, e as definiu como todo un misterio.
E ó certo é que a sua incrible beleza, cantidade de variedades e exotismo, o seu sofisticado sistema de reproducción e rareza; fan das orquídeas un obxecto de alto valor para o ser humano, desde os puntos de vista científica, estético e económico.
En Europa chegaronse a contabilizar 450 sp de 28 xeneros (Del forge 2002); Na Península, unhas 90 sp. Duns 25 xéneros (Aedo e Herrero 2005)… E aquí, en Galicia, malia que vos sorprenda, temos 39 sp, descubertas ata o momento, cuns 18 xéneros...

Ainda que eu penso que hai mais, pois quedan moitas zoas por estudar, zoas non alteradas ou abandoadas fai moito polo home. Os incendios, repoboacións de eucaliptos e piñeiros, e a transformación do medio para o uso agro-gandeiro, industrial ou urbanistico, mermaron moito a presenza destas plantas.
Aquí, podemos atopalas en bosques caducifolios e en prados e pradeiras pouco transitadas, tamén se poden ver en sistemas dunares.
Como vos dixen, a min impresionoume a gran desinformación que temos os galegos, dos tremendos tesouros que podemos atopar sinxelamente mirando ó chan... E penso que isto debese principalmente a desidia dos entes informativos por todo o que teña que ver co medio natural.
Neste subdesenrolo cultural ten moito que ver a Administración, que non incentiva economicamente o estudo da diversidade vexetal, e considera como únicas prioridades atender as demandas de cazadores e pescadores, ou os problemas derivados da productividade madereira, co engadido dos incendios...
Posto que as orquideas se tratan dunhas plantas moi fraxiles e sensibles as alteracións do seu habitat, 25 das 39 sp. galegas estan protexidas pólo Convenio CITES (Convection International Trade in Endangered Species), (BOE 30 de xullo 1986). O que é sorprendente, é que no Catalogo Nacional de Especies Amenazadas só se inclue 1 representación da família Orchidaceae, a sp. “Cypripedium calceolus” en perigo de extinción.
Por isto, póla escasede das suas poboacións, póla sua beleza e inmenso valor ecoloxico, compre recordar que non se deben danar, arrincar ou recoller as orquídeas. Observemolas, pintemolas, fotografiemolas... E así todos poderemos disfrutar delas.

Recomendovos que lle votedes un ollo, se tendes a oportunidade a "Guia das orquideas de Galicia" de Carlos Cortizo Amaru e Elvira Sahuquillo Balbuena.
Neste enlace atoparedes fotos moi bonitas:
http://www.flickr.com/photos/luizfilipevarella/

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois eu tamén teño que recoñecer o meu descoñecemento das orquideas galegas. Grazas por achegarnos e achegarme este mundo tan espectacular.
Moi bo post, podes mellorar a redacción(xa sei que o galego che costa, pero eso é máis mérito todavía) pero está completo e é moi interesante. Noraboa

Natalia Piñeiro dijo...

Non sabía que en Galicia tiñamos esa riqueza en orquideas. Eu pensei que aquí non se daban polo clima, como é unha planta tan delicada.

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks