10/11/08

Utilidades dalgunhas plantas


Hoxe vou falar un pouquiño da etnobotanica. O primeiro é definir que é isto:
A etnobotánica é o estudo das relacións entre as plantas e o ser humano, incluíndo as súas aplicacións e usos tradicionais, para desta forma determinar o seu valor cultural ou científico.
E agora imos ver algunhas plantas:

Acer pseudoplatanus: (pradairo)

O uso tradicional das follas foi para envolver o queixo de cabrales (en Asturias).(Agora está prohibido).
A madeira utilizase para carpintería e ebanistería.
Tamén utilizase para facer "madreñes".(que é como os zocos galegos).
As sámaras inmaduras, poden ser chupadas polos nenos como un doce.
As verdosas flores son visitadas polas abellas, que obteñen moito néctar de boa calidade e moito pole.
Como medicinal utilizase a cortiza, que ten propiedades astrinxentes e vulnerarias, polo que a súa capa interna emprégase para cubrir feridas e activar a cicatrización. O cocemento da cortiza empregouse en lavativas para mellorar as afeccións da pel.

Alnus glutinosa: (ameneiro)


A madeira é capaz de soportar a humidade e o anegamento sen pudrición. Tamén facíanse madreñas e cachapos (recipientes para gardar a pedra de afiar a gadaña)
Para leña para as lareiras é mala, moito fume e pouco calor como di un refrán asturiano " La lleñe d´alisa, ni fuegu ni ceniza, malu pal que lo trae y peor pal que lo atiza"
A madeira utilizase para ebanistería, torneria e carpintería.
Antigamente utilizábase para as aspas dos rodeznos muíños.
É un bo contedor das erosión das avenidas nos ríos.
Como planta medicinal utilizase a cortiza contra a amigdalite, xa que ten taninos (cortiza seca e tras 2-3 anos de conservación).

Outro día seguireivos falando doutras especies.

Información sacada do libro "Etnobotanica en el Parque Nacional de Picos de Europa"(Profesor Juan Jose Lastra Menéndez). Ministerio de Medio Ambiente.





1 comentarios:

Marina dijo...

Está ben, só que deberías enlazar con algunha páxina a fonte de información que utilizas.
Sigue así esto vai ben

Produtores 2012-2013

Produtores 2012-2013
De dereita a esquerda: Kevin, Cristina, Esperanza, Xurxo, Sergi, Gustavo, Jorge, Alex, Tamara, Jacobo, José Manuel.Na parte inferior: Héctor, Óscar, Martín e Ventura. Fáltanos o produtor Brea.

Productores 2010/2011

Productores 2010/2011
De dereita a esquerda e de arriba a abaixo: Chema, Fernando, Andrés, Jesús Manuel, Inés, Javier, David, Carlos, Iria, Toñito, Hugo, Lorena e Ruso. Tamén están no grupo pero faltan na foto:Miguel Angel, Cristina e Zalo

Os Novos Productores

Os Novos Productores
Nesta rubica fotográfica temos os novos productores, tras unha saida o campo, son de esquerda a dereita Mario, Ramón, Silvia, Francisco, Pilar, Jose Manuel, Angel Castro, Alberto, Oscar, J.Martín, Juan, Angel García, Fernando e David.

Os productores

Os productores
Na foto os sonrintes productores, non se sabe si por puro placer ou por inconsciencia ante o que lles espera. Son de dereita a esquerda na liña de atrás: Rocío Torreira, Xosé Manuel Calvo, Julio Cesar Martino, Manuel Rúa, Amable Rodríguez, Marta Fraiz, e na liña dianteira: Francisco Romar, Rocío Gardes, Natalia Piñeiro e Sandra Sánchez. Faltan Rocío Sampedro e o productor ocasional Juan Santiso.

remexe polo blog

 
Producindo Planta - Template By Blogger Clicks